Pestanas principais

Departamento de Medio Ambiente

    • Aula da Naturaleza
      • Teléfono: 660 00 46 65
      • Horario de atención ao público de 9:00 a 14:00
      • Responsable técnico: Patricia Reboreda Cigarrán
    • Brigada de Garda Medioambiental
      • Telefono: 686 199 301
      • Horario de atención ao público de 9:00 a 14:00
      • Responsable técnico: María Victoria Arufe Vázquez.
Outros Datos: 

 

Brigada de Garda Medioambiental

  • Funcións da responsable da Brigada de Garda Medioambiental
    • Dirixir e planificar  as labores levadas a cabo pola Brigada de Garda Medioambiental
    • Coordinar a recollida de animais abandonados en zona pública  dentro do término municipal de Ames
    • Tramitar as licenzas de Animais Potencialmente Perigosos así como as  inscricións no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos de acordo a lexislación sectorial vixente.
    • Participar no deseño das campañas e do plan de actuación de medidas preventivas contra os incendios forestais
    • Xestionar e coordinar as tarefas relacionadas ca recollida de limpeza viaria, residuos domésticos (RAEE, voluminosos..)
    • Tramitar e xustificar subvencións destinadas a financiar actuacións medioambientais municipais
    • Xestionar e coordinar  as labores de desratización, desinsectación e desinfección  de  vías públicas, parques, xardíns, redes de sumidoiros,locais e dependencias de titularidade municipal.
    • Xestionar e Coordinar as labores de Prevención e Control da Lexionela nas instalacións deportivas municipais.
    • Atender a veciñanza en relación a distintas temáticas relacionadas ca lexislación sectorial forestal , de residuos, de animais etc. Informar acerca dos distintos temas ambientais para a iniciación dos seus correspondentes expedientes.
  • Funcións dos peóns  Brigada de Garda Medioambiental:
    • Recoller os distintos puntos de vertido incontrolado  das zonas públicas contribuíndo a recuperación de zonas degradadas
    • Mantemento, xestión dos rutas de sendeirismo do concello, incluíndo a realización de desbroces de maleza, vixilancia, sinalización, reposición de infraestruturas deterioradas ou destruídas, e conservación de elementos patrimoniais e arquitectónicos.
    • Participación e colaboración en campañas de sensibilización ambiental.

Responsable da Aula da Natureza

  • Funcions:

1º bloque

    • MEDIO NATURAL
      • VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES
        • Planificar e coordinar plans de control de especies exóticas invasoras.
        • Planificar e coordinar plans de conservación, mellora  recuperación e restauración de zonas degradadas.
        • Espazo Rede Natura 2000.
        • Busca, apertura, adecuación e dotación de elementos interpretativos en rutas ambientais do concello.
      • VIDA DE ECOSISTEMAS FLUVIAIS
        • Revisión dos tramos de rios e regos urbanos de competencia municipal.
        • Coordinación do Proxecto ríos no Concello de Ames.
        • Establecemento e dirección das diferentes fases do Plan de recuperación das beiras do rio Sar.
      • LOITA FRONTE A LUMES FORESTAIS
        • Coordinación dos traballos realizados ao abeiro do Plan Municipal de Plantación de frondosas caducifolias.
        • Participación no deseño e implementación dos plans municipal de defensa fronte a incendios forestais.
      • COMPOSTAXE
        • Coordinación do Programa de compostaxe comunitario do concello de Ames.
      • COORDINACIÓN DE BRIGADAS TEMPORAIS:
        • Coordinación da Brigadas Aprol forestal – fluvial.
        • Coordinación da Brigadas Aprol: actualización  PMPDIF.
        • Coordinación da Brigada de Espazos Naturais.
        • Coordinación da Brigadas de protección e defensa fronte lumes forestais baixo o amparo do convenio Xunta - Concellos.

2º bloque

    • EDUCACIÓN AMBIENTAL
      • DINAMIZACIÓN DUN PROGRAMA  DE EDUCACIÓN AMBIENTAL E ACHEGAMENTO AO MEDIO
        • Dirección, xestión e coordinación  do plan anual de educación ambiental e achegamento ao medio
      • .COLABORACIÓN COS CENTROS EDUCATIVOS MUNICIPAIS NA DIFUSIÓN DOS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DA ONU
        • Elaboración de proposta, coordinación e desenvolvemento cos centro escolares e ANPAS municipais de obradoiro, actividades  e saídas ambientais que sirvan como complemento ao currículo escolar relacionadas co medio natural e con prácticas medioambientais saudables. Ademais, a Aula recolle propostas de traballo dos centros e planifícanse proxectos en conxunto.
      • PRÁCTICAS MEDIOAMBIENTAIS SUSTENTABLES.
        • Fomento de prácticas medioambientais sustentables mediante o deseño e impartición de obradoiro e actividades en torno a campañas de aforro de enerxía no fogar.
        • Deseño e dinamización da campaña de uso racional da auga.
        • Deseño e dinamización da campaña de compostaxe familiar.
        • Deseño e dinamización da campaña Fogares verdes.
        • Deseño e dinamización da campaña oficinas sostible
    • DESEÑO, ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DAS HORTAS SOSTIBLE E SOLIDARIAS DO CONCELLO DE AMES.
    • TITORIZACIÓN DE PRÁCTICAS DE CICLOS FORMATIVOS RELACIONADOS CA EDUCACIÓN AMBIENTAL E ACHEGAMENTO AO MEDIO NATURAL E FORESTAL.

3º bloque

    • ATENCIÓN Á VECIÑANZA
      • Facilitar información medioambiental e forestal.
      • Colaboración na realización de trámites administrativos relacionados co medio rural e o medio ambiente.
      • Identificación veciñal de terreos particulares que pertencen as faixas secundarias de protección fronte a lumes forestais.
    • TRABALLOS TÉCNICOS DE XESTIÓN:
      • Tramitación de solicitude de subvencións.
      • Redacción de pregos técnicos de contratación.
      • Participación en comisións, mesas e asesoramento en tribunais.
      • Elaboración de ordenanzas.
      • Redacción de subvencións.

Novas do departamento

Esta mañá comezou unha nova edición da Feira do Monte, no campo da festa de Trasmonte, que se vai a celebrar ao longo da xornada deste sábado 15 e o domingo 16 ata as 15.00 horas. O obxectivo é poñer en valor o monte galego e recuperar os oficios ligados ao monte a través dun escaparate excepcional dos oficios e dos produtos vinculados ao monte. Nesta edición cóntase con 22 expositores de diversas localidades de Galicia, 4 exhibicións permanentes, 3 obradoiros e diversas degustacións gastronómicas. Hai carpa polo que a choiva non é un impedimento para poder asistir e poder participar nas actividades programadas. Durante as dúas xornadas non faltarán as tradicionais castañas asadas e maila música tradicional. Cóntase con servizo de polbería para comer racións de polbo, carne ao caldeiro, churrasco e bica. Premendo nesta ligazón pódese consultar o programa completo da feira.

Preto de vinte veciños e veciñas de Ames participaron este pasado domingo, 29 de setembro, na xornada de limpeza simultánea de ríos e regatos en toda Galicia, baixo o nome “Móllate polos ríos”. Coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), a actividade consistiu, en Ames, na limpeza das dúas beiras e a canle do Rego dos Pasos. O concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Rural, Manuel Lens, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, a concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, e a responsable da Aula da Natureza, Patricia Reboreda, participaron desta xornada de limpeza de ríos e regatos.

