Pestanas principais

Apróbase a licitación das obras para substituír o alumeado do rural por luces LED

Sábado, 26 de xuño de 2021

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de licitación das obras de instalación e montaxe dos elementos descritos no proxecto de mellora da eficiencia enerxética do alumeado do rural. O importe total da licitación é de 1.230.667 euros (IVE incluído) que van ser cofinanciados polo programa operativo FEDER de crecemento sostible e polo Concello de Ames.

As parroquias de Agrón, Ameixenda, Ames, Bugallido, Biduído, Covas, Lens, Ortoño, Piñeiro, Tapia e Transmonte son as grandes beneficiadas desta nova licitación aprobada o venres 25 de xuño na Xunta de Goberno Local. As obras que se van desenvolver inclúen a  substitución do alumeado das once parroquias amienses por luces LED, o cambio de parte do cableado e a substitución de postes da luz.

Estas obras forman parte do proxecto de mellora da eficiencia enerxética do alumeado do rural no Concello de Ames e que vai ser cofinanciado ao 80% polo programa operativo FEDER de crecemento sostible e ao 20% polo Concello de Ames.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames licita la instalación de alumbrado led en la zona rural"

El Correo Gallego: "Investimento millonario en luminarias con LED"

Compostela 24horas: "Ames aproba a licitación das obras para substituír o alumeado do rural por luces LED"

Luces na parroquia de Ortoño

Multimedia

  • Luces na parroquia de Ortoño
  • Luces na parroquia de Ortoño
  • Luces no rural