Pestanas principais

Departamento de Medio Ambiente

    • Aula da Naturaleza
      • Teléfono: 660 00 46 65
      • Horario de atención ao público de 9:00 a 14:00
      • Responsable técnico: Patricia Reboreda Cigarrán
    • Brigada de Garda Medioambiental
      • Telefono: 686 199 301
      • Horario de atención ao público de 9:00 a 14:00
      • Responsable técnico: María Victoria Arufe Vázquez.
Outros Datos: 

 

Brigada de Garda Medioambiental

  • Funcións da responsable da Brigada de Garda Medioambiental
    • Dirixir e planificar  as labores levadas a cabo pola Brigada de Garda Medioambiental
    • Coordinar a recollida de animais abandonados en zona pública  dentro do término municipal de Ames
    • Tramitar as licenzas de Animais Potencialmente Perigosos así como as  inscricións no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos de acordo a lexislación sectorial vixente.
    • Participar no deseño das campañas e do plan de actuación de medidas preventivas contra os incendios forestais
    • Xestionar e coordinar as tarefas relacionadas ca recollida de limpeza viaria, residuos domésticos (RAEE, voluminosos..)
    • Tramitar e xustificar subvencións destinadas a financiar actuacións medioambientais municipais
    • Xestionar e coordinar  as labores de desratización, desinsectación e desinfección  de  vías públicas, parques, xardíns, redes de sumidoiros,locais e dependencias de titularidade municipal.
    • Xestionar e Coordinar as labores de Prevención e Control da Lexionela nas instalacións deportivas municipais.
    • Atender a veciñanza en relación a distintas temáticas relacionadas ca lexislación sectorial forestal , de residuos, de animais etc. Informar acerca dos distintos temas ambientais para a iniciación dos seus correspondentes expedientes.
  • Funcións dos peóns  Brigada de Garda Medioambiental:
    • Recoller os distintos puntos de vertido incontrolado  das zonas públicas contribuíndo a recuperación de zonas degradadas
    • Mantemento, xestión dos rutas de sendeirismo do concello, incluíndo a realización de desbroces de maleza, vixilancia, sinalización, reposición de infraestruturas deterioradas ou destruídas, e conservación de elementos patrimoniais e arquitectónicos.
    • Participación e colaboración en campañas de sensibilización ambiental.

Responsable da Aula da Natureza

  • Funcions:

1º bloque

    • MEDIO NATURAL
      • VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES
        • Planificar e coordinar plans de control de especies exóticas invasoras.
        • Planificar e coordinar plans de conservación, mellora  recuperación e restauración de zonas degradadas.
        • Espazo Rede Natura 2000.
        • Busca, apertura, adecuación e dotación de elementos interpretativos en rutas ambientais do concello.
      • VIDA DE ECOSISTEMAS FLUVIAIS
        • Revisión dos tramos de rios e regos urbanos de competencia municipal.
        • Coordinación do Proxecto ríos no Concello de Ames.
        • Establecemento e dirección das diferentes fases do Plan de recuperación das beiras do rio Sar.
      • LOITA FRONTE A LUMES FORESTAIS
        • Coordinación dos traballos realizados ao abeiro do Plan Municipal de Plantación de frondosas caducifolias.
        • Participación no deseño e implementación dos plans municipal de defensa fronte a incendios forestais.
      • COMPOSTAXE
        • Coordinación do Programa de compostaxe comunitario do concello de Ames.
      • COORDINACIÓN DE BRIGADAS TEMPORAIS:
        • Coordinación da Brigadas Aprol forestal – fluvial.
        • Coordinación da Brigadas Aprol: actualización  PMPDIF.
        • Coordinación da Brigada de Espazos Naturais.
        • Coordinación da Brigadas de protección e defensa fronte lumes forestais baixo o amparo do convenio Xunta - Concellos.

