Pestanas principais

>Curso de horta sostible

Sábado, 26 setembro, 2020
Ás 16:30 horas.

A Aula da Natureza organiza un curso de horta sostible de setembro a novembro no viveiro municipal de Barouta. Trátase dun obradoiro práctico, de 15 prazas, con actividades de aula, horta ao aire libre e invernadoiro. Hoxe, sábado 26 de setembro, comeza a actividade que se realizará os sábados 3, 10, 17, 24 e 31 de outubro; e 7 de novembro, en horario de 16.30 a 19.30 horas. O prazo para inscribirse rematou o 24 de setembro.

A Concellaría de Transición Ecolóxica e do Medio Rural, a través da Aula da Natureza, organiza un curso de horta sostible, que se desenvolverá durante sete sábados dos meses de setembro, outubro e novembro, no viveiro municipal situado en Barouta. Este proxecto enmárcase dentro do programa de actividades que se van desenvolver no viveiro municipal.

Trátase dun curso práctico con actividades de aula, horta ao aire libre e invernadoiro. Impartirase os sábados 26 de setembro; 3, 10, 17, 24 e 31 de outubro; e 7 de novembro, en horario de 16.30 a 19.30 horas. Ofértanse un total de 15 prazas e o prezo da actividade é de 20 euros por persoa.

No curso os/as participantes farán un seguimento completo dunha horta no propio terreo e aprenderán diversas nocións; porque aboamos a terra e con que?; elaboración de compost e esterco; labores que hai que facer para ter a nosa horta; abancalamentos; protección dos cultivos; planificación dunha horta ao longo das estacións; calendario de cultivos; asociación e rotación de cultivos na nosa horta; tipos e épocas dos semilleiros; sementes e viveiros; coñecer e como abordar as pragas e enfermidades; cultivos de hortalizas; coidados dos diferentes cultivos...
    
As persoas que se inscriban nesta actividade deberán estar o primeiro día do curso, o sábado 26 de setembro, ás 16.30 horas, diante do CEIP de Barouta. Dende este punto de encontro desprazaranse ata as instalacións do viveiro municipal. Para obter máis información ou para inscibirse, que pecha o prazo o día 24 de setembro, hai que enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.