Pestanas principais

Campaña oficinas sostibles

A través desta campaña incídese na responsabilidade individual como clave dun desenvolvemento sostible. O medio non é algo alleo a nós que debemos coidar de xeito altruísta senón que todo o que nel ocorra inflúe en nós e na nosa vida. A sociedade na que estamos inmersos lévanos a pensar en “máis e mellor” esquecendo o impacto que isto crea no medio. Esta campaña orienta sobre hábitos individuais que podemos realizar dentro das oficinas en canto ao aforro de papel, tinta, e elección de materiais que supoñen unha mellora ambiental.