Pestanas principais

> Aula da Natureza: obradoiro de ornitoloxía e comedeiros para animais

Sábado, 4 febreiro, 2023
Ás 11:00 horas

A primeira das actividades da Aula de Natureza para o mes de febreiro é un obradoiro sobre ornitoloxía e comedeiros para paxaros. O taller está pensado para rapaces e rapazas de entre 6 e 14 anos, e desenvolverase este sábado 4 nas instalacións da Aula da Natureza, no lugar de Quintáns (Ameixenda). O horario será de 11:00 a 13:30 horas, e poñerase a disposición dos participantes un servizo de autobús, que sairá da Casa da Cultura do Milladoiro ás 10:30 horas e do Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 10:45 horas. Así mesmo, á volta, o autobús fará parada en Bertamiráns ás 13:45 e no Milladoiro ás 14:00 horas. Hai 30 prazas dispoñibles. Para participar é necesario inscribirse previamente mandando a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.