Pestanas principais

Departamento de Medio Ambiente

    • Aula da Naturaleza
      • Teléfono: 660 00 46 65
      • Horario de atención ao público de 9:00 a 14:00
      • Responsable técnico: Patricia Reboreda Cigarrán
    • Brigada de Garda Medioambiental
      • Telefono: 686 199 301
      • Horario de atención ao público de 9:00 a 14:00
      • Responsable técnico: María Victoria Arufe Vázquez.
Outros Datos: 

 

Brigada de Garda Medioambiental

  • Funcións da responsable da Brigada de Garda Medioambiental
    • Dirixir e planificar  as labores levadas a cabo pola Brigada de Garda Medioambiental
    • Coordinar a recollida de animais abandonados en zona pública  dentro do término municipal de Ames
    • Tramitar as licenzas de Animais Potencialmente Perigosos así como as  inscricións no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos de acordo a lexislación sectorial vixente.
    • Participar no deseño das campañas e do plan de actuación de medidas preventivas contra os incendios forestais
    • Xestionar e coordinar as tarefas relacionadas ca recollida de limpeza viaria, residuos domésticos (RAEE, voluminosos..)
    • Tramitar e xustificar subvencións destinadas a financiar actuacións medioambientais municipais
    • Xestionar e coordinar  as labores de desratización, desinsectación e desinfección  de  vías públicas, parques, xardíns, redes de sumidoiros,locais e dependencias de titularidade municipal.
    • Xestionar e Coordinar as labores de Prevención e Control da Lexionela nas instalacións deportivas municipais.
    • Atender a veciñanza en relación a distintas temáticas relacionadas ca lexislación sectorial forestal , de residuos, de animais etc. Informar acerca dos distintos temas ambientais para a iniciación dos seus correspondentes expedientes.
  • Funcións dos peóns  Brigada de Garda Medioambiental:
    • Recoller os distintos puntos de vertido incontrolado  das zonas públicas contribuíndo a recuperación de zonas degradadas
    • Mantemento, xestión dos rutas de sendeirismo do concello, incluíndo a realización de desbroces de maleza, vixilancia, sinalización, reposición de infraestruturas deterioradas ou destruídas, e conservación de elementos patrimoniais e arquitectónicos.
    • Participación e colaboración en campañas de sensibilización ambiental.

Responsable da Aula da Natureza

  • Funcions:

1º bloque

    • MEDIO NATURAL
      • VIDA DE ECOSISTEMAS TERRESTRES
        • Planificar e coordinar plans de control de especies exóticas invasoras.
        • Planificar e coordinar plans de conservación, mellora  recuperación e restauración de zonas degradadas.
        • Espazo Rede Natura 2000.
        • Busca, apertura, adecuación e dotación de elementos interpretativos en rutas ambientais do concello.
      • VIDA DE ECOSISTEMAS FLUVIAIS
        • Revisión dos tramos de rios e regos urbanos de competencia municipal.
        • Coordinación do Proxecto ríos no Concello de Ames.
        • Establecemento e dirección das diferentes fases do Plan de recuperación das beiras do rio Sar.
      • LOITA FRONTE A LUMES FORESTAIS
        • Coordinación dos traballos realizados ao abeiro do Plan Municipal de Plantación de frondosas caducifolias.
        • Participación no deseño e implementación dos plans municipal de defensa fronte a incendios forestais.
      • COMPOSTAXE
        • Coordinación do Programa de compostaxe comunitario do concello de Ames.
      • COORDINACIÓN DE BRIGADAS TEMPORAIS:
        • Coordinación da Brigadas Aprol forestal – fluvial.
        • Coordinación da Brigadas Aprol: actualización  PMPDIF.
        • Coordinación da Brigada de Espazos Naturais.
        • Coordinación da Brigadas de protección e defensa fronte lumes forestais baixo o amparo do convenio Xunta - Concellos.

