Pestanas principais

A Aula da Natureza organiza para o sábado, 19 de decembro, unha andaina polas Fragas do Tambre

Luns, 14 de decembro de 2020

“Ruta de inverno” é o título da andaina proposta pola Aula da Natureza, pertencente á Concellería de Transición Ecolóxica e do Medio Rural, para o próximo sábado 19 de decembro. A veciñanza de Ames poderá participar nun percorrido de 5 quilómetros co que se pretende dar a coñecer o bosque durante o inverno, a relevancia dos musgos e liques, os froitos de inverno e o papal da luz no sotobosque. O prazo para inscribirse está aberto ata ás 14.00 horas do venres 18 de decembro. Ofértanse 20 prazas. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

A Concellería de Transición Ecolóxica e do Medio Rural, a través da Aula da Natureza, organiza a Ruta do Inverno, un percorrido de 5 quilómetros polas Fragas do río Tambre. Con esta actividade, dirixida a todos os públicos, preténdese por en valor a importancia dos bosques de ribeira típicos da paisaxe de Galicia. Trátase de dar a coñecer o bosque durante o inverno, a relevancia dos musgos e liques, os froitos de inverno e o papal da luz no sotobosque.

A ruta, que se vai desenvolver durante a mañá do sábado 19 de decembro, comezará en Lens e rematará en Oca. Durante o percorrido, os participantes serán guiados por Juanjo Blanco e Patricia Reboreda, que irán ensinándolle ás/aos participantes árbores propias da paisaxe como acevos ou ruscos.

Haberá servizo de autobús. Ás 09.45 horas, recollerase as persoas inscritas na Casa da Cultura do Milladoiro e, as 10.00 horas, na praza do Concello en Bertamiráns. Está previsto que sobre as 14.00 horas se estea de volta en Bertamiráns, e ás 14.15 horas no Milladoiro. 

Para participar é necesario inscribirse previamente. Ofértanse 20 prazas para esta actividade. O prazo para inscribirse está aberto ata ás 14.00 horas do venres 18 de decembro. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

 Novas relacionadas: 

Revista AmesGo: "Andaina polas fragas do Tambre este sábado"

Andaina.