Pestanas principais

Departamento de Medio Ambiente

    • Aula da Naturaleza
      • Teléfono: 660 00 46 65
      • Horario de atención ao público de 9:00 a 14:00
      • Responsable técnico: Patricia Reboreda Cigarrán
    • Brigada de Garda Medioambiental
      • Telefono: 686 199 301
      • Horario de atención ao público de 9:00 a 14:00
      • Responsable técnico: María Victoria Arufe Vázquez.
Outros Datos: 

 

Brigada de Garda Medioambiental

  • Funcións da responsable da Brigada de Garda Medioambiental
    • Dirixir e planificar  as labores levadas a cabo pola Brigada de Garda Medioambiental
    • Coordinar a recollida de animais abandonados en zona pública  dentro do término municipal de Ames
    • Tramitar as licenzas de Animais Potencialmente Perigosos así como as  inscricións no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos de acordo a lexislación sectorial vixente.
    • Participar no deseño das campañas e do plan de actuación de medidas preventivas contra os incendios forestais
    • Xestionar e coordinar as tarefas relacionadas ca recollida de limpeza viaria, residuos domésticos (RAEE, voluminosos..)
    • Tramitar e xustificar subvencións destinadas a financiar actuacións medioambientais municipais
    • Xestionar e coordinar  as labores de desratización, desinsectación e desinfección  de  vías públicas, parques, xardíns, redes de sumidoiros,locais e dependencias de titularidade municipal.
    • Xestionar e Coordinar as labores de Prevención e Control da Lexionela nas instalacións deportivas municipais.
    • Atender a veciñanza en relación a distintas temáticas relacionadas ca lexislación sectorial forestal , de residuos, de animais etc. Informar acerca dos distintos temas ambientais para a iniciación dos seus correspondentes expedientes.
  • Funcións dos peóns  Brigada de Garda Medioambiental:
    • Recoller os distintos puntos de vertido incontrolado  das zonas públicas contribuíndo a recuperación de zonas degradadas
    • Mantemento, xestión dos rutas de sendeirismo do concello, incluíndo a realización de desbroces de maleza, vixilancia, sinalización, reposición de infraestruturas deterioradas ou destruídas, e conservación de elementos patrimoniais e arquitectónicos.
    • Participación e colaboración en campañas de sensibilización ambiental.

Responsable da Aula da Natureza

  • Funcions:

1º bloque

    • MEDIO NATURAL
      • VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES
        • Planificar e coordinar plans de control de especies exóticas invasoras.
        • Planificar e coordinar plans de conservación, mellora  recuperación e restauración de zonas degradadas.
        • Espazo Rede Natura 2000.
        • Busca, apertura, adecuación e dotación de elementos interpretativos en rutas ambientais do concello.
      • VIDA DE ECOSISTEMAS FLUVIAIS
        • Revisión dos tramos de rios e regos urbanos de competencia municipal.
        • Coordinación do Proxecto ríos no Concello de Ames.
        • Establecemento e dirección das diferentes fases do Plan de recuperación das beiras do rio Sar.
      • LOITA FRONTE A LUMES FORESTAIS
        • Coordinación dos traballos realizados ao abeiro do Plan Municipal de Plantación de frondosas caducifolias.
        • Participación no deseño e implementación dos plans municipal de defensa fronte a incendios forestais.
      • COMPOSTAXE
        • Coordinación do Programa de compostaxe comunitario do concello de Ames.
      • COORDINACIÓN DE BRIGADAS TEMPORAIS:
        • Coordinación da Brigadas Aprol forestal – fluvial.
        • Coordinación da Brigadas Aprol: actualización  PMPDIF.
        • Coordinación da Brigada de Espazos Naturais.
        • Coordinación da Brigadas de protección e defensa fronte lumes forestais baixo o amparo do convenio Xunta - Concellos.

