Pestanas principais

Departamento de Medio Ambiente

    • Aula da Naturaleza
      • Teléfono: 660 00 46 65
      • Horario de atención ao público de 9:00 a 14:00
      • Responsable técnico: Patricia Reboreda Cigarrán
    • Brigada de Garda Medioambiental
      • Telefono: 686 199 301
      • Horario de atención ao público de 9:00 a 14:00
      • Responsable técnico: María Victoria Arufe Vázquez.
Outros Datos: 

 

Brigada de Garda Medioambiental

  • Funcións da responsable da Brigada de Garda Medioambiental
    • Dirixir e planificar  as labores levadas a cabo pola Brigada de Garda Medioambiental
    • Coordinar a recollida de animais abandonados en zona pública  dentro do término municipal de Ames
    • Tramitar as licenzas de Animais Potencialmente Perigosos así como as  inscricións no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos de acordo a lexislación sectorial vixente.
    • Participar no deseño das campañas e do plan de actuación de medidas preventivas contra os incendios forestais
    • Xestionar e coordinar as tarefas relacionadas ca recollida de limpeza viaria, residuos domésticos (RAEE, voluminosos..)
    • Tramitar e xustificar subvencións destinadas a financiar actuacións medioambientais municipais
    • Xestionar e coordinar  as labores de desratización, desinsectación e desinfección  de  vías públicas, parques, xardíns, redes de sumidoiros,locais e dependencias de titularidade municipal.
    • Xestionar e Coordinar as labores de Prevención e Control da Lexionela nas instalacións deportivas municipais.
    • Atender a veciñanza en relación a distintas temáticas relacionadas ca lexislación sectorial forestal , de residuos, de animais etc. Informar acerca dos distintos temas ambientais para a iniciación dos seus correspondentes expedientes.
  • Funcións dos peóns  Brigada de Garda Medioambiental:
    • Recoller os distintos puntos de vertido incontrolado  das zonas públicas contribuíndo a recuperación de zonas degradadas
    • Mantemento, xestión dos rutas de sendeirismo do concello, incluíndo a realización de desbroces de maleza, vixilancia, sinalización, reposición de infraestruturas deterioradas ou destruídas, e conservación de elementos patrimoniais e arquitectónicos.
    • Participación e colaboración en campañas de sensibilización ambiental.

Responsable da Aula da Natureza

  • Funcions:

1º bloque

    • MEDIO NATURAL
      • VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES
        • Planificar e coordinar plans de control de especies exóticas invasoras.
        • Planificar e coordinar plans de conservación, mellora  recuperación e restauración de zonas degradadas.
        • Espazo Rede Natura 2000.
        • Busca, apertura, adecuación e dotación de elementos interpretativos en rutas ambientais do concello.
      • VIDA DE ECOSISTEMAS FLUVIAIS
        • Revisión dos tramos de rios e regos urbanos de competencia municipal.
        • Coordinación do Proxecto ríos no Concello de Ames.
        • Establecemento e dirección das diferentes fases do Plan de recuperación das beiras do rio Sar.
      • LOITA FRONTE A LUMES FORESTAIS
        • Coordinación dos traballos realizados ao abeiro do Plan Municipal de Plantación de frondosas caducifolias.
        • Participación no deseño e implementación dos plans municipal de defensa fronte a incendios forestais.
      • COMPOSTAXE
        • Coordinación do Programa de compostaxe comunitario do concello de Ames.
      • COORDINACIÓN DE BRIGADAS TEMPORAIS:
        • Coordinación da Brigadas Aprol forestal – fluvial.
        • Coordinación da Brigadas Aprol: actualización  PMPDIF.
        • Coordinación da Brigada de Espazos Naturais.
        • Coordinación da Brigadas de protección e defensa fronte lumes forestais baixo o amparo do convenio Xunta - Concellos.

