Pestanas principais

Departamento de Medio Ambiente

    • Aula da Naturaleza
      • Teléfono: 660 00 46 65
      • Horario de atención ao público de 9:00 a 14:00
      • Responsable técnico: Patricia Reboreda Cigarrán
    • Brigada de Garda Medioambiental
      • Telefono: 686 199 301
      • Horario de atención ao público de 9:00 a 14:00
      • Responsable técnico: María Victoria Arufe Vázquez.
Outros Datos: 

 

Brigada de Garda Medioambiental

  • Funcións da responsable da Brigada de Garda Medioambiental
    • Dirixir e planificar  as labores levadas a cabo pola Brigada de Garda Medioambiental
    • Coordinar a recollida de animais abandonados en zona pública  dentro do término municipal de Ames
    • Tramitar as licenzas de Animais Potencialmente Perigosos así como as  inscricións no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos de acordo a lexislación sectorial vixente.
    • Participar no deseño das campañas e do plan de actuación de medidas preventivas contra os incendios forestais
    • Xestionar e coordinar as tarefas relacionadas ca recollida de limpeza viaria, residuos domésticos (RAEE, voluminosos..)
    • Tramitar e xustificar subvencións destinadas a financiar actuacións medioambientais municipais
    • Xestionar e coordinar  as labores de desratización, desinsectación e desinfección  de  vías públicas, parques, xardíns, redes de sumidoiros,locais e dependencias de titularidade municipal.
    • Xestionar e Coordinar as labores de Prevención e Control da Lexionela nas instalacións deportivas municipais.
    • Atender a veciñanza en relación a distintas temáticas relacionadas ca lexislación sectorial forestal , de residuos, de animais etc. Informar acerca dos distintos temas ambientais para a iniciación dos seus correspondentes expedientes.
  • Funcións dos peóns  Brigada de Garda Medioambiental:
    • Recoller os distintos puntos de vertido incontrolado  das zonas públicas contribuíndo a recuperación de zonas degradadas
    • Mantemento, xestión dos rutas de sendeirismo do concello, incluíndo a realización de desbroces de maleza, vixilancia, sinalización, reposición de infraestruturas deterioradas ou destruídas, e conservación de elementos patrimoniais e arquitectónicos.
    • Participación e colaboración en campañas de sensibilización ambiental.

Responsable da Aula da Natureza

  • Funcions:

1º bloque

    • MEDIO NATURAL
      • VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES
        • Planificar e coordinar plans de control de especies exóticas invasoras.
        • Planificar e coordinar plans de conservación, mellora  recuperación e restauración de zonas degradadas.
        • Espazo Rede Natura 2000.
        • Busca, apertura, adecuación e dotación de elementos interpretativos en rutas ambientais do concello.
      • VIDA DE ECOSISTEMAS FLUVIAIS
        • Revisión dos tramos de rios e regos urbanos de competencia municipal.
        • Coordinación do Proxecto ríos no Concello de Ames.
        • Establecemento e dirección das diferentes fases do Plan de recuperación das beiras do rio Sar.
      • LOITA FRONTE A LUMES FORESTAIS
        • Coordinación dos traballos realizados ao abeiro do Plan Municipal de Plantación de frondosas caducifolias.
        • Participación no deseño e implementación dos plans municipal de defensa fronte a incendios forestais.
      • COMPOSTAXE
        • Coordinación do Programa de compostaxe comunitario do concello de Ames.
      • COORDINACIÓN DE BRIGADAS TEMPORAIS:
        • Coordinación da Brigadas Aprol forestal – fluvial.
        • Coordinación da Brigadas Aprol: actualización  PMPDIF.
        • Coordinación da Brigada de Espazos Naturais.
        • Coordinación da Brigadas de protección e defensa fronte lumes forestais baixo o amparo do convenio Xunta - Concellos.

