Pestanas principais

> Aula da natureza: ruta ambiental e visita etnográfica á Casa do Patron (Lalín)

Sábado, 15 abril, 2023
Ás 10:30 horas

Entre as actividades propostas para o mes de abril dende a Aula da Natureza está unha ruta ambiental e unha visita etnográfica á Casa do Patrón, en Lalín. A excursión desenvolverase o sábado, día 15, de 10:30 a 17:00 horas. Os asistentes poderán, ademais, participar da segunda quenda da elaboración dun cesto con asa. Haberá 10 prazas dispoñibles e a actividade está pensada para todos os públicos. Para o desprazamento haberá servizo de autobús, que sairá ás 10:30 horas do Pazo da Peregrina de Bertamiráns e ás 10:45 horas da Casa da Cultura do Milladoiro.