Pestanas principais

Departamento de Medio Ambiente

    • Aula da Naturaleza
      • Teléfono: 660 00 46 65
      • Horario de atención ao público de 9:00 a 14:00
      • Responsable técnico: Patricia Reboreda Cigarrán
    • Brigada de Garda Medioambiental
      • Telefono: 686 199 301
      • Horario de atención ao público de 9:00 a 14:00
      • Responsable técnico: María Victoria Arufe Vázquez.
Outros Datos: 

 

Brigada de Garda Medioambiental

  • Funcións da responsable da Brigada de Garda Medioambiental
    • Dirixir e planificar  as labores levadas a cabo pola Brigada de Garda Medioambiental
    • Coordinar a recollida de animais abandonados en zona pública  dentro do término municipal de Ames
    • Tramitar as licenzas de Animais Potencialmente Perigosos así como as  inscricións no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos de acordo a lexislación sectorial vixente.
    • Participar no deseño das campañas e do plan de actuación de medidas preventivas contra os incendios forestais
    • Xestionar e coordinar as tarefas relacionadas ca recollida de limpeza viaria, residuos domésticos (RAEE, voluminosos..)
    • Tramitar e xustificar subvencións destinadas a financiar actuacións medioambientais municipais
    • Xestionar e coordinar  as labores de desratización, desinsectación e desinfección  de  vías públicas, parques, xardíns, redes de sumidoiros,locais e dependencias de titularidade municipal.
    • Xestionar e Coordinar as labores de Prevención e Control da Lexionela nas instalacións deportivas municipais.
    • Atender a veciñanza en relación a distintas temáticas relacionadas ca lexislación sectorial forestal , de residuos, de animais etc. Informar acerca dos distintos temas ambientais para a iniciación dos seus correspondentes expedientes.
  • Funcións dos peóns  Brigada de Garda Medioambiental:
    • Recoller os distintos puntos de vertido incontrolado  das zonas públicas contribuíndo a recuperación de zonas degradadas
    • Mantemento, xestión dos rutas de sendeirismo do concello, incluíndo a realización de desbroces de maleza, vixilancia, sinalización, reposición de infraestruturas deterioradas ou destruídas, e conservación de elementos patrimoniais e arquitectónicos.
    • Participación e colaboración en campañas de sensibilización ambiental.

Responsable da Aula da Natureza

  • Funcions:

1º bloque

    • MEDIO NATURAL
      • VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES
        • Planificar e coordinar plans de control de especies exóticas invasoras.
        • Planificar e coordinar plans de conservación, mellora  recuperación e restauración de zonas degradadas.
        • Espazo Rede Natura 2000.
        • Busca, apertura, adecuación e dotación de elementos interpretativos en rutas ambientais do concello.
      • VIDA DE ECOSISTEMAS FLUVIAIS
        • Revisión dos tramos de rios e regos urbanos de competencia municipal.
        • Coordinación do Proxecto ríos no Concello de Ames.
        • Establecemento e dirección das diferentes fases do Plan de recuperación das beiras do rio Sar.
      • LOITA FRONTE A LUMES FORESTAIS
        • Coordinación dos traballos realizados ao abeiro do Plan Municipal de Plantación de frondosas caducifolias.
        • Participación no deseño e implementación dos plans municipal de defensa fronte a incendios forestais.
      • COMPOSTAXE
        • Coordinación do Programa de compostaxe comunitario do concello de Ames.
      • COORDINACIÓN DE BRIGADAS TEMPORAIS:
        • Coordinación da Brigadas Aprol forestal – fluvial.
        • Coordinación da Brigadas Aprol: actualización  PMPDIF.
        • Coordinación da Brigada de Espazos Naturais.
        • Coordinación da Brigadas de protección e defensa fronte lumes forestais baixo o amparo do convenio Xunta - Concellos.

