Pódese consultar e descargar toda a información relativa a cada expediente de subvencións e axudas do Concello de Ames na Base Nacional de Subvencións. Nela débese buscar en Entidades Locais, Ames, e logo procesar consulta.
Subvencións e axudas concedidas por concorrencia competitiva:
- Bases reguladoras e convocatoria de axudas do plan Ames Progresa dirixidas ao mantemento do emprego e do tecido empresarial local en 2021.
- Bases da convocatoria de axudas para a reactivación económica do comercio e da hostalaría a través das Tarxetas Bono Ames Progresa 2022.
- Bases reguladoras das axudas Reactiva Ames dirixidas á creación e consolidación de empresas para o mantemento do emprego e do tecido empresarial local.
- Bases da convocatoria de axudas para a promoción do comercio no concello de Ames (exercicio 2021).
- Bases da convocatoria de axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por ANPAS dos centros educativos do concello de Ames nos exercicios 2020 e 2021.
- Bases reguladoras da convocatoria de axudas destinadas ao apoio económico ás familias numerosas do Concello de Ames para o exercicio 2020
- Bases da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar destinados a alumnado de 2º ciclo de educación infantil (curso 2020-2021).
- Subvencións a entidades de iniciativa social, sen ánimo de lucro, para a promoción de actividades complementarias dos servizos sociais comunitarios e inclusión social (exercicio 2021).
- Bases da convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais do Concello de Ames nos exercicios 2020 e 2021.
- Bases da convocatoria de axudas para promoción de actividades levadas a cabo no 2020 por clubs e asociacións deportivas do Concello de Ames.
- Bases da convocatoria de subvencións para a promoción de festas populares celebradas no Concello de Ames durante os exercicios 2020 e 2021.
Subvencións nominativas:
- Subvención nominativa para as entidades deportivas.
- Subvención nominativa para Arcea Adames.
- Subvención nominativa para o Bertamiráns FC.
- Subvención nominativa para a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.