2º bloque

    • EDUCACIÓN AMBIENTAL
      • DINAMIZACIÓN DUN PROGRAMA  DE EDUCACIÓN AMBIENTAL E ACHEGAMENTO AO MEDIO
        • Dirección, xestión e coordinación  do plan anual de educación ambiental e achegamento ao medio
      • .COLABORACIÓN COS CENTROS EDUCATIVOS MUNICIPAIS NA DIFUSIÓN DOS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DA ONU
        • Elaboración de proposta, coordinación e desenvolvemento cos centro escolares e ANPAS municipais de obradoiro, actividades  e saídas ambientais que sirvan como complemento ao currículo escolar relacionadas co medio natural e con prácticas medioambientais saudables. Ademais, a Aula recolle propostas de traballo dos centros e planifícanse proxectos en conxunto.
      • PRÁCTICAS MEDIOAMBIENTAIS SUSTENTABLES.
        • Fomento de prácticas medioambientais sustentables mediante o deseño e impartición de obradoiro e actividades en torno a campañas de aforro de enerxía no fogar.
        • Deseño e dinamización da campaña de uso racional da auga.
        • Deseño e dinamización da campaña de compostaxe familiar.
        • Deseño e dinamización da campaña Fogares verdes.
        • Deseño e dinamización da campaña oficinas sostible
    • DESEÑO, ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DAS HORTAS SOSTIBLE E SOLIDARIAS DO CONCELLO DE AMES.
    • TITORIZACIÓN DE PRÁCTICAS DE CICLOS FORMATIVOS RELACIONADOS CA EDUCACIÓN AMBIENTAL E ACHEGAMENTO AO MEDIO NATURAL E FORESTAL.

3º bloque

    • ATENCIÓN Á VECIÑANZA
      • Facilitar información medioambiental e forestal.
      • Colaboración na realización de trámites administrativos relacionados co medio rural e o medio ambiente.
      • Identificación veciñal de terreos particulares que pertencen as faixas secundarias de protección fronte a lumes forestais.
    • TRABALLOS TÉCNICOS DE XESTIÓN:
      • Tramitación de solicitude de subvencións.
      • Redacción de pregos técnicos de contratación.
      • Participación en comisións, mesas e asesoramento en tribunais.
      • Elaboración de ordenanzas.
      • Redacción de subvencións.

Novas do departamento

O Concello de Ames presentou esta mañá o plan municipal de incendios forestais de 2026, que inclúe as actuacións en materia de prevención de incendios e mailo dispositivo municipal de actuacións ante lumes forestais para o período estival deste ano. A finalidade deste dispositivo municipal dentro do Plan de Incendios na temporada de alto risco, que vai do 1 de xullo ao 30 de setembro, é a organización dos distintos medios persoais e materiais cos que conta o Concello para actuar dun xeito rápido e eficaz fronte a posibles incendios forestais que poidan desenvolverse en Ames. O obxectivo é que ante un incendio forestal cada grupo de intervención saiba cal é a súa labor evitando ou minimizando os imprevistos e facilitando a colaboración do Concello co director/a de extinción. Premendo nesta ligazón podes descargar o plan municipal de incendios forestais de 2026.

O Concello de Ames dá un novo paso na súa aposta polo impulso da biodiversidade e a mellora dos espazos naturais, adheríndose á Rede de Gobernos Locais +Biodiversidad. A protección do Medio Ambiente é unha das liñas estratéxicas do goberno municipal, que a través da nova Concellería de Transición Ecolóxica pretende poñer en valor as riquezas naturais e ecolóxicas do concello, á vez que seguir avanzando nas políticas ambientais postas en marcha entre as que destacan accións como o Plan de prevención de incendios, a recollida selectiva e reciclaxe do lixo, os contedores de aceite, o Punto limpo ou as campañas de reciclaxe e recollida de aveños e voluminosos que se están levando a cabo no Concello.

O Concello de Ames, cunha achega de 11.000 euros, comprométese co medio ambiente mediante un Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostible (PACES). Ademais, debido a súa adhesión á iniciativa europea “Pacto das Alcaldías polo Clima e a Enerxía”, deberá integrar os aspectos relacionados coa mitigación e a adaptación nas políticas, estratexias e plans relevantes no prazo de dous anos a partir da decisión do Concello. Para o desenvolvemento do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable do Concello de Ames (PACES AMES) cóntase co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

O Concello de Ames continúa a reforzar o seu compromiso coa sustentabilidade e a xestión responsable de residuos, a través dunha nova iniciativa de fomento da compostaxe doméstica. Para iso, o Concello vai adquirir 200 composteiros domésticos que se porán a disposición das vivendas unifamiliares do municipio que desexen autoxestionar os seus residuos orgánicos mediante a compostaxe. Ademais, como novidade, incorporará catro biotrituradoras de uso compartido para facilitar o tratamento dos restos vexetais e a obtención de material estruturante para aquelas persoas que se sumen ao programa de compostaxe.

65 concellos galegos, entre eles o de Ames, participan nesta nova edición do “Proxecto Rios”, unha acción de limpeza simultánea dos leitos fluviais, proposta pola Asociación Adega, que pretende concienciar á cidadanía sobre o estado dos ríos e a necesidade de contribuír ao seu coidado. Os voluntarios/as que desexen participar deben acudir o domingo, 26 de setembro, ás 10:30 horas á praza do Concello onde se establece o punto de encontro. Dependendo do número de voluntarios/as que se apunten, actuarase en distintos tramos dos ríos que pasan polo territorio municipal. Co obxectivo de facilitar aos/ás asistentes un seguro, os interesados/as deben enviar un e-mail a auladanatureza@concellodeames.gal, indicando o nome completo e o D.N.I. Os participantes deberán levar máscara, luvas e  respectar as medidas hixiénico sanitarias que ditamina a loita contra a COVID19.