2º bloque

    • EDUCACIÓN AMBIENTAL
      • DINAMIZACIÓN DUN PROGRAMA  DE EDUCACIÓN AMBIENTAL E ACHEGAMENTO AO MEDIO
        • Dirección, xestión e coordinación  do plan anual de educación ambiental e achegamento ao medio
      • .COLABORACIÓN COS CENTROS EDUCATIVOS MUNICIPAIS NA DIFUSIÓN DOS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DA ONU
        • Elaboración de proposta, coordinación e desenvolvemento cos centro escolares e ANPAS municipais de obradoiro, actividades  e saídas ambientais que sirvan como complemento ao currículo escolar relacionadas co medio natural e con prácticas medioambientais saudables. Ademais, a Aula recolle propostas de traballo dos centros e planifícanse proxectos en conxunto.
      • PRÁCTICAS MEDIOAMBIENTAIS SUSTENTABLES.
        • Fomento de prácticas medioambientais sustentables mediante o deseño e impartición de obradoiro e actividades en torno a campañas de aforro de enerxía no fogar.
        • Deseño e dinamización da campaña de uso racional da auga.
        • Deseño e dinamización da campaña de compostaxe familiar.
        • Deseño e dinamización da campaña Fogares verdes.
        • Deseño e dinamización da campaña oficinas sostible
    • DESEÑO, ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DAS HORTAS SOSTIBLE E SOLIDARIAS DO CONCELLO DE AMES.
    • TITORIZACIÓN DE PRÁCTICAS DE CICLOS FORMATIVOS RELACIONADOS CA EDUCACIÓN AMBIENTAL E ACHEGAMENTO AO MEDIO NATURAL E FORESTAL.

3º bloque

    • ATENCIÓN Á VECIÑANZA
      • Facilitar información medioambiental e forestal.
      • Colaboración na realización de trámites administrativos relacionados co medio rural e o medio ambiente.
      • Identificación veciñal de terreos particulares que pertencen as faixas secundarias de protección fronte a lumes forestais.
    • TRABALLOS TÉCNICOS DE XESTIÓN:
      • Tramitación de solicitude de subvencións.
      • Redacción de pregos técnicos de contratación.
      • Participación en comisións, mesas e asesoramento en tribunais.
      • Elaboración de ordenanzas.
      • Redacción de subvencións.

Novas do departamento

O Concello de Ames ofrece unha ampla programación municipal de campamentos para este verán. A través deste programa ofertáronse 500 prazas repartidas entre 13 campamentos con estadía nocturna, que se desenvolven en distintas datas entre o 23 de xuño e o 2 de setembro. Ademais, organizáronse dúas quendas para participar no campamento urbano da Aula da Natureza, entre o 1 e o 26 de xullo. Este ano cubríronse o 98% das prazas ofertadas, con 490 usuarios/as inscritos/as das 500 prazas existentes.

Do 3 ao 14 de xullo desenvolveuse a primeira das quendas do campamento urbano que organiza a Aula da Natureza do Concello de Ames. Unha vez máis, completáronse as 25 prazas ofertadas, e tivo que elaborarse unha lista de agarda con cativada que non resultou escollida por sorteo para participar. Os rapaces e rapazas que gozaron desta quenda participaron en diversos obradoiros de eido ambiental e en saídas para descubrir as posibilidades que ofrece a natureza. Así mesmo, organizáronse diversas xornadas lúdicas realizando visitas dentro e fóra do concello. Este luns, 17 de xullo, comeza a segunda quenda do campamento urbano con outros 25 participantes. As actividades impartiranse ata o venres 28 de xullo.

A Aula da Natureza está a desenvolver ao longo do mes de xullo os seus campamentos urbanos, dirixidos á rapazada de 6 a 14 anos, e que se realizan nas propias instalacións da aula, situadas na Ameixenda. Uns 50 nenos e nenas completaron as prazas dos campamentos, repartidos entre unha primeira quenda, que se celebrou do 4 ao 15 de xullo, e a segunda, que comezou este luns 18 e rematará o 29 de xullo. As actividades realizadas inclúen obradoiros, saídas, xogos e concursos, co foco posto no coidado e o coñecemento da natureza, o traballo en equipo e a empatía.

Traballos na horta, xogos, obradoiros, excursións, visitas á praia, aprendizaxe lúdica sobre plantas medicinais e fósiles, cociña divertida, deporte, teatro, cancións... O Campamento Urbano de Natureza ampliou quendas este ano e por primeira vez incluíu comedor na primeira delas. 65 rapaces e rapazas participan en total nas tres quendas. Algúns deles repiten dunha para outra. Moitos e moitas levan asistindo a esta actividade, verán tras verán, desde que eran uns e unhas cativiñas. O campamento urbano desenvólvese en plena natureza. A sede é a antiga escola de Quintáns, na parroquia da Ameixenda, remodelada seguindo criterios de bioconstrución e perfectamente integrada no entorno rural onde se atopa.