2º bloque

    • EDUCACIÓN AMBIENTAL
      • DINAMIZACIÓN DUN PROGRAMA  DE EDUCACIÓN AMBIENTAL E ACHEGAMENTO AO MEDIO
        • Dirección, xestión e coordinación  do plan anual de educación ambiental e achegamento ao medio
      • .COLABORACIÓN COS CENTROS EDUCATIVOS MUNICIPAIS NA DIFUSIÓN DOS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DA ONU
        • Elaboración de proposta, coordinación e desenvolvemento cos centro escolares e ANPAS municipais de obradoiro, actividades  e saídas ambientais que sirvan como complemento ao currículo escolar relacionadas co medio natural e con prácticas medioambientais saudables. Ademais, a Aula recolle propostas de traballo dos centros e planifícanse proxectos en conxunto.
      • PRÁCTICAS MEDIOAMBIENTAIS SUSTENTABLES.
        • Fomento de prácticas medioambientais sustentables mediante o deseño e impartición de obradoiro e actividades en torno a campañas de aforro de enerxía no fogar.
        • Deseño e dinamización da campaña de uso racional da auga.
        • Deseño e dinamización da campaña de compostaxe familiar.
        • Deseño e dinamización da campaña Fogares verdes.
        • Deseño e dinamización da campaña oficinas sostible
    • DESEÑO, ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DAS HORTAS SOSTIBLE E SOLIDARIAS DO CONCELLO DE AMES.
    • TITORIZACIÓN DE PRÁCTICAS DE CICLOS FORMATIVOS RELACIONADOS CA EDUCACIÓN AMBIENTAL E ACHEGAMENTO AO MEDIO NATURAL E FORESTAL.

3º bloque

    • ATENCIÓN Á VECIÑANZA
      • Facilitar información medioambiental e forestal.
      • Colaboración na realización de trámites administrativos relacionados co medio rural e o medio ambiente.
      • Identificación veciñal de terreos particulares que pertencen as faixas secundarias de protección fronte a lumes forestais.
    • TRABALLOS TÉCNICOS DE XESTIÓN:
      • Tramitación de solicitude de subvencións.
      • Redacción de pregos técnicos de contratación.
      • Participación en comisións, mesas e asesoramento en tribunais.
      • Elaboración de ordenanzas.
      • Redacción de subvencións.

Novas do departamento

A Concellaría de Medio Ambiente informa de que xa está aberto o prazo para inscribirse na xornada formativa “Pragas e doenzas dos castiñeiros”, impartida por persoal do Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós. Será o próximo martes 11 de outubro, de 10:00 a 14:00 horas, no local social de Piñeiro. As inscricións están abertas e poden realizarse ata o 10 de outubro, enviando un correo ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

A Aula da Natureza continúa coa programación de actividades para este outono. Desta volta, abre o prazo de inscrición para as acampadas que se realizarán en dúas quendas nas instalacións da Aula no lugar de Quintáns, na Ameixenda. Poderase participar nesta actividade a fin de semana do 8 e 9 ou 15 e 16 de outubro. Estarán dedicadas ao estudo da fauna das rutas ambientais do concello de Ames. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

O Concello de Ames abre o prazo para solicitar permiso para a realización de cacharelas na noite de San Xoán (23 de xuño de 2024). No caso dos espazos públicos, o prazo comprende do 5 ao 17 de xuño, ás 13:30 horas; mentres que para os espazos privados será do 5 ao 21 de xuño, tamén ás 13:30 horas. As normas faranse extensivas á celebración de cacharelas/sardiñadas durante todo o mes de xuño. As solicitudes deberán presentarse preferentemente por rexistro telemático, a través da Sede electrónica do Concello de Ames. Tamén poderá facerse de maneira presencial nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello.

Por mor das previsións de chuvia para este sábado 12, queda adiada a saída de rastrexo diúrno de pegadas de animais. Esta é a segunda parte do ciclo “Séguelle a pista”, promovido pola Aula da Natureza na súa programación infantil-xuvenil de primavera. Neste senso, o pasado sábado 5 celebrouse a primeira metade desta proposta, un obradoiro no que a rapazada puido coñecer as pegadas dos animais máis frecuentes nos montes amesáns. As actividades da Aula da Natureza continúan en marzo, cun curso de apicultura os días 19 e 20 e cun taller de elaboración e colocación de caixas niño, o sábado 26.