O concelleiro de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural, Transparencia e Patrimonio, Javier Antelo, participou a semana pasada no I Foro Galicia RAEE. Tratouse dun encontro de profesionais do sector da xestión e recollida de residuos eléctricos e electrónicos que contou co patrocinio da fundación ECOLEC e PreZero e a colaboración da Xunta de Galicia. Dito foro estivo organizado pola Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos e a Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia.

Esta mañá realizouse nos concellos de Santiago de Compostela e de Ames un simulacro de emerxencia por incendio forestal, no cal se activou o Plan especial de protección civil ante emerxencias por incendios forestais na comunidade autónoma de Galicia (PEIFOGA) en situación 1 e o paso a situación 2. O simulacro desenvolveuse nos lugares de Roxos (parroquia de Villestro, pertencente ao concello de Santiago de Compostela), e na urbanización de Aldea Nova (parroquia de Ortoño, no concello de Ames). Comezou ás 8:45 cun incendio de nivel 1 na zona de Roxos, que ao non poder ser controlado, pasou ao nivel 2, arredor das 11.00 horas.

O Concello de Ames pon en marcha un ano máis o plan municipal de protección ante emerxencias por incendios forestais con motivo do inicio da tempada estival. A través deste plan, que se activa durante o verán, artéllanse e organízanse os medios persoais e materias dos que dispón o Concello de Ames para paliar as consecuencias no caso de que un incendio forestal se converta nun perigo para as persoas e os bens municipais. Varios membros dos distintos grupos de intervención ante incendios forestais reuníronse este mércores, ás 13.00h, para poñer en común o plan de actuación deste ano, así como os medios e as persoas coas que se conta.

O Concello de Ames informa á veciñanza sobre as recomendacións e medidas de seguridade para a observación da eclipse solar que terá lugar o mércores 12 de agosto. Ames será unha das localizacións privilexiadas para contemplar este fenómeno astronómico, cunha ocultación do disco solar de ata o 99,96%, dependendo da zona de observación.

“A cagada é NON recollela” é o motivo escollido polas Concellarías de Medio Ambiente e Seguridade Cidadá amesás para unha nova campaña de sensibilización, que chega ante as reiteradas queixas recibidas na sede municipal relacionadas coas molestias causadas polos excrementos de cans. O abandono de excrementos na rúa e nas zonas verdes supón un risco para a saúde pública, provoca contaminación visual, olfactiva e acuática, e dificulta as tarefas de limpeza municipais. A campaña difundirase por redes sociais, colocaranse carteis en zonas de lecer e parques, e colaborarase coa Policía Local para que reforce a vixilancia neste eido, podendo aplicar sancións dos 100 aos 500 euros.

Eventos del departamento

A Aula da Natureza anuncia o seu programa de actividades para os meses de febreiro e marzo, que inclúe varios obradoiros e saídas para gozar de diferentes contornas naturais.Para o sábado 22 de febreiro está programado un obradoiro para realizar máscaras de Entroido. Dirixido ás crianzas de entre 6 e 14 anos, nesta actividade aprenderán a deseñar e confeccionar as súas propias máscaras de Entroido con materiais naturais. O taller realizarase de 11.00 a 18.00 horas e levarase comida para compartir. Hai 20 prazas e, para participar, é preciso de inscrición previa. Haberá servizo de autobús que sairá ás 10.30 da Casa da Cultura do Milladoiro e, ás 10.45, do Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

A Aula da Natureza anuncia o seu programa de actividades para os meses de febreiro e marzo, que inclúe varios obradoiros e saídas para gozar de diferentes contornas naturais.Para o día 8 de febreiro, está previsto o obradoiro "Puntadas. Recicla, reduce, reutiliza", unha actividade dirixida ás crianzas de entre 8 e 14 anos na que poderán introducirse no mundo do deseño e a confección de pequenas prendas. O horario é de 11.00 a 17.30 horas e levarase comida para compartir entre todos. Hai 15 prazas dispoñibles e, para participar, é preciso de inscrición previa. Como vén sendo habitual, haberá servido de autobús e sairá ás 10.30 da Casa da Cultura do Milladoiro e, ás 10.45 horas, do Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para estes meses de primavera, na que se inclúen varios obradoiros e visitas guiadas para gozar da paraxe que nos ofrece a natureza nesta época do ano. A fin de semana do 23 ao 25 de maio estará dedicada aos espantallos, coa fin de recuperar a paisaxe e tradición no rural. Deste xeito, na xornada do venres o Pazo da Peregrina acollerá unha exposición na que se poderán observar diferentes pinturas e fotografías de espantallos realizada pola asociación a Cañada do Arte. Continuando con esta temática, o sábado terá lugar un obradoiro colaborativo para a creación dos nosos propios espantallos. Finalmente, na xornada do domingo, haberá unha exposición con todas as obras realizadas.