2º bloque

    • EDUCACIÓN AMBIENTAL
      • DINAMIZACIÓN DUN PROGRAMA  DE EDUCACIÓN AMBIENTAL E ACHEGAMENTO AO MEDIO
        • Dirección, xestión e coordinación  do plan anual de educación ambiental e achegamento ao medio
      • .COLABORACIÓN COS CENTROS EDUCATIVOS MUNICIPAIS NA DIFUSIÓN DOS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DA ONU
        • Elaboración de proposta, coordinación e desenvolvemento cos centro escolares e ANPAS municipais de obradoiro, actividades  e saídas ambientais que sirvan como complemento ao currículo escolar relacionadas co medio natural e con prácticas medioambientais saudables. Ademais, a Aula recolle propostas de traballo dos centros e planifícanse proxectos en conxunto.
      • PRÁCTICAS MEDIOAMBIENTAIS SUSTENTABLES.
        • Fomento de prácticas medioambientais sustentables mediante o deseño e impartición de obradoiro e actividades en torno a campañas de aforro de enerxía no fogar.
        • Deseño e dinamización da campaña de uso racional da auga.
        • Deseño e dinamización da campaña de compostaxe familiar.
        • Deseño e dinamización da campaña Fogares verdes.
        • Deseño e dinamización da campaña oficinas sostible
    • DESEÑO, ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DAS HORTAS SOSTIBLE E SOLIDARIAS DO CONCELLO DE AMES.
    • TITORIZACIÓN DE PRÁCTICAS DE CICLOS FORMATIVOS RELACIONADOS CA EDUCACIÓN AMBIENTAL E ACHEGAMENTO AO MEDIO NATURAL E FORESTAL.

3º bloque

    • ATENCIÓN Á VECIÑANZA
      • Facilitar información medioambiental e forestal.
      • Colaboración na realización de trámites administrativos relacionados co medio rural e o medio ambiente.
      • Identificación veciñal de terreos particulares que pertencen as faixas secundarias de protección fronte a lumes forestais.
    • TRABALLOS TÉCNICOS DE XESTIÓN:
      • Tramitación de solicitude de subvencións.
      • Redacción de pregos técnicos de contratación.
      • Participación en comisións, mesas e asesoramento en tribunais.
      • Elaboración de ordenanzas.
      • Redacción de subvencións.

Novas do departamento

A Aula da Natureza organiza este sábado, 6 de abril, un obradoiro de construción de refuxios para morcegos. Esta actividade está dirixida a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos, e realizarase en horario de 11:00 a 14:00 horas na Carballeira dos Trasgos, en Paramuíño. Para inscribirse é preciso enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Ofértanse un total de 35 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición. En caso de choiva, o obradoiro farase nas instalacións da Aula da Natureza, no lugar de Quintáns (Ameixenda).

A Aula da Natureza propón para o próximo sábado 28 maio unha excursión ao Parque Natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, situado en Ribeira. Alí realizarase unha ruta ornitolóxica, guiada por profesionais da ONG ambiental SEO/BirdLife, nunhas áreas húmidas de importancia internacional polo paso de aves que aniñan no ecosistema. Haberá servizo de autobús en Bertamiráns, dende o Pazo da Peregrina, con saída ás 10:00 e regreso ás 17:45 horas. Pola súa banda, dende a Casa da Cultura do Milladoiro a ida e a volta serán ás 10:15 e ás 17:30 horas. Para inscribirse, cómpre enviar esta ficha de inscrición ao correo auladanatureza@concellodeames.gal.

“Ruta de inverno” é o título da andaina proposta pola Aula da Natureza, pertencente á Concellería de Transición Ecolóxica e do Medio Rural, para o próximo sábado 19 de decembro. A veciñanza de Ames poderá participar nun percorrido de 5 quilómetros co que se pretende dar a coñecer o bosque durante o inverno, a relevancia dos musgos e liques, os froitos de inverno e o papal da luz no sotobosque. O prazo para inscribirse está aberto ata ás 14.00 horas do venres 18 de decembro. Ofértanse 20 prazas. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

A Aula da Natureza organiza, dentro da programación de Nadal do Concello de Ames, tres novas actividades: unha observación astronómica, que se celebrará este sábado, 17 de decembro, un obradoiro de postais de Nadal con material natural, que terá lugar o domingo 18, e un campamento de natureza, entre o 27 e o 30 de decembro. Os interesados en participan deben inscribirse previamente, e para máis información pódese escribir ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono 660 00 46 65.

