Pestanas principais

>Aula da natureza: Horta sostible

Sábado, 6 xuño, 2026
De 11.00 a 14.00 horas

A Aula da Natureza continúa coa súa programación de primavera neste mes de maio, logo do inicio da axenda estacional en abril. Catro actividades serán as que conformen o cartel deste mes, entre as que se atopan a saída ornitolóxica coa SEOBirdLife, as xornadas orientativas “O lobo. Patrimonio e lenda” e os obradoiro “Pintando natureza” e “Horta sostible”.

Pechará o mes o obradoiro “Horta sostible”, os sábados 30 de maio e 6 de xuño, en horario de 11.00 a 14.00, na Aula da Natureza. Para esta actividade tamén haberá un límite de 30 prazas e está dirixida a persoas adultas.