A Aula da Natureza continúa coa súa programación de primavera neste mes de maio, logo do inicio da axenda estacional en abril. Catro actividades serán as que conformen o cartel deste mes, entre as que se atopan a saída ornitolóxica coa SEOBirdLife, as xornadas orientativas “O lobo. Patrimonio e lenda” e os obradoiro “Pintando natureza” e “Horta sostible”.

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para estes meses de primavera, na que se inclúen varios obradoiros e visitas guiadas para gozar da paraxe que nos ofrece a natureza nesta época do ano. Para o domingo 27, está programado o obradoiro, “Plantas silvestres comestibles”. Nesta ocasión, os participantes aprenderán a realizar diferentes receitas de cociña con plantas silvestres comestibles. Hai 20 prazas dispoñibles e a actividade realizarase de 11.00 a 18.00 horas, nas instalacións da Aula da Natureza.

A Aula da Natureza anuncia o seu programa de actividades para os meses de febreiro e marzo, que inclúe varios obradoiros e saídas para gozar de diferentes contornas naturais. A última das actividades previstas será a ruta de sendeirismo de Riamontes, programada para o domingo 30 de marzo, unha actividade para coñecer o conxunto etnográfico dos muíños desa contorna, así como toda a paraxe natural que compón esta fermosa ruta. Hai 50 prazas e, para participar é preciso de inscrición previa. Haberá servizo de autobús e sairá ás 10.00 horas da Casa da Cultura do Milladoiro e, ás 10.15, do Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

A Aula da Natureza continúa coa súa programación de primavera neste mes de maio, logo do inicio da axenda estacional en abril. Catro actividades serán as que conformen o cartel deste mes, entre as que se atopan a saída ornitolóxica coa SEOBirdLife, as xornadas orientativas “O lobo. Patrimonio e lenda” e os obradoiro “Pintando natureza” e “Horta sostible”.

A Aula da Natureza anuncia o seu programa de actividades para os meses de febreiro e marzo, que inclúe varios obradoiros e saídas para gozar de diferentes contornas naturais. A programación dará comezo este sábado 1 de febreiro cun taller de impresión botánica téxtil – Hapa Home impartido, en horario de 11.00 a 13.00 horas, por María Luisa Mosquera e Atelier Casperlora. Hai 15 prazas dispoñibles e, para participar, é preciso inscrición previa. Haberá servizo de autobús, con saída ás 10.30 desde a Casa da Cultura do Milladoiro e, ás 10.45, desde o Pazo da Peregrina en Bertamiráns.

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para estes meses de primavera, na que se inclúen varios obradoiros e visitas guiadas para gozar da paraxe que nos ofrece a natureza nesta época do ano. O mes de maio comezará con “Vida castrexa”, unha xornada dirixida para a rapazada de 6 a 14 anos na que coñecerán de primeira man os petróglifos ou as pinturas rupestres da época da man de Francisco Ameixeras. A actividade desenvolverase o sábado 3 de maio, en horario de 11.00 a 17.30 horas, nas instalacións da Aula da Natureza, e haberá 25 prazas dispoñibles.

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para estes meses de primavera, na que se inclúen varios obradoiros e visitas guiadas para gozar da paraxe que nos ofrece a natureza nesta época do ano. Os días 9 e 10 de maio as protagonistas serán as plantas medicinais. Deste xeito, o venres 9 realizarase unha exposición na Casa da Cultura do Milladoiro dunhas 150 plantas medicinais coas súas respectivas fichas de identificación sobre os diferentes usos que ten cada unha delas. Nesa mesma xornada, haberá un coloquio para afondar e divulgar sobre os usos das plantas medicinais na nosa vida cotiá. A exposición estará aberta ao público de 10.00 a 21.00 horas, mentres que o coloquio sobre o uso de prantas medicinais será de 19.00 a 20.30 horas. En canto á xornada do sábado 10, realizarase unha recollida de herbas medicinais, en horario de 11.00 a 14.00 horas. Para esta última actividade, hai 40 prazas dispoñibles.