O Concello de Ames anuncia o cambio de data da Feira do Monte “Tanto monte, monte tanto”, cuxa celebración estaba prevista para este sábado 22 de outubro. Debido ás inclemencias meteorolóxicas anunciadas, a Concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente decidiu adiar o evento ao próximo sábado 29 de outubro. A feira celebrarse no campo da festa da parroquia de Trasmonte co obxectivo de recuperar os oficios ligados ao monte. Preme nesta ligazón para descagar o programa da Feira do Monte.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, informa de que debido ás inclemencias meteorolóxicas se adía a Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto”, que estaba prevista para este sábado, 4 de novembro, no campo da festa da parroquia de Trasmonte. Nos próximos días anunciarase a nova data na que se desenvolverá dita feira, que será un escaparate excepcional dos oficios e dos produtos vinculados ao monte. O principal obxectivo é poñer en valor o monte e os produtos e derivados que nos ofrece.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar este venres, 15 de maio, a adxudicación do servizo de recollida de animais domésticos abandonados, lacería e xestión de colonias felinas. Dito contrato foi adxudicado á empresa Centro galego de adopción e recate de animais SL por un importe de 387.200 euros. O contrato terá unha duración de dous anos, podendo prorrogarse anualmente ata un máximo de catro anos (incluído período inicial e prorrogas). Este novo contrato contempla campañas de concienciación nos colexios e institutos de Ames, así como un plan que se irá realizando de xeito progresivo en todo o concello sobre a xestión das colonias felinas.

A Concellaría de Medio Ambiente informa de que segue aberto o prazo para inscribirse na xornada formativa “Pragas e doenzas dos castiñeiros”, impartida por persoal do Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós. Será o próximo venres 28 de outubro, de 10:00 a 14:00 horas, no local social de Piñeiro. As inscricións están abertas e poden realizarse ata este xoves, 27 de outubro, enviando un correo ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

Este martes, 3 de maio, realizouse unha xuntanza no salón de plenos da Casa do Concello na que se presentou un simulacro de emerxencia por incendio forestal con perigo para o núcleo de poboación de Aldea Nova, ante unha activación do Plan especial de protección civil ante emerxencias por incendios forestais na comunidade autónoma de Galicia (PEIFOGA) en situación 1 e o paso a situación 2. O simulacro realizarase o vindeiro 19 de maio e desenvolverase nos lugares de Roxos (parroquia de Villestro, pertencente ao concello de Santiago de Compostela), e na urbanización de Aldea Nova (parroquia de Ortoño, no concello de Ames). Comezará ás 8:45 cun incendio de nivel 1 na zona de Roxos, que ao non poder ser controlado, pasará a nivel 1 chegando ao nivel 2 ao longo da mañá.

O Concello de Ames, a través da Concellería de Medio Ambiente organizou o pasado sábado, 6 de maio, a I Feira do Pan e do Cereal. A feira, que se celebrou en Bugallido, conxugou exposicións, charlas, degustacións e obradoiros co obxectivo de animar ás persoas do rural a recuperar o cultivo das terras agrarias con cereais autóctonos como o trigo, centeo ou a cebada. O evento, que busca ser un referente dentro do seu sector, contou ademais coa colaboración de O Fogar do meu burro, do Museo do Pobo Galego e do tecido asociativo da parroquia de Bugallido. Preme nesta ligazón para ver a galería de fotos da feira.

Eventos del departamento

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para o mes de abril e está pechando as datas das actividades que se van impartir nos meses de maio e xuño. A primeira actividade, denominada “Benvida primavera”, vaise realizar este sábado 11 de abril. Trátase dun obradoiro práctico sobre as flores, que está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. En abril haberá dúas actividades máis, unha de cociña de tempada e unha camiñada teatralizada.

A Aula da Natureza anuncia o seu programa de actividades para os meses de febreiro e marzo, que inclúe varios obradoiros e saídas para gozar de diferentes contornas naturais.Para os días 15 e 23 de febreiro, está programado un curso de poda impartido por Jaime Dios. Nestas xornadas, os participantes aprenderán todo o relacionado coa poda das árbores froiteiras. Impartirase en horario 10.30 a 13.30 horas.  Hai 15 prazas dispoñibles e, para participar, é preciso de inscrición previa.

