O monte escolar é unha ferramenta de educación ambiental que permite a colaboración do alumnado na recuperación do patrimonio forestal do noso concello. Neste espazo construímos entre todos un exemplo de monte sostible.
- Obxectivos:
- Analizar os efectos dos incendios forestais no medio.
- Analizar a influencia que ten o uso e estado do monte cos incendios forestais.
- Diferenciar as principais especies forestais propias do monte.
- Aplicar modelos sostibles na planificación forestal.
- Persoas destinatarias. Centro escolares do concello de Ames