2º bloque

    • EDUCACIÓN AMBIENTAL
      • DINAMIZACIÓN DUN PROGRAMA  DE EDUCACIÓN AMBIENTAL E ACHEGAMENTO AO MEDIO
        • Dirección, xestión e coordinación  do plan anual de educación ambiental e achegamento ao medio
      • .COLABORACIÓN COS CENTROS EDUCATIVOS MUNICIPAIS NA DIFUSIÓN DOS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DA ONU
        • Elaboración de proposta, coordinación e desenvolvemento cos centro escolares e ANPAS municipais de obradoiro, actividades  e saídas ambientais que sirvan como complemento ao currículo escolar relacionadas co medio natural e con prácticas medioambientais saudables. Ademais, a Aula recolle propostas de traballo dos centros e planifícanse proxectos en conxunto.
      • PRÁCTICAS MEDIOAMBIENTAIS SUSTENTABLES.
        • Fomento de prácticas medioambientais sustentables mediante o deseño e impartición de obradoiro e actividades en torno a campañas de aforro de enerxía no fogar.
        • Deseño e dinamización da campaña de uso racional da auga.
        • Deseño e dinamización da campaña de compostaxe familiar.
        • Deseño e dinamización da campaña Fogares verdes.
        • Deseño e dinamización da campaña oficinas sostible
    • DESEÑO, ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DAS HORTAS SOSTIBLE E SOLIDARIAS DO CONCELLO DE AMES.
    • TITORIZACIÓN DE PRÁCTICAS DE CICLOS FORMATIVOS RELACIONADOS CA EDUCACIÓN AMBIENTAL E ACHEGAMENTO AO MEDIO NATURAL E FORESTAL.

3º bloque

    • ATENCIÓN Á VECIÑANZA
      • Facilitar información medioambiental e forestal.
      • Colaboración na realización de trámites administrativos relacionados co medio rural e o medio ambiente.
      • Identificación veciñal de terreos particulares que pertencen as faixas secundarias de protección fronte a lumes forestais.
    • TRABALLOS TÉCNICOS DE XESTIÓN:
      • Tramitación de solicitude de subvencións.
      • Redacción de pregos técnicos de contratación.
      • Participación en comisións, mesas e asesoramento en tribunais.
      • Elaboración de ordenanzas.
      • Redacción de subvencións.

Novas do departamento

“A cagada é NON recollela” é o motivo escollido polas Concellarías de Medio Ambiente e Seguridade Cidadá amesás para unha nova campaña de sensibilización, que chega ante as reiteradas queixas recibidas na sede municipal relacionadas coas molestias causadas polos excrementos de cans. O abandono de excrementos na rúa e nas zonas verdes supón un risco para a saúde pública, provoca contaminación visual, olfactiva e acuática, e dificulta as tarefas de limpeza municipais. A campaña difundirase por redes sociais, colocaranse carteis en zonas de lecer e parques, e colaborarase coa Policía Local para que reforce a vixilancia neste eido, podendo aplicar sancións dos 100 aos 500 euros.

O Concello de Ames participa novamente na iniciativa “Móllate polos ríos”. Coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), a actividade consiste na limpeza simultánea de lixo en distintos ríos e regatos de Galicia. Dende a Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural convídase á veciñanza amesá a participar desta iniciativa, que se desenvolverá este domingo, 29 de setembro, a partir das 11:00 horas, facendo unha limpeza do rego do Ameneiral durante dúas horas. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar esta ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

O Concello de Ames participa novamente na iniciativa “Móllate polos ríos”. Coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), a actividade consiste na limpeza simultánea de lixo en distintos ríos e regatos de Galicia. Dende a Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural convídase á veciñanza amesá a participar desta iniciativa, que se desenvolverá este domingo, 21 de setembro, a partir das 11:00 horas, facendo unha limpeza do rego do Ameneiral durante dúas horas. Para participar hai que estar ás 11.00 horas na praza do Concello, en Bertamiráns. Na páxina web de Proxecto Ríos atoparás máis información  sobre a iniciativa “Móllate polos ríos”, as limpezas de río, os participantes e colaboradores, etc.

A comezos de ano o Concello de Ames realizou unha intervención na Carballeira de Paramuíño, na parroquia de Biduído, para poñer en valor a flora e fauna deste lugar. Dita carballeira atópase nas inmediacións do CEP de Ventín e do campo de fútbol de Biduído. A través da intervención realizada neste lugar colocáronse varias figuras dos animais típicos que habitan unha carballeira (vacaloura, bolboreta macaón, donosiña, curuxa, píntega e peto real). Tamén se recrearon os seres das nosos contos e lendas, como trasgos ou damas. Agora déuselle continuidade a dito proxecto coa incorporación de cinco novas figuras (unha xeneta, bubela, víbora, avelaíña e xoaniña). Está previsto que de cara ao vindeiro ano se sigan colocando novas figuras. A través desta actuación trátase de poñer en valor este lugar e dalo a coñecer entre a veciñanza amesá. A recreación feita na carballeira correu a cargo da empresa amesá Escenoset. As figuras foron colocadas por persoal de Escenoset e do Concello de Ames.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de licitación das obras de instalación e montaxe dos elementos descritos no proxecto de mellora da eficiencia enerxética do alumeado do rural. O importe total da licitación é de 1.230.667 euros (IVE incluído) que van ser cofinanciados polo programa operativo FEDER de crecemento sostible e polo Concello de Ames.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de contratación dos servizos de recollida de animais domésticos abandonados, lacería e xestión de colonias felinas. Este proceso de licitación realízase mediante un procedemento aberto con varios criterios de adxudicación e tramitación anticipada. O orzamento base de licitación ascende a 331.594,80 euros, máis 69.634,91 euros de IVE, que suma un importe total 401.229,71 euros. Este novo contrato contemplará campañas de concienciación nos colexios e institutos de Ames, así como un plan que se irá realizando de xeito progresivo en todo o concello sobre a xestión das colonias felinas.

