Pestanas principais

Hortas urbanas sostibles e solidarias

Presencial
martes, 1 Xaneiro, 2019 a martes, 31 Decembro, 2019
Tramite activo: 
Aberto

PARA QUE, FINALIDADE

Solicitar a concesión dunha horta urbana no núcleo de Bertamiráns ou do Milladoiro, para realizar cultivos hortícolas de xeito sostible e solidario.

QUEN PODE FACELO

O acceso ás hortas está aberto a todos os/as veciños/as de Ames. Reservarase un 14% das parcelas para casos de emerxencia social informados polos Servizos Sociais do Concello de Ames e outro 14 % das parcelas para persoas maiores de 65 anos.

COMO SE FAI

Cubrindo a instancia xeral do Concello de Ames. Débese entregar no Rexistro xeral da Casa do Concello ou das Oficinas xerais do Milladoiro.

CANDO

En calquera momento. As persoas que desexen solicitar o uso dunha horta urbana deberán presentar a súa solicitude e quedarán incluídos na lista de agarda á espera de que quede algunha parcela libre.

ONDE

Concellaría de Medio Ambiente. Concello de Ames.

DOCUMENTACIÓN

Solicitude xeral.

PREZO

A solicitude é de balde.

TÉCNICO RESPONSABLE

Patricia Reboreda

CONCELLARÍA RESPONSABLE

Concellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible

NORMATIVA APLICABLE