A Aula da Natureza de Ames pon fin á súa programación de primavera este sábado, 25 de maio, coa última sesión do bloque Vida baixo a auga, que nesta ocasión xirará en torno ao mergullo con botellas. A actividade, organizada en colaboración coa OMIX, estará destinada a mozos e mozas de 13 a 18 anos. Durante a xornada, os/as participantes recibirán unha charla explicativa sobre o mergullo e o material necesario para realizalo, coñecementos que porán en práctica nunha inmersión que terá lugar na praia de Cabío. A actividade será supervisada polos instrutores do Club Palmira Scuba, e contará con servizo de autobús dende Bertamiráns e Milladoiro. Para ocupar algunha das prazas que quedan libres será necesario inscribirse na actividade antes das 14.00h do venres enviando a ficha de inscrición cuberta ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

A Xunta de Galicia publicou xa a lista das parroquias priorizadas no ano 2026 para levar a cabo os labores de limpeza das faixas secundarias. Cada ano, debido ao alto risco de incendio forestal ou pola alta actividade incendiaria, a Xunta selecciona varias parroquias nas que levar a cabo isto e executar a limpeza de xeito prioritario. Deste xeito, os veciños e veciñas da parroquia de Ortoño teñen a posibilidade de asinar un contrato coa Xunta de Galicia, para que esta se encargue da limpeza das faixas secundarias.

A Xuntanza de Empresarios de Ames en colaboración co Concello de Ames organizan o primeiro concurso de fotografía Enfoca Ames. O obxectivo desta nova iniciativa é fomentar o achegamento da cidadanía aos lugares máis emblemáticos do concello de Ames. As persoas participantes deberán presentar unha fotografía que recolla o patrimonio natural, artístico e/ou cultural do concello de Ames. Admítese unha fotografía por cada unha das tres categorías existentes. A participación no concurso é gratuíta. O prazo de entrega das imaxes vai do 13 ao 25 de maio de 2021.

A Aula da Natureza organiza unha nova actividade dentro da súa programación deste outono. Trátase dun obradoiro de artesanía no que cada participante elaborará o seu propio tapiz con fibras naturais e nós de macramé. O taller terá lugar os días 12 e 13 de novembro nas instalacións da Aula, no lugar de Quintáns, pertencente á parroquia da Ameixenda, e haberá servizo de autobús dende O Milladoiro e Bertamiráns. Para participar é necesario inscribirse previamente. O prazo de inscrición estará aberto ata o 11 de novembro. Hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal

A Aula da Natureza do Concello de Ames, dependente da Concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, abre o prazo para inscribirse nas actividades programadas para o mes de marzo. Haberá cinco actividades durante as fins de semana de marzo. As persoas que estean interesadas en participar nestas actividades xa poden anotarse, enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. O programa ao completo para o primeiro semestre pode consultarse premendo nesta ligazón.

A Aula da Natureza organiza, dentro da programación de Nadal do Concello de Ames, un campamento urbano de inverno para rapaces de entre 6 e 14 anos no que participarán en diversas actividades e obradoiros relacionados co Nadal. O campamento terá lugar os días 27, 28 e 29 de decembro en horario de mañá e tarde. As familias interesadas en inscribir aos seus fillos/as deben enviar o impreso de inscrición ao enderezo de correo electrónico  auladanatureza@concellodeames.gal. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65.

O programa "En Ames, Naturalmente" busca que as nenas e nenos volvan a relacionarse con persoas da súa idade a través da natureza. Os campamentos, que se realizarán en diferentes quendas entre os meses de xuño e xullo nas instalacións da Aula da Natureza do Concello de Ames, están destinados ao alumnado de Educación Primaria e Educación Secundaria. Cada quenda conta con 30 prazas e o seu prezo é de 50 euros. Para realizar a preinscrición, compre enviar un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal no caso dos campamentos de Educación Primaria e omix@concellodeames.gal no caso dos campamentos destinados a Educación Secundaria.

A Aula da Natureza do Concello de Ames organiza para os días 24, 25 e 26 de marzo un curso de interpretación do patrimonio natural. O taller está dirixido a guías de natureza, guías turísticos, monitores de tempo libre, e, en xeral, persoas interesadas en comunicar valores ambientais. Terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. As persoas que queiran anotarse deben enviar a ficha de inscrición que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal

Eventos del departamento

A Aula da Natureza está desenvolvendo as diferentes actividades que compoñen a súa programación de outono. Deste xeito, para os meses de outubro e novembro ten previsto impartir a actividade “Ás voltas cos cogomelos”, que consta de tres saídas para recoller cogomelos que se realizarán os días 5 e 19 de outubro e mailo 30 de novembro. O obxectivo destas saídas é mellorar o coñecemento da veciñanza sobre estes prezados fungos. Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