Ames é o primeiro concello da provincia da Coruña en contar cunha aldea modelo. Este nomeamento chega tras a declaración da aldea de Ferreiros como aldea modelo pola Xunta de Galicia no marco da lei de recuperación da terra agraria de Galicia. A aldea de Ferreiros, en Agrón, conta cunha superficie de 8,55 hectáreas e con 128 parcelas implicadas de 52 titulares catastrais. Ademais, a Xunta declarou aldea modelo á aldea de Soutogrande, no concello ourensán de Vilariño de Conso e á aldea de Cortegazas, no concello de Avión tamén na provincia de Ourense. Coas tres novas declaracións, acádase un total de 21 aldeas modelo aprobadas no conxunto da comunidade para poñer en valor preto de 600 hectáreas.

O Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, acolleu esta fin de semana a primeira edición do Mercado de Maio, unha iniciativa organizada pola asociación Menais co obxectivo de promover un modo de vida máis respectuoso coa comunidade e o medio natural. Desenvolveuse os días 4 e 5 de maio, e contou con música en directo, un mercado e diversas actividades e obradoiros para toda a familia.

A Asociación veciñal “O Cantiño” de Quistiláns e a Plataforma pola recuperación do Río Sar, convocan á veciñanza a unha andaina-limpeza do Río do Pego que se desenvolverá o sábado 1 de agosto a partir das 19:00 horas. Con esta acción pretenden reivindicar esta paraxe de gran riqueza natural, antropolóxica, inmaterial e patrimonial e poñer o foco de atención sobre a necesidade de coidar o río e non emporcar de lixo as súas augas. Calquera persoa que queira colaborar deberá levar máscara e luvas. O Concello, a través da Concellaría de Transición Ecolóxica, apoia a iniciativa e anima á veciñanza a participar dela.

A Aula da Natureza de Ames segue organizando durante este mes de novembro diversas actividades dentro da súa programación de outono. O pasado 19 de novembro celebrouse un obradoiro de creación de xoias naturais para adultos, e este sábado, 26 de novembro, está programada unha nova quenda. Nesta ocasión participarán rapaces e rapazas de entre 10 e 16 anos. Aínda quedan prazas dispoñibles, e as inscricións poden realizarse enviando a seguinte ficha debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

O departamento de Medio Ambiente amesán, a través da Aula da Natureza, participou o pasado mércores 26 de xaneiro na ampliación e remodelación da balsa creada o pasado ano no IES de Ames, dentro do proxecto educativo “Charcas con vida” da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA). Na actividade participou o alumnado de paisaxismo de 1º da ESO, que desenvolve labores de fenoloxía no entorno do centro educativo.

A Aula da Natureza presentou na mañá deste luns o seu itinerario para os meses de febreiro a maio, que inclúe propostas para todos os públicos e idades. Haberá excursións, cursiños e talleres no propio espazo da Aula, na que a veciñanza gozará e aprenderá máis sobre o entorno. Este sábado 5 comezan xa as actividades, cunha xornada dedicada á Festa da Luz para nenas e nenos dos 6 aos 12 anos, para a que xa se pode solicitar praza, enviando a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

Eventos del departamento

A primeira das actividades da Aula de Natureza para o mes de febreiro é un obradoiro sobre ornitoloxía e comedeiros para paxaros. O taller está pensado para rapaces e rapazas de entre 6 e 14 anos, e desenvolverase este sábado 4 nas instalacións da Aula da Natureza, no lugar de Quintáns (Ameixenda). O horario será de 11:00 a 13:30 horas, e poñerase a disposición dos participantes un servizo de autobús, que sairá da Casa da Cultura do Milladoiro ás 10:30 horas e do Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 10:45 horas. Así mesmo, á volta, o autobús fará parada en Bertamiráns ás 13:45 e no Milladoiro ás 14:00 horas. Hai 30 prazas dispoñibles. Para participar é necesario inscribirse previamente mandando a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

A Aula da Natureza propón para pechar o mes de febreiro unha nova actividade. Trátase un obradoiro de interpretación de animais que viven nas tobeiras, no que se explicará como as fan e canto lles duran. Ademais, os participantes poderán dar un pequeno paseo de recoñecemento. O taller está pensado para crianzas de entre 6 e 14 anos, e desenvolverase en horario de 11:00 a 13:30 horas. Haberá servizo de autobús para chegar ás instalacións da Aula da Natureza (dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 10:30 horas e dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 10:45 horas). É preciso anotarse para participar, e pódese facer enviando a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal

A Aula da Natureza organiza, para pechar o mes de abril, un paseo botánico por Agrón. Os participantes poderán observar os distintos tipos de árbores, como carballos, loureiros, freixos, amieiros ou pereiras bravas, variedades que forman parte do tesouro das fragas da parroquia. A actividade desenvolverase entre as 11:00 e as 13:30 horas, e está pensada para todos os públicos.  Haberá servizo de autobús, que sairá ás 10:30 horas da Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10:45 horas do Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O regreso farase arredor das 13:45-14:00 horas. Para anotarse é preciso enviar esta ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal

Entre as actividades propostas para o mes de abril dende a Aula da Natureza está unha ruta ambiental e unha visita etnográfica á Casa do Patrón, en Lalín. A excursión desenvolverase o sábado, día 15, de 10:30 a 17:00 horas. Os asistentes poderán, ademais, participar da segunda quenda da elaboración dun cesto con asa. Haberá 10 prazas dispoñibles e a actividade está pensada para todos os públicos. Para o desprazamento haberá servizo de autobús, que sairá ás 10:30 horas do Pazo da Peregrina de Bertamiráns e ás 10:45 horas da Casa da Cultura do Milladoiro.

 

A Aula da Natureza organiza para o mes de maio unha excursiín a Campo Lameiro, para visitar o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre. A actividade desenvolverase de 10:30 a 17:00 horas, e está pensada para todos os públicos. Os participantes deberán levar a comida da casa e dispoñerán dun servizo de autobús que sairá ás 10:30 horas do Pazo da Peregrina de Bertamiráns e ás 10:45 da Casa da Cultura do Milladoiro. O regreso farase arredor das 13:45-14:00 horas.  

A Aula da Natureza de Ames organiza "Baños de bosque: outono" na Carballeira de Ventín, unha actividade pensada para rapazada dende os 6 ata os 12 anos. A proposta consiste na observación da natureza cos cinco sentidos: sentir o contacto co aire, tocar diferentes texturas, e escoitar o son do vento entre ás árbores e os paxaros para logo levalo ao papel, creando unha paisaxe de outono. A actividade terá dúas sesións: unha de mañá, de 11:30 ás 13:30 horas, e de tarde, de 16:00 a 18:00 horas. Contarase con servizo de autobús dende O Milladoiro e Bertamiráns. Hai 20 prazas dispoñibles entre ambas sesións, para as que hai que inscribirse enviando un correo ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

A Aula da Natureza programa para abril un campamento de natureza dirixido á rapazada dos 6 aos 16 anos. O luns 11, martes 12, e mércores 13 de abril, realizaranse actividades tanto ambientais como de ocio, baseados na compresión e no desfrute da natureza. A proposta desenvolverase de 11:00 a 18:00 horas na Aula da Natureza, e contará con servizo de autobuses. Para inscribirse nas 25 prazas dispoñibles, cómpre enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

Esta é unha das principais novidades que se inclúen na programación de outono da Aula da Natureza deste ano. Trátase dunha saída para recoller castañas que inclúe xantar, magosto e unha charla – coloquio. Será o sábado 14 de outubro. 

Co fin de difundir o curioso mundo dos fungos ao tempo que amosar as paisaxes de Ames, a Aula da Natureza organiza catro saídas didácticas polas parroquias amesás de Bugallido, Lens, Ameixenda e Agrón, para recoller cogomelos. Ademais, durante a celebración da feira Tanto Monte / Monte Tanto farase unha exposición e degustación de cogomelos. O obxectivo é chegar ao maior número de persoas polo que as saídas realizaranse os sábados e domingos en horario de mañá ou de tarde.

Co fin de difundir o curioso mundo dos fungos ao tempo que amosar as paisaxes de Ames, a Aula da Natureza organiza catro saídas didácticas polas parroquias amesás de Bugallido, Lens, Ameixenda e Agrón, para recoller cogomelos. Ademais, durante a celebración da feira Tanto Monte / Monte Tanto farase unha exposición e degustación de cogomelos. O obxectivo é chegar ao maior número de persoas polo que as saídas realizaranse os sábados e domingos en horario de mañá ou de tarde.