Arts. 19-20-21 do Regulamento de participación cidadá
É o órgano máximo de participación cidadá na xestión municipal, onde se analizan e coordinan actuacións que afectan ó conxunto do municipio. As súas funcións principais son as de estudo, debate e asesoramento na ordenación das grandes liñas da política municipal que incidan na planificación estratéxica, económico, social, cultural e sostíbel do concello.
Asembleas territoriais
Arts. 22-23-24 do Regulamento de participación cidadá
Órganos coa función de canalizar a participación da cidadanía nos asuntos municipais en relación a un ámbito territorial específico. Poderase crear unha asemblea territorial por cada unha das parroquias e vilas do Concello de Ames. É dicir, pode haber un total de trece.
Desenvolverán exclusivamente funcións de informe, consulta e, no seu caso, proposta, en relación coas iniciativas municipais ou veciñais relativas ao seu ámbito territorial.
Consellos sectoriais
Arts. 25-26-27 do Regulamento de participación cidadá
Órganos de carácter informativo, consultivo e de formulación de propostas por sectore o u áreas de actividade municipal. Son, polo tanto, órganos de participación de carácter temático.
Consello sectorial de nenos e nenas
Arts. 28 do Regulamento de participación cidadá
A súa función é incorporar as vivencias da poboación infantil e favorecer a súa nos debates, propostas, suxestións, queixas respecto de calquera actuación municipal, así como ser informados e opinar sobre todas as actuacións doutras administracións públicas que actúen no municipio.
Consello Escolar Municipal de Educación
A comunidade educativa pode participar a través do Consello Escolar Municipal en asuntos de educación de competencia municipal: detección de necesidades de equipamentos educativo, posta a disposición de terreos, mantemento de infraestruturas e edificios, programas educativos de conciliación.
Consello Municipal de Deportes
O mundo do deporte de Ames pode participar a través do Consello Municipal de Deportes, en asuntos de deportes de competencia municipal: infraestruturas, programas, escolas deportivas, etc.