Pestanas principais

Suxestións, reclamacións e queixas

O Concello de Ames facilítalle á cidadanía os seguintes medios para que formule as súas suxestións, reclamacións e queixas. Para presentalas é necesario utilizar a instancia de reclamacións, queixas e suxestións.

  • Por Internet, ben a través do formulario electrónico que se presenta abaixo, ou ben a través da sede electrónica, que permite rexistrar suxestións, reclamacións e queixas  dirixidas ao Concello mediante o rexistro electrónico.

Os asuntos expostos nas oficinas de atención cidadá, por teléfono ou no formulario web municipal non abren expediente administrativo. Para iso deberá realizar o trámite a través dos rexistros ou da sede electrónica.

Cando se trate dunha queixa que implique algún tipo de perigo público debe avisar á policía, a protección civil, ou ao servizo de emerxencias 112 Galicia.

Seguimento

Calquera persoa que inicie este procedemento administrativo e teña a condición de interesada pode obter copias dos documentos contidos neles, así como a recibir información e orientación.

O Concello de Ames contará coa Comisión especial de queixas, reclamacións e suxestións para o seu seguimento, a defensa dos dereitos da cidadanía e a supervisión da actuación municipal nesta materia.

Normativa aplicable

Formulario reclamación, suxestión ou queixa

(o noso sistema de correo non soporta contas de hotmail)
Os ficheiros deben ser menores de 5 MB.
Tipos de ficheiros permitidos: gif jpg jpeg png pdf doc docx odt rar tar zip.