Xa está aberto o prazo para inscribirse nas actividades programadas para abril pola Aula da Natureza do Concello de Ames, dependente da Concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente. Durante as fins de semana deste mes desenvolveranse tres actividades: un curso de horta sostible, unha ruta ambiental e visita etnográfica á Casa do Patrón, en Lalín, e un paseo botánico por Agrón. Os interesados en participar xa poden anotarse, enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.galA programación ao completo da Aula da Natureza para o primeiro semestre do ano pode consultarse premendo nesta ligazón.

O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, organiza varias actividades micolóxicas para os meses de outubro e novembro. Ademais de dúas saídas ao campo, o 12 de outubro e o 23 de novembro, este ano engádense á lista de actividades dispoñibles dous cursos para un maior coñecemento dos cogomelos e unha exposición de acceso libre na Praza do Concello.

A Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, a través da Aula da Natureza, organiza un curso avanzado de cestería durante seis sábados dos meses de febreiro e marzo. Esta actividade será impartida polo artesán Luís do Río Pena nas instalacións da Aula da Natureza (lugar de Quintáns, na parroquia da Ameixenda) e na contorna do río Sar para a recollida de material vexetal. Ofértanse 10 prazas para este curso que se vai impartir os sábados 7, 14, 21 e 28 de febreiro e 7 e 14 de marzo, en horario de 10.00 a 14.00 horas. Para participar é necesario inscribirse previamente enviando o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. As inscrición poden tramitarse do 28 de xaneiro ata o 5 de febreiro.

A Concellaría de Transición Ecolóxica e do Medio Rural, a través da Aula da Natureza, organiza un curso de horta sostible, que se desenvolverá durante seis sábados dos meses de marzo, abril, maio e xuño, no viveiro municipal situado en Barouta. Este proxecto enmárcase dentro do programa de actividades que se van desenvolver no viveiro municipal. Ademais, o Concello vén de solicitar unha axuda para acondicionar estas instalacións co obxectivo de integrar diferentes actividades nun mesmo espazo para unha mellor comprensión da sostibilidade.

A Concellaría de Transición Ecolóxica e do Medio Rural, a través da Aula da Natureza, organiza un curso de horta sostible, que se desenvolverá durante sete sábados dos meses de setembro, outubro e novembro, no viveiro municipal situado en Barouta. Este proxecto enmárcase dentro do programa de actividades que se van desenvolver no viveiro municipal. Este curso íase a desenvolver durante os meses de primavera, pero tivo que ser suspendido debido ao confinamento declarado polo Goberno do Estado. Agora, desenvolverase tendo en conta as normas hixiénico – sanitarias marcadas polas autoridades sanitarias.

A tempada ornitolóxica, programada pola Aula da Natureza do Concello de Ames, inaugurase o próximo sábado, 22 de febreiro, cunha saída ao complexo intermareal Umia – O Grove. Haberá servizo de autobús con saída ás 10.15 horas dende a praza do Concello e ás 10.30 horas dende a Casa da Cultura do Milladoiro.  Para participar na actividade, que está dirixida a todos os públicos, é necesaria a inscrición previa enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal. Haberá que levar algo de comer xa que a chegada de regreso está prevista para as 17.00 horas ao Milladoiro e 17.15 horas a Bertamiráns. Ofértanse 50 prazas.

Eventos del departamento

A Aula da Natureza organiza para o mes de marzo unha nova actividade, un obradoiro de cestería que será impartido por Julia da Cal, creadora do atelier de deseño, artesanía e excentricidades de La Parabólica. A primeira quenda deste taller terá lugar o sábado 11 (en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas) e o domingo 12 (de 11:00 a 13:30 horas). O día 11 todos os que o desexen poderán quedarse a comer nas instalacións da Aula da Natureza. As persoas que queiran anotarse deben enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. A primeira quenda desta actividade celebrarase os días 4 e 5 de marzo.

A Aula da Natureza organiza un novo obradoiro, que nesta ocasión está encadrado dentro da programación de Nadal do Concello de Ames, para o domingo 18 de decembro. No taller ensinarase a crear postais navideñas con materiais naturais, e está enfocado a rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos. Para participar é necesario descargar e cubrir a seguinte ficha e enviala ao correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal antes do sábado 17 de decembro. 

