Pestanas principais

Rutas

O Concello de Ames desenvolve unha serie de actuacións para o acondicionamento e promoción turística de camiños históricos, roteiros e sendas que nos permiten coñecer elementos moi relevantes do patrimonio histórico, etnográfico e natural que abeira a comarca da Amaía.
 
Camiños de Santiago por terras de Ames
 
Ames é un dos pouco concellos galegos polo que discorren varios dos Camiños de peregrinación xacobea. Son dúas as rutas de peregrinación que discorren polo seu territorio: o Camiño Real de Santiago a Fisterra-Muxía e o Camiño Portugués. Saber máis >>.
 
Ruta de Riamonte

Percorrido circular de 7 km e dificultade media, que permite coñecer o conxunto etnográfico dos muíños de Riamontes. Saber máis >>.
 
Senda Verde
 
Percorrido lineal de 12 km e dificultade media que une aos núcleos urbanos do Milladoiro e Bertamiráns. Saber máis >>.
 
Ruta do Andoriña

Percorrido circular de dificultade baixa e 5,2 km que segue o trazado deste pequeno regato, e ten a praia de Tapia como punto de saída e retorno. Permite coñecer varios elementos da arquitectura popular e relixiosa do noso concello. Saber máis >>.
 
Ruta as pegadas de Rosalia
 
Esta proposta de Ruta Rosaliana renovada transcorre polos concellos de Ames, Brión, Padrón e Santiago á beira do río Sar e seguindo o trazado marcado por Avelino Abuín de Tembra:

“A Ruta Rosaliana é un itinerario lóxico que segue a Vida de Rosalía de Castro, desde o lugar do seu nacemento, os diversos lugares onde ela viviu e remata onde repousan as súas cinzas. (…).
Percorre-los camiños que ela percorreu, meditar nos recantos en que Rosalía meditou. Identificarse intimamente con Rosalía, que é como identificarse con Galicia”. Saber máis >>.

 
Ruta Rosalia
Ruta do regos dos Pasos
O concello de Ames dispón dunha nova ruta ambiental que discorre pola marxe esquerda do rego dos Pasos. Trátase dunha ruta que tanto se pode facer a pé como en bicicleta. Durante o seu percorrido atopamos moitos carballo e moitas árbores frondosas que fan dela unha ruta moi fresca, ideal para o verán.  Saber máis >>.