Pestanas principais

Inscrición nas Escolas deportivas municipais

Presencial
Online
domingo, 1 Setembro, 2019 a domingo, 15 Setembro, 2019
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE (FINALIDADE)

O Concello de Ames fomenta a práctica deportiva a través das Escolas deportivas municipais. A oferta deste servizo municipal inclúe 20 actividades diferentes; 13 encadradas no programa de Formación Deportiva e 7 no apartado de Ponte en Forma.

O programa de Formación Deportiva comprende as seguintes actividades: ballet, baloncesto, fútbol sala feminino, fútbol sala masculino, judo, natación, patinaxe, predeporte, tenis, voleibol, xadrez, ximnasia rítmica e squash. Pola súa banda, dentro do apartado de Ponte en Forma pódense encontrar as actividades de adestramento funcional, aerozumba, ioga, GAP (hipoprensivos) – Aerocombat, pilates, spinning, abdominais e glúteos, así como ximnasia de mantemento.
 
QUEN PODE FACELO

No programa de Formación Deportiva pódense inscribir os rapaces e rapazas de 3 a 14 anos, mentres que no apartado de Ponte en Forma poden participar mozos/as maiores de 14 anos e persoas adultas.

COMO SE FAI

Tanto a renovación da matrícula como a preinscrición pódese realizar de xeito presencial ou de xeito telemático. Presencialmente, pódese facer na Casa da Cultura do Milladoiro ou na Casa do Concello, en Bertamiráns, en horario de 9:00 a 13:00 horas. Telematicamente, os trámites pódense realizar enviando a ficha de inscrición cuberta a un dos seguintes enderezos de correo electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal.

As persoas que realicen a preinscrición deben saber que as prazas adxudícanse nun sorte público. Posteriormente, publícase a listaxe coas persoas admitidas. As persoas que obteñan praza despois do devandito sorteo deben solicitar a folla de autoliquidación por correo electrónico ou de xeito presencial e efectuar o pagamento das actividades nas que van a participar. Unha vez se pague a devandita autoliquidación non é necesario entregar o resgardo. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición queda anulada.

Cada persoa pode inscribirse nun máximo de dúas actividades das Escolas deportivas, sempre e cando non coincidan os horarios. Non se permite a inscrición en máis dun grupo da mesma actividade. Para a formación de grupos é preciso que se cubran a metade máis unha do máximo de prazas dispoñibles.

CANDO

Durante a primeira quincena do mes de setembro pódense realizar os trámites de preinscrición e renovación de matrícula nas Escolas deportivas municipais de Ames.

DOCUMENTACIÓN

  • Impreso de inscrición nas Escolas deportivas municipais.
  • Impreso de autoliquidación.

PREZO:

  • O prezo de matrícula é, para menores de 18 anos, de 32 euros, descendendo a 16 euros para segundos membros menores de idade, e a 8 euros para terceiros. Se unha persoa, menor de 18 anos, se matricule en dúas escolas deportivas o prezo será de 48 euros, cun prezo de 24 e 12 euros para segundos e terceiros membros respectivamente. As persoas maiores de 18 anos deberán aboar un prezo de matrícula de 48 euros, no caso de inscribírense nunha única escola deportiva, ou de 72 no caso de inscribírense en dúas.

RESPONSABLE

Departamento de Deportes. Casa do Concello, en Bertamiráns, e Casa da Cultura do Milladoiro. Atención ao público en horario de 9:00 a 14:00 horas. Número de teléfono 619842504. Correo electrónico: deportes@concellodeames.gal - deportes.milladoiro@concellodeames.gal.

NORMATIVA APLICABLE

Ordenanza reguladora do prezo público polos servizos culturais e deportivos