O sábado 26 de marzo a Aula da Natureza celebra un obradoiro de elaboración e colocación de caixas niño, dirixido a todos os públicos. A proposta tratará de dar a coñecer ás aves insectívoras, chaves para o equilibrio dos ecosistemas e para a agricultura. A actividade desenvolverase de 11:00 a 18:00 horas na Aula da Natureza, e conta con 25 prazas, con servizo de autobús dende Bertamiráns e o Milladoiro. Para inscribirse, cómpre enviar esta ficha de inscrición ao correo auladanatureza@concellodeames.gal.

A Aula da Natureza organiza unha nova actividade dentro da súa programación deste outono. Trátase dun obradoiro de artesanía no que cada participante elaborará o seu propio tapiz con fibras naturais e nós de macramé. O taller terá lugar os días 12 e 13 de novembro nas instalacións da Aula, no lugar de Quintáns, pertencente á parroquia da Ameixenda, e haberá servizo de autobús dende O Milladoiro e Bertamiráns. Para participar é necesario inscribirse previamente. O prazo de inscrición estará aberto ata o 11 de novembro, e é preciso enviar a ficha de inscrición ao enderezo de correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal

A Aula da Natureza está desenvolvendo numerosas actividades dentro da súa programación de outono. Nesta ocasión prepárase un obradoiro de elaboración de xoias artesanais que se crearán a partir de materias atopadas no monte. Organízanse dúas sesións, e a primeira, dirixida a adultos, terá lugar este sábado 19, de 16:00 a 19:30 horas. Para ambas haberá servizo de autobús dende O Milladoiro e Bertamiráns. O prazo para anotarse está aberto ata o día 17, e para participar só é necesario enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

A Aula da Natureza está desenvolvendo numerosas actividades dentro da súa programación de outono. Nesta ocasión prepárase un obradoiro de elaboración de xoias artesanais que se crearán a partir de materias atopadas no monte. Organízanse dúas sesións, e a segunda, dirixida a rapaces e rapazas de entre 10 e 16 anos, terá lugar o sábado 26 de novembro, de 11:00 a 14:00 horas. Para ambas haberá servizo de autobús dende O Milladoiro e Bertamiráns. O prazo para anotarse está aberto ata o día 24, e para participar só é necesario enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

A Aula da Natureza, en colaboración co programa Apego de Normalización Lingüística, organiza no parque do Ameneiral de Bertamiráns o obradoiro “Con-tacto natural”, un novo taller sensorial ao aire libre pensado para familias con bebés de 0 a 2 anos. As crianzas estarán en contacto con elementos naturais, sentirán o tacto de diferentes materiais e descubrirán sons e aromas. Será o sábado 14 de maio, de 12:00 a 13:30 horas. As inscricións para a actividade son de balde e poderán realizarse dende o 6 ata o 12 de maio, enviando un correo ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

A Aula da Natureza do Concello de Ames, en colaboración co experto en arqueoastronomía Antón Bouza, organizaron unha actividade de observación do ceo nocturno e de astronomía cultural. Esta actividade realizarase no monte de San Marcos e terá unha duración de entre 2 e 3 horas. Haberá dúas sesións, a primeira será este sábado 23 de xullo, mentres que a segunda desenvolverase o sábado 27 de agosto. Para chegar ao monte de San Marcos haberá servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. Para participar é necesario inscribirse. Ofrécense 30 prazas para casa sesión. As prazas cubriranse por orde de inscrición. 

A Aula da Natureza do Concello de Ames, en colaboración co experto en arqueoastronomía Antón Bouza, organizaron unha actividade de observación do ceo nocturno e de astronomía cultural. Esta actividade realizarase no monte de San Marcos e terá unha duración de entre 2 e 3 horas. Haberá dúas sesións, a primeira será este sábado 23 de xullo, mentres que a segunda desenvolverase o sábado 27 de agosto. Para chegar ao monte de San Marcos haberá servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. Para participar é necesario inscribirse. Ofrécense 30 prazas para casa sesión. As prazas cubriranse por orde de inscrición.

A Aula da Natureza está desenvolvendo as diferentes actividades que compoñen a programación de outono. Deste xeito, para os meses de outubro e novembro ten previsto impartir a actividade “Outono de cogomelos”, que consta de tres saídas para recoller cogomelos que se realizarán os días 1 e 15 de outubro e 26 de novembro. Son tres saídas de campo para mellorar o coñecemento sobre estes apreciados fungos. Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos. O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto do 26 ao 29 de setembro, ás 14.00 horas. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.