A Aula da Natureza anuncia o seu programa de actividades para os meses de febreiro e marzo, que inclúe varios obradoiros e saídas para gozar de diferentes contornas naturais.Para os días 15 e 23 de febreiro, está programado un curso de poda impartido por Jaime Dios. Nestas xornadas, os participantes aprenderán todo o relacionado coa poda das árbores froiteiras. Impartirase en horario 10.30 a 13.30 horas.  Hai 15 prazas dispoñibles e, para participar, é preciso de inscrición previa.

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para estes meses de primavera, na que se inclúen varios obradoiros e visitas guiadas para gozar da paraxe que nos ofrece a natureza nesta época do ano. Á volta de Semana Santa, o vindeiro sábado 26 de abril, terá lugar o obradoiro “Destilación de plantas aromáticas”, no que os participantes aprenderán a realizar a destilación das plantas de romeiro e eucalipto con alambique para, posteriormente, elaborar diferentes produtos. O taller realizarase nas instalacións da Aula da Natureza, en horario de 10.00 a 14.00 horas, e hai 20 prazas dispoñibles. Para participar, é preciso de inscrición previa. 

A Aula da Natureza anuncia o seu programa de actividades para os meses de febreiro e marzo, que inclúe varios obradoiros e saídas para gozar de diferentes contornas naturais. O domingo 2 de febreiro realizarase unha visita á Lagoa de Cospeito e Torre de Caldaloba en conmemoración do Día dos Humedais. Nesta actividade, os participantes poderán coñecer a fauna e flora do lugar, así como visitar un monumento declarado como BIC. Hai 40 prazas dispoñibles e, para participar, é preciso inscrición previa. Haberá servizo de autobús e sairá ás 10.30 desde o Pazo da Peregrina de Bertamiráns e, ás 10.45, desde a Casa da Cultura do Milladoiro.

A Aula da Natureza continúa coa súa programación de primavera neste mes de maio, logo do inicio da axenda estacional en abril. Catro actividades serán as que conformen o cartel deste mes, entre as que se atopan a saída ornitolóxica coa SEOBirdLife, as xornadas orientativas “O lobo. Patrimonio e lenda” e os obradoiro “Pintando natureza” e “Horta sostible”.

A Aula da Natureza continúa coa súa programación de primavera neste mes de maio, logo do inicio da axenda estacional en abril. Catro actividades serán as que conformen o cartel deste mes, entre as que se atopan a saída ornitolóxica coa SEOBirdLife, as xornadas orientativas “O lobo. Patrimonio e lenda” e os obradoiro “Pintando natureza” e “Horta sostible”.

O departamento de Medio Ambiente, a través da Aula da Natureza, organiza os días 16 e 17 de maio as I Xornadas monográficas sobre o lobo do Concello de Ames no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, as cales están enmarcadas dentro da programación deste mes. Durante estes dous días, as persoas asistentes poderán coñecer en profundidade a natureza do gran depredador salvaxe de Galicia, así como discriminar entre mitos e realidades arredor da súa figura, a través das actividades programadas.

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para estes meses de primavera, na que se inclúen varios obradoiros e visitas guiadas para gozar da paraxe que nos ofrece a natureza nesta época do ano. A primeira das actividades terá lugar o sábado 12 de abril con “O enredo de abelleiro”, unha visita guiada ao Museo Vivente do Mel para descubrir todo o relacionado co mundo da apicultura xunto cunha ruta da Fervenza das Hortas, á beira do río Iso. Esta saída, apta para todos os públicos, conta con 50 prazas e desenvolverase entre as 10.30 e 18.00 horas. Cómpre destacar que se deberán abonar 3 euros pola entrada do museo.

A Aula da Natureza anuncia o seu programa de actividades para os meses de febreiro e marzo, que inclúe varios obradoiros e saídas para gozar de diferentes contornas naturais. Xa no mes de marzo, o domingo día 2, realizarase un obradoiro para aprender a confeccionar cestería en espiral, impartido por Lola Tourón. A actividade será de 11.00 a 17.00 horas, polo que se levará comida para compartir. Hai 15 prazas dispoñibles e, para participar, é preciso realizar inscrición previa. Haberá servizo de autobús e sairá ás 10.30 da Casa da Cultura do Milladoiro e, ás 10.45 horas, do Pazo da Peregrina de Bertamiráns.