Co fin de difundir o curioso mundo dos fungos e de amosar as paisaxes de Ames, a Aula da Natureza organiza tres saídas didácticas polos montes do concello. A primeira saída será o domingo 6 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 horas.  O domingo 3 de novembro haberá unha nova saída, en horario de 11:00 a 18:00 horas. A última saída será o sábado 23 de novembro cunha saída de 10:00 a 14:00 horas. Durante esa fin de semana, os días 23 e 24 de novembro, farase unha exposición e degustación destes cogomelos na feira Tanto Monte / Monte Tanto. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

Co fin de difundir o curioso mundo dos fungos e de amosar as paisaxes de Ames, a Aula da Natureza organiza tres saídas didácticas polos montes do concello.  O domingo 3 de novembro haberá unha saída en horario de 11:00 a 18:00 horas. A última saída será o sábado 23 de novembro cunha saída de 10:00 a 14:00 horas. Durante esa fin de semana, os días 23 e 24 de novembro, farase unha exposición e degustación destes cogomelos na feira Tanto Monte / Monte Tanto. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

Co fin de difundir o curioso mundo dos fungos e de amosar as paisaxes de Ames, a Aula da Natureza organiza tres saídas didácticas polos montes do concello. A última saída será o sábado 23 de novembro cunha saída de 10:00 a 14:00 horas. Durante esa fin de semana, os días 23 e 24 de novembro, farase unha exposición e degustación destes cogomelos na feira Tanto Monte / Monte Tanto. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para estes meses de primavera, na que se inclúen varios obradoiros e visitas guiadas para gozar da paraxe que nos ofrece a natureza nesta época do ano. A fin de semana do 23 ao 25 de maio estará dedicada aos espantallos, coa fin de recuperar a paisaxe e tradición no rural. Deste xeito, na xornada do venres o Pazo da Peregrina acollerá unha exposición na que se poderán observar diferentes pinturas e fotografías de espantallos realizada pola asociación a Cañada do Arte.

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para o mes de abril e está pechando as datas das actividades que se van impartir nos meses de maio e xuño. A primeira actividade, denominada “Benvida primavera”, vaise realizar este sábado 11 de abril. Trátase dun obradoiro práctico sobre as flores, que está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. En abril haberá dúas actividades máis, unha de cociña de tempada e unha camiñada teatralizada.

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para estes meses de primavera, na que se inclúen varios obradoiros e visitas guiadas para gozar da paraxe que nos ofrece a natureza nesta época do ano. A última das actividades que terá lugar será a actividade “Cacho de San Xoán polos camiños do Milladoiro”, que se celebrará o 21 de xuño, ás portas do verán, e está relacionada coa tradición vinculada ás herbas da noite do 23 de xuño (Víspera do día de San Xoán). A actividade celebrarase de 18.00 a 20.00 horas e o punto de partida para a recollida será a Casa da Cultura do Milladoiro. 

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para o mes de abril e está pechando as datas das actividades que se van impartir nos meses de maio e xuño. A primeira actividade, denominada “Benvida primavera”, vaise realizar este sábado 11 de abril. Trátase dun obradoiro práctico sobre as flores, que está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. En abril haberá dúas actividades máis, unha de cociña de tempada e unha camiñada teatralizada.

A Aula da Natureza da Ameixenda organiza tres campamentos urbanos para rapces e rapazas de entre 6 e 14 anos. Os campamentos terán lugar os días 27, 28 e 29 de decembro ás 11:00 horas.

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para o mes de abril e está pechando as datas das actividades que se van impartir nos meses de maio e xuño. A primeira actividade, denominada “Benvida primavera”, vaise realizar este sábado 11 de abril. Trátase dun obradoiro práctico sobre as flores, que está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. En abril haberá dúas actividades máis, unha de cociña de tempada e unha camiñada teatralizada.