- Tipo
- Tematica
A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para o mes de abril e está pechando as datas das actividades que se van impartir nos meses de maio e xuño. A primeira actividade, denominada “Benvida primavera”, vaise realizar este sábado 11 de abril. Trátase dun obradoiro práctico sobre as flores, que está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. En abril haberá dúas actividades máis, unha de cociña de tempada e unha camiñada teatralizada.
Para o domingo 26, está programada unha nova camiñada teatralizada polo rego da Andoriña, en horario de 10.30 a 14.00 horas, para todos os públicos. “O segredo do Andoriña” é unha ruta duns 5,2 quilómetros que ten como obxectivo poñer en valor e dar a coñecer o patrimonio material e inmaterial da contorna do río Tambre.
O punto de inicio da camiñada será desde a praia fluvial de Tapia. Haberá servizo de autobús, con saída ás 10.00 horas desde a Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10.15 horas desde o Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Ao final da actividade haberá servizo de autobús de volta. A actividade é de balde pero, para participar, é preciso realizar unha inscrición previa. Hai 40 prazas dispoñibles.





