Pestanas principais

A V Feira do Monte pon en valor os produtos do monte, o patrimonio natural e o aproveitamento sostible do monte

Sábado, 15 de novembro de 2025

Esta mañá comezou unha nova edición da Feira do Monte, no campo da festa de Trasmonte, que se vai a celebrar ao longo da xornada deste sábado 15 e o domingo 16 ata as 15.00 horas. O obxectivo é poñer en valor o monte galego e recuperar os oficios ligados ao monte a través dun escaparate excepcional dos oficios e dos produtos vinculados ao monte. Nesta edición cóntase con 22 expositores de diversas localidades de Galicia, 4 exhibicións permanentes, 3 obradoiros e diversas degustacións gastronómicas. Hai carpa polo que a choiva non é un impedimento para poder asistir e poder participar nas actividades programadas. Durante as dúas xornadas non faltarán as tradicionais castañas asadas e maila música tradicional. Cóntase con servizo de polbería para comer racións de polbo, carne ao caldeiro, churrasco e bica. Premendo nesta ligazón pódese consultar o programa completo da feira.

A apertura da quinta edición da Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto” correu a cargo do alcalde de Ames, Blas García, e do concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo. Tamén asistiron concelleiros e concelleiras do goberno municipal e do Partido Popular. Un ano máis a feira celébrase no campo da festa de Trasmonte ao longo de dúas xornadas, o sábado 15 de novembro, de 11.00 a 19.30 horas, e o domingo 16 de novembro, de 11.00 a 15.00 horas. O obxectivo principal desta iniciativa é poñer en valor o monte e os produtos e derivados que este nos ofrece.

O alcalde de Ames, Blas García, dixo “para min é unha alegría estar aquí porque conseguimos sacar as actividades e eventos que organiza o Concello dos núcleos urbanos do Milladoiro e Bertamiráns, e neste caso a Feira do Monte faise nun lugar tan bonito como é Trasmonte, que ademais está ao lado do paso do camiño de Santiago. É unha alegría ver hoxe aquí a tanta xente e tamén ver que os veciños e veciñas de Trasmonte se implican nesta feira que se fai na súa parroquia. Imos seguir apostando por esta feira porque é importante poñer en valor os produtos e mailos oficios relacionados co monte”.  

O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, comezou agradecendo a participación de todos os expositores e ao persoal municipal pola súa implicación na organización da Feira do Monte. “Constatamos que ano tras ano vai incrementando a afluencia de xente que acude a esta feira. Trátase dun evento que se vai consolidando dentro do circuíto das feiras galegas e imos a seguir apostando polo monte sostible e polos oficios relacionados co monte e que respectan o medio ambiente e a biodiversidade”.

Expositores participantes 
Nesta edición cóntase con 22 expositores que ofrecen produtos como aceite, produtos a bases de castañas, mel, licores artesanais, produtos de fiado de la pura de ovella, embutidos, queixos, libros antigos e de segunda man, traballos creativos de téxtil natural, produtos de porco celta, produtos de artesanía, madeira torneada, lámpadas e cuncos de cera, cafés e tés, queixos de cabra, cestos feitos a partir de medula, produtos artísticos personalizados, arandos, xeles naturais e instrumentos de percusión.

Os expositores que participan este ano na Feira do Monte son Aceites Embruxo; Amarelante Sociedade Cooperativa Galega; Apicultura Val do Dubra; Asociación Galega de Apicultura; Barbudos cooperativa licoreira; Cabanas Rural Asociación de Mulleres; Casa Curtis; Carlota Fraga Libreira; Casperlota Atelier; CienPorCel; Cova de Abella; D Rositas; José Manuel Prado; Más Cera; O mel de Inés; Origen; Queixería Gaia Gourmet; Recuncho Artesán; Taller de arte Comeluz; Teo Berries; Toxogel; e Xosé Tuñas Percusión.

Tamén hai actuacións de música tradicional a cargo de grupos de Ames, exposicións permanentes, obradoiros e diversas degustacións nas que os visitantes poden deleitarse cunha ampla gama de produtos gastronómicos. Ademais, instalouse unha carpa para estar a cuberto e poder participar nas actividades programadas. Cóntase con servizo de polbería de Juan Guerra para comer racións de polbo, carne ao caldeiro, churrasco e bica.

Exposicións permanentes e obradoiros
Por outra banda, hai catro exposicións permanentes: do proceso de fiado de la de ovella galega, da Asociación Cabanas Rural; do torneiro José Manuel Prado; sobre a fabricación e reparación artesanal de instrumentos musicais con Xosé Tuñas Percusión; e de cestos feitos de medula, a cargo de Recuncho artesán Lourdes Suárez.

Ao longo destas dúas xornadas tamén se imparten tres obradoiros. O primeiro foi este sábado pola mañá, a cargo de Luis do Río sobre cestería de láminas. Ademais, pola tarde, de 17.00 a 18.30 horas, o propio Luis do Río dirixirá o obradoiro Gaitas con herbas. O domingo 16, de 12.00 a 13.30 horas, impartirase o obradoiro de estampado con tintas naturais a cargo de Amoroteu.

Música e degustacións
O evento conta con diversas degustacións gastronómicas ofrecidas polo Concello de Ames. Hoxe sábado puidéronse degustar as pizzas do monte de Sicilia in Boca e hamburguesas de vaca de cría extensiva ofrecidas por Discarlux. 

O sábado pola tarde, de 18.30 a 19.30 horas, haberá outra degustación, neste caso será de xabarín con castañas a cargo do restaurante Onde Keiras. Ao longo da xornada do sábado tamén hai degustación de castañas. O domingo 16 haberá outras dúas degustacións: de doces do monte, a cargo de repostería Dolce e Bambini, de 12.00 a 13.00 horas; e de chicharróns de porco celta de Cienporcel, de 13.30 a 14.30 horas.

Ao igual que en edicións anteriores, este ano tamén se conta con música tradicional para amenizar as xornadas da feira. O sábado 15 hai dúas actuacións: pola mañá foi a quenda do grupo Airiños do Paseo de Colón, mentres que pola tarde, ás 18.30 horas, é a quenda de A Requinta da Maía. O domingo 16, ás 12.30 horas, actuarán As Pandereteiras da Costaneira.

Ás voltas cos cogomelos
Dentro da feira do monte tamén se inclúe unha saída para recoller cogomelos en Trasmonte que se realizou o sábado 15 de novembro pola mañá. Pola tarde, de 16.00 a 18.30 horas, farase a identificación e exposición de cogomelos a cargo de persoal da asociación Brincabois. Aproveitando a celebración deste evento, o domingo 16, ás 12.00 horas, no campo da festa de Trasmonte, farase a entrega de premios do V concurso de fotografía Enfoca Ames 2025.

Novas relacionadas: 

La Voz de Galicia: "Trasmonte abre una ventana al rural de Ames"

El Correo Gallego: "Domingo de Cinema Miúdo y productos del monte en Ames"

Diario de Santiago: "V Feira do Monte, en Ames"

Xornal de Compostela: "A Feira do Monte reúne máis de vinte expositores e dous días de actividades sobre o monte galego"

A V Feira do Monte pon en valor os produtos do monte, o patrimonio natural e o aproveitamento sostible do monte

Multimedia

  • A V Feira do Monte pon en valor os produtos do monte, o patrimonio natural e o aproveitamento sostible do monte