Pestanas principais

Matrícula de campamentos de verán 2021

Presencial
Online
Mércores, 19 maio, 2021
Tramite activo: 
Aberto

PARA QUE (FINALIDADE):

  • Matricularse no programa de Campamentos de Verán 2021.

QUEN PODE FACELO:

  • Rapaces e rapazas que estean cursando 5º e 6º de educación infantil, primaria, secundaria ou bacharelato.

CANDO:

  • Dende o 19 de maio de 2021

ONDE:

  • De xeito telemático: Presentarase preferiblemente a través do rexistro telemático na sede electrónica do concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR).
  • De xeito presencial: Excepcionalmente, e con cita previa, poderá entregarse nos rexistros do concello en horario de 9h a 14h, sempre con CITA PREVIA (Teléfono: 881 074 710 / 881 074 711).

DOCUMENTACIÓN:

  • Impreso de matrícula debidamente cumprimentado.
  • Copia da tarxeta sanitaria.
  • Certificado médico (só no caso de padecer enfermidade que deba ser reflectida).

PAGAMENTO:

  • Variable dependendo o campamento.
  • O pagamento poderá fraccionarse en dous prazos (50% do custe cada un) segundo o sinalado no impreso de preinscrición. Os impresos para facer efectivo o pagamento, (autoliquidación), enviaránselle ao correo electrónico facilitado na preinscrición a tal efecto. Estes documentos indicarán os prazos nos que debe realizarse o abono.

    Excepcionalmente poderá solicitarse o impreso de pagamento de xeito presencial en:
    •Oficina de Recadación de Milladoiro (Rúa Viorneira, número 6).
    •Oficina de Recadación de Bertamiráns (Praza Horta de Abaixo, número 6). Tamén en horario de tarde os luns e mércores (de 16:15 a 18:30 horas).
    •A través do correo electrónico ames@canaltributos.com

    En caso de dispor de Certificado Dixital ou DNI electrónico poderá descargala autoliquidación a través do enlace Oficina Virtual Tributaria que figura na web municipal (www.concellodeames.gal) ou a través da banca electrónica de ABANCA. De non aboar o importe do campamento nos prazos establecidos, considerarase baixa inmediata no servizo sen posibilidade de recuperar os importes aboados, agás causa xustificada.

CONCELLARÍA RESPONSABLE:

Para solicitar máis información pódese contactar coa Concellería de Medio Ambiente, chamado ao 660 004 665 ou enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal, ou contactar coa Concellería de Mocidade, chamando ao teléfono 616 083 229 ou enviando un correo a omix@concellodeames.gal.