O Concello de Ames organiza para todos os veráns un programa de campamentos municipais. Este ano houbo varias novidades. Deste xeito, ampliouse a oferta da Concellaría de Transición Ecolóxica respecto dos campamentos urbanos que se desenvolven nas instalacións da Aula da Natureza. O programa de campamentos municipais rematou o pasado 5 de setembro coa finalización do campamento que se realizou na Granxa escola O Kiriko, en Fornelos de Montes. Entre os campamentos dirixidos ao alumnado de primaria, secundaria e bacharelato, así como a rapazada que participou nas actividades da Aula da Natureza, en total este verán participaron neste programa 228 rapaces e rapazas.

O Concello de Ames participou este domingo pasado, 24 de setembro, na actividade “Móllate polos ríos”. Coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), esta actividade consistiu na limpeza simultánea de lixo en distintos ríos e regatos de Galicia. As 30 persoas voluntarias que participaron en Ames percorreron dous quilómetros de diferentes tramos de ríos e regatos que pasan polo concello amesán. Deste xeito, limparon 500 metros de cada un destes ríos e regatos: Ameneiral, Rego dos Pasos, Tambre e Rego do Andoriña. O rango de idade das persoas participantes foi diversos, incluíndo voluntarios/as dos 2 ao 60 anos. A limpeza realizouse durante dúas horas e destacou a significativa participación de adolescentes e rapaces e rapazas. En xeral, todas as persoas que participaron na actividades mostraron un grande interese na limpeza dos ríos e coidado do medio natural.

Este verán 2023, a Aula da Natureza do Concello de Ames ofreceu distintos campamentos para nenos e nenas da etapa de Primaria, tanto con estadía nocturna como urbanos. En total, houbo 289 participantes de tódolos cursos. Esta oferta lúdica busca dotar á cativada das ferramentas precisas para lograr a súa autonomía e independencia, e fomentar a convivencia, a cooperación, e o respecto; ao tempo que se achega aos nenos e nenas ao medio natural, ao deporte e á cultura.

O pasado sábado 1 de xuño tivo lugar unha nova camiñada teatralizada polas Fragas do Tambre. A actividade, na que participaron 47 persoas, desenvolveuse en horario de mañá e estivo amenizada polo grupo teatral Os Quinquilláns. O percorrido de 4 quilómetros arrancou na aldea de Oca e discorreu pola capela do Corpiño e por preto do río Tambre, rematando no Pazo de Lens. Ao remate servíronse uns petiscos saudables.

Eventos del departamento

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para estes meses de primavera, na que se inclúen varios obradoiros e visitas guiadas para gozar da paraxe que nos ofrece a natureza nesta época do ano. Os días 9 e 10 de maio as protagonistas serán as plantas medicinais. Deste xeito, o venres 9 realizarase unha exposición na Casa da Cultura do Milladoiro dunhas 150 plantas medicinais coas súas respectivas fichas de identificación sobre os diferentes usos que ten cada unha delas. Nesa mesma xornada, haberá un coloquio para afondar e divulgar sobre os usos das plantas medicinais na nosa vida cotiá. A exposición estará aberta ao público de 10.00 a 21.00 horas, mentres que o coloquio sobre o uso de prantas medicinais será de 19.00 a 20.30 horas. En canto á xornada do sábado 10, realizarase unha recollida de herbas medicinais, en horario de 11.00 a 14.00 horas. Para esta última actividade, hai 40 prazas dispoñibles.

As Concellarías de Xestión do Medio Natural e Turismo organizan para este domingo unha nova camiñada teatralizada, a cargo dos Quinquilláns, que se vai a realizar o vindeiro domingo, 30 de xuño, polas Fragas do Tambre. Esta actividade, que se desenvolverá en horario de mañá, de 10.00 a 14.30 horas, arranca na aldea de Oca e discorre pola capela do Corpiño e preto do río Tambre, rematando no Pazo de Lens. O percorrido ten unha distancia de 4 quilómetros e ao remate serviranse uns petiscos saudables. Para participar é preciso inscribirse antes das 14.00 horas deste venres 28 de xuño. Para iso hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Ofértanse un total de 40 prazas. Haberá servizo de autobús. Para máis información pódese chamar aos números de teléfono: 660 00 46 65, 609 92 36 16 ou 649 45 02 64. Recoméndase levar roupa cómoda e auga.

A Aula da Natureza organiza, dentro da programación de Nadal do Concello de Ames, un "Campamento de natureza", que se celebrará entre os días 27 e 30 de decembro, e que vai dirixido a rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos. Hai un límite de 30 prazas, polo que é necesario inscribirse enviando a ficha que se pode atopar premendo nesta ligazón ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal

Obradoiro de ciencia que se desenvolverá na carpa da Praza de Manuel Murguía do Milladoiro, en dúas quendas. A primeira, das 16.30 ás 18.00 horas destinada a nenas e nenos de 6 a 8 anos e a segunda, das 18.30 ás 20.00 horas destinada a nenas e nenos de 9 a 12 anos. Para inscribirse, é necesario enviar un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal.

Obradoiro de ciecia que se desenvolverá na carpa da Praza de Chavián en dúas quendas. A primeira, destinada a nenas e nenos de 6 a 8 anos, das 16.30 ás 18.00 horas. Mentres que a segunda está destinada a nenas e nenos de 9 a 12 anos e será de 18.30 ás 20.00 horas.

A Aula da Natureza, dentro da súa programación de outono, organiza tres obradoiros denominados “Cociña de Outono”, para promover o uso de produtos propios desta época do ano como son a cabaza, as castañas e as laranxas, que serán a base das receitas que se elaboraran nestas xornadas. Estes tres obradoiros impartiranse os sábado 27 de setembro, 18 de outubro e 22 de novembro, en horario de 11.00 a 13.30 horas, nas instalación que a Aula da Natureza ten na Ameixenda. Para participar é necesario inscribirse enviando o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Haberá servizo gratuíto de autobús para achegarse ata A Ameixenda. Ofértanse un total de 60 prazas, 20 para cada obradoiro. 

A Aula da Natureza, dentro da súa programación de outono, organiza tres obradoiros denominados “Cociña de Outono”, para promover o uso de produtos propios desta época do ano como son a cabaza, as castañas e as laranxas, que serán a base das receitas que se elaboraran nestas xornadas. Estes tres obradoiros impartiranse os sábado 27 de setembro, 18 de outubro e 22 de novembro, en horario de 11.00 a 13.30 horas, nas instalación que a Aula da Natureza ten na Ameixenda. Para participar é necesario inscribirse enviando o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Haberá servizo gratuíto de autobús para achegarse ata A Ameixenda. Ofértanse un total de 60 prazas, 20 para cada obradoiro. 

A Aula da Natureza, dentro da súa programación de outono, organiza tres obradoiros denominados “Cociña de Outono”, para promover o uso de produtos propios desta época do ano como son a cabaza, as castañas e as laranxas, que serán a base das receitas que se elaboraran nestas xornadas. Estes tres obradoiros impartiranse os sábado 27 de setembro, 18 de outubro e 22 de novembro, en horario de 11.00 a 13.30 horas, nas instalación que a Aula da Natureza ten na Ameixenda. Para participar é necesario inscribirse enviando o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Haberá servizo gratuíto de autobús para achegarse ata A Ameixenda. Ofértanse un total de 60 prazas, 20 para cada obradoiro. 

Curso que forma parte das xornadas micolóxicas organizadas pola Aula da Natureza para este outono. Terá lugar na Aula da Natureza (Quintáns, parroquia de Ameixenda), con horario partido de 11.00 a 14.00 horas pola mañá e de 16.00 a 19.00 horas pola tarde. O número de prazas é de 30 previa inscrición enviando un correo a auladanatureza@concellodeames.gal.

A Aula da Natureza organiza un curso de horta sostible de setembro a novembro no viveiro municipal de Barouta. Trátase dun obradoiro práctico, de 15 prazas, con actividades de aula, horta ao aire libre e invernadoiro. Hoxe, sábado 26 de setembro, comeza a actividade que se realizará os sábados 3, 10, 17, 24 e 31 de outubro; e 7 de novembro, en horario de 16.30 a 19.30 horas. O prazo para inscribirse rematou o 24 de setembro.