Pestanas principais

Pleno de Ames

O Pleno é o órgano de máxima representación política da cidadanía dentro do goberno municipal e está constituído polo alcalde e os/as concelleiros/as. O alcalde é o encargado de convocar e presidir as sesións plenarias, aínda que pode delegar nalgún dos/as concelleiros/as.

O Pleno ten un regulamento propio de carácter orgánico e tanto o seu funcionamento coma a organización dos seus contidos recóllese no regulamento orgánico municipal. Constitúeo unha Secretaría Xeral e unha serie de Comisións encargadas de xestionar diversas áreas de goberno e de informar sobre esta ao Pleno.

O Pleno da Corporación, en sesión do 10 de xullo de 2015, acordou que a periodicidade das sesións do pleno é mensual, celebrándose o último xoves de cada mes, ás 20:30 horas, excepto a sesión correspondente ao mes de agosto que se decide en consenso cos voceiros dos grupos políticos da oposición.

Sesións plenarias

Ir a buscador de sesiones pleno

Funcións: 
Unha das funcións do Pleno municipal que ten maior relevancia, dentro das súas tarefas de fiscalización e control dos órganos de goberno, está a votación das mocións de censura e confianza. Así mesmo, do Pleno dependen os acordos relativos á alteración da composición ou dos lindes do termo municipal ou os acordos sobre a participación do Concello en órganos supramunicipais. Do Pleno dependen tamén as aprobacións e modificacións de regulamentos orgánicos, ordenanzas, orzamentos, cadros de persoal, regulamentos municipais, etc. A aprobación inicial e final das tramitacións urbanísticas tamén é unha das competencias do Pleno, así como a transferencia das súas funcións a outras administracións ou a determinación do xeito no que o Concello xestionará os servizos municipais.
Composición: 

O Pleno está composto por 21 concelleiros e concelleiras . Na actualidade hai 20 concelleiros e concelleiras trala renuncia, por motivos persoais, a acta de concelleiro de Francisco Javier López Suárez. Estes/as 20 concelleiros/as están divididos en seis grupos políticos diferentes.

Comisions informativas: 

As comisións dependen do Pleno Municipal e están constituídas por unha serie de membros que designan os grupos políticos en proporción ao número de concelleiros que cada un deles ten no Pleno.

Composición e actas

Xunta de voceiros: 

A Xunta de Voceiros/as é un órgano deliberante e consultivo, presidido polo presidente do Pleno ou o concelleiro/a en quen delegue, e integrada polos voceiros e secretarios dos grupos políticos municipais. Os seus acordos adóptanse por voto ponderado.

Ver a composición