- Tipo
- Tematica
A Aula da Natureza, dentro da súa programación de outono, organiza tres obradoiros denominados “Cociña de Outono”, para promover o uso de produtos propios desta época do ano como son a cabaza, as castañas e as laranxas, que serán a base das receitas que se elaboraran nestas xornadas. Estes tres obradoiros impartiranse os sábado 27 de setembro, 18 de outubro e 22 de novembro, en horario de 11.00 a 13.30 horas, nas instalación que a Aula da Natureza ten na Ameixenda. Para participar é necesario inscribirse enviando o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Haberá servizo gratuíto de autobús para achegarse ata A Ameixenda. Ofértanse un total de 60 prazas, 20 para cada obradoiro.
A Aula da Natureza do Concello de Ames volve con novas actividades para os meses de outono e inverno. A programación completa destes últimos meses do ano será presentada proximamente, pero mentres xa temos un adianto. Trátase de tres obradoiros denominados “Cociña de Outono”, para promover o uso de produtos propios desta época do ano como son a cabaza, as castañas e as laranxas, que serán a base das receitas que se elaboraran nestas tres xornadas.
Estes tres obradoiros impartiranse os sábado 27 de setembro, 18 de outubro e 22 de novembro, en horario de 11.00 a 13.30 horas, nas instalación que a Aula da Natureza ten na Ameixenda. Estes obradoiros están impartidos por persoal da Escola de pastelería infantil Dolci e Bambini.
A primeira xornada está dirixida a nenos e nenas de 6 a 14 anos, que elaborarán biscoitos de cabaza. O segundo obradoiro, que se vai celebrar o 18 de outubro, está dirixido a público adulto e van elaborar torta de queixo e castañas. A terceira e última xornada desta iniciativa vaise a celebrar o 22 de novembro para público familiar e farán galletas de castaña e laranxa.
Para participar é necesario inscribirse enviando o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Ofértanse un total de 60 prazas, 20 para cada obradoiro. As prazas cubriranse por orde de chegada dos impresos de inscrición ata esgotar as prazas existentes.
Para achegarse ata as instalacións da Aula da Natureza, situadas no lugar de Quintáns, na Ameixenda, haberá servizo gratuíto de autobús con saída ás 10.00 horas dende a Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10.15 horas dende o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns.





