Avisos

Ex., 18-09-2026
Ex., 18-09-2026
Venres, 18 setembro, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 18 setembro, 2026
A Aula AMTIC anuncia que quedan prazas dispoñibles para os cursos dirixidos aos cativos e cativas para os meses de outubro e novembro. Deste xeito, as persoas que así o desexen poderán inscribirse nas formacións de Mecanografía e Programación de Videoxogos. Para participar, deberase enviar cuberto este formulario de inscrición a informatica.milladoiro@gmail.com. Tamén se poden facer inscricións no número de teléfono 698 172 347.
Venres, 18 setembro, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 16 setembro, 2026
Esta semana publicouse a programación de actividades de Amessán para o curso 2026-2027. Desde o 5 de outubro impartiranse clases de 9 actividades nas parroquias de Agrón, Augapesada, Ameixenda, Bertamiráns, Bugallido, Covas, Cruxeiras, Milladoiro, Oca, Piñeiro, Trasmonte e Tarroeira. As inscricións poden facerse en liña (50% das prazas dispoñibles), desde as 9.00 horas do xoves 17 ata as 21.00 horas do venres 18 de setembro a través do formulario que está neste aviso, ou de xeito presencial (o 50% das prazas restantes) o martes 22 e o mércores 23 de setembro no Centro Social do Milladoiro e o xoves 24 venres 25 de setembro na Casa dos Maiores de Bertamiráns.
Mércores, 16 setembro, 2026
O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística, informa sobre a Resolución do 8 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2026.
Mércores, 16 setembro, 2026
Ante a información relativa ao vertido de purín rexistrado en Tordoia, desde o Concello de Ames considérase oportuno trasladar á veciñanza a seguinte información:
Mércores, 16 setembro, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a acta 2 do tribunal do proceso de técnico de secretaria coa resolución de alegacións e resultado definitivo da baremación dos méritos correspondentes á fase de concurso. Ademais, publícase a data e hora para a realización do exame da fase de oposición. Trátase do proceso selectivo dunha praza por concurso-oposición do artigo 2 da lei 20/2021 incluída na oferta extraordinaria de emprego público de 2022 (estabilización).
Martes, 15 setembro, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa do resultado do sorteo das prazas das Escolas deportivas municipais para o curso 2026-2027. As persoas que realizaron a inscrición dispoñen dun número de rexistro xerado no momento da preinscrición, que é o número co que se identifica á persoa inscrita na listaxe xerada polo resultado do sorteo. As clases comezarán o xoves 1 de outubro de 2025 e rematarán o 12 de xuño de 2027. Unha vez publicada a listaxe de persoas admitidas na páxina web municipal, as persoas que obtiveran praza deben facer o pagamento desde o 15 ata o 21 de setembro. Pódese realizar o pagamento a través da nova app Deportes Concello de Ames.
Martes, 15 setembro, 2026
O Concello de Ames vai celebrar por oitavo ano consecutivo a Semana Europea da Mobilidade, que neste 2026 se desenvolverá no municipio o venres 25 e o sábado 26 de setembro, cunha serie de actividades a prol da mobilidade activa e sostible. Deste xeito, o programa inclúe unha marcha ciclista nocturna cun traxecto de 8 quilómetros que se desenvolverá o día 25 de setembro. O prazo de inscrición para participar xa está aberto, só é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal. Na organización desta actividades colaboran a Policía Local, a Agrupación de Protección Civil, e a área de Educación viaria da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña.
Luns, 14 setembro, 2026
Co motivo do Campionato do Mundo 100 km que se celebrará o vindeiro, 20 de setembro nos arredores da Casa do Concello de Bertamiráns, infórmase: