Pestanas principais

Núcleos urbanos e parroquias

No concello de Ames existen dous núcleos urbanos: Bertamiráns, que atopa dentro da parroquia de Ortoño, e O Milladoiro, que se encadra xeograficamente dentro da parroquia de Biduído.

Núcleos Urbanos

Nos núcleos urbanos de Bertamiráns e do Milladoiro residen 22.026 habitantes, que representa o 69% da poboación total do concello. Por localidades:
 
  • Milladoiro segue á cabeza do concello cun total de 13.182 habitantes censados (41,37% da poboación), dos cales 6.270 (47,56%) son homes e 6.912 (52,44%) son mulleres.
  • Por outra banda, en Bertamiráns están censados 8.844 persoas (27,76% da poboación). Neste caso hai 4.235 (47,89%) homes e 4.609 (52,11%) mulleres.

Parroquias

O termo municipal de Ames repártese en once parroquias: Agrón, Ameixenda, Ames, Biduído, Bugallido, Covas, Lens, Ortoño, Piñeiro, Tapia e Trasmonte.

  • Agrón (San Lourenzo)
    • Poboación: 508 habitantes
    • Superficie: 7,24 km2
  • Ameixenda (Santa María)
    • Poboación: 381habitantes
    • Superficie: 11,09 km2
  • Ames (San Tomé)
    • Poboación: 1.461
    • Superficie: 16,43 km2
  • Biduído (Santa María)
    • Poboación: 9.692
    • Superficie: 5,8 km2
  • Bugallido (San Pedro)
    • Poboación: 1.384
    • Superficie: 8,04 km2
  • Covas (Santo Estevo)
    • Poboación: 682
    • Superficie: 5,86 km2
  • Lens (San Paio)
    • Poboación: 96
    • Superficie: 1,64 km2
  • Ortoño (San Xoán)
    • Poboación: 6.465
    • Superficie: 9,03 km2
  • Piñeiro (San Mamede)
    • Poboación: 279
    • Superficie: 6,14 km2
  • Tapia (San Cristovo)
    • Poboación: 143
    • Superficie: 2,9 km2
  • Trasmonte (Santa Mariña)
    • Poboación: 466
    • Superficie: 5,8 km2