2º bloque

    • EDUCACIÓN AMBIENTAL
      • DINAMIZACIÓN DUN PROGRAMA  DE EDUCACIÓN AMBIENTAL E ACHEGAMENTO AO MEDIO
        • Dirección, xestión e coordinación  do plan anual de educación ambiental e achegamento ao medio
      • .COLABORACIÓN COS CENTROS EDUCATIVOS MUNICIPAIS NA DIFUSIÓN DOS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DA ONU
        • Elaboración de proposta, coordinación e desenvolvemento cos centro escolares e ANPAS municipais de obradoiro, actividades  e saídas ambientais que sirvan como complemento ao currículo escolar relacionadas co medio natural e con prácticas medioambientais saudables. Ademais, a Aula recolle propostas de traballo dos centros e planifícanse proxectos en conxunto.
      • PRÁCTICAS MEDIOAMBIENTAIS SUSTENTABLES.
        • Fomento de prácticas medioambientais sustentables mediante o deseño e impartición de obradoiro e actividades en torno a campañas de aforro de enerxía no fogar.
        • Deseño e dinamización da campaña de uso racional da auga.
        • Deseño e dinamización da campaña de compostaxe familiar.
        • Deseño e dinamización da campaña Fogares verdes.
        • Deseño e dinamización da campaña oficinas sostible
    • DESEÑO, ESTABLECEMENTO E SEGUIMENTO DAS HORTAS SOSTIBLE E SOLIDARIAS DO CONCELLO DE AMES.
    • TITORIZACIÓN DE PRÁCTICAS DE CICLOS FORMATIVOS RELACIONADOS CA EDUCACIÓN AMBIENTAL E ACHEGAMENTO AO MEDIO NATURAL E FORESTAL.

3º bloque

    • ATENCIÓN Á VECIÑANZA
      • Facilitar información medioambiental e forestal.
      • Colaboración na realización de trámites administrativos relacionados co medio rural e o medio ambiente.
      • Identificación veciñal de terreos particulares que pertencen as faixas secundarias de protección fronte a lumes forestais.
    • TRABALLOS TÉCNICOS DE XESTIÓN:
      • Tramitación de solicitude de subvencións.
      • Redacción de pregos técnicos de contratación.
      • Participación en comisións, mesas e asesoramento en tribunais.
      • Elaboración de ordenanzas.
      • Redacción de subvencións.

Novas do departamento

A Aula da Natureza organiza o vindeiro domingo 23 de xuño unha saída para recoller as herbas de San Xoán e elaborar o cacho, unha tradición pagá con séculos de antigüidade, de celebración do solsticio de verán e protección contra as criaturas da noite. Esa actividade terá lugar nas instalacións da Aula da Natureza, no lugar de Quintáns (Ameixenda), en horario de 11:00 a 13:00 horas. É recomendable levar unha cestiña para a recollida das herbas. Non hai límite de prazas, pero é necesario inscribirse antes do 21 de xuño, enviando a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

A Concellaría de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, a través da Aula da Natureza, organiza unhas xornadas sobre plantas medicinais que se desenvolverán os días 10 e 11 de outubro. O venres 10, de 16.00 a 21.00 horas, haberá unha exposición de herbas medicinais na Casa da Cultura de Bertamiráns. Ademais, haberá dúas visitas guiadas a dita exposición, a primeira ás 18.00 horas e a segunda ás 20.00 horas. O sábado 11, de 11.00 a 14.00 horas, farase unha saída de campo para o recoñecemento de plantas medicinais. Para esta actividade hai 50 prazas dispoñibles e hai que inscribirse previamente enviando o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

A Aula da Natureza organiza o sábado e domingo 23 e 24 de abril unhas rutas ambientais nos Ancares, como parte da súa programación de primavera. Para a viaxe, as persoas participantes escollerán permanecer unha xornada ou dúas, nas que o aloxamento e a manutención non están incluídas. O sábado realizarase a ruta dos Tres Bispos partindo dende a Degrada dos Ancares, mentres que o domingo será a quenda da ruta dos Cabanillos, cunha visita a Piornedo. Para participar, cómpre enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

A Aula da Natureza vén de presentar a programación de actividades para este outono. Durante os meses de outubro e novembro vai a realizar diferentes actividades relacionadas con produtos e costumes propias desta época do ano. Deste xeito, haberá saídas para recoller castañas e cogomelos, unha acampada na Aula da Natureza, rutas teatralizadas polo rego da Andoriña, obradoiros para elaborar conservas de froitas e hortalizas e maila terceira edición da feira do monte Tanto Monte, Monte Tanto. Para inscribirse nestas actividades hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para o mes de abril e está pechando as datas das actividades que se van impartir nos meses de maio e xuño. A primeira actividade, denominada “Benvida primavera”, vaise realizar este sábado 11 de abril. Trátase dun obradoiro práctico sobre as flores, que está dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. En abril haberá dúas actividades máis, unha de cociña de tempada e unha camiñada teatralizada. Das actividades de maio e xuño informarase nas vindeiras semanas. Para inscribirse nas actividades da Aula da Natureza, é preciso enviar a ficha de inscrición, que se pode descargar na seguinte ligazón, ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

A Aula da Natureza vén de presentar a programación de actividades para este outono. Ao longo dos meses de setembro, outubro, novembro e decembro vai realizar diferentes actividades relacionadas con produtos e costumes propias desta época do ano. Deste xeito, haberá saídas para recoller castañas e cogomelos, rutas teatralizadas, avistamento de cometas, obradoiros para elaborar conservas de froitas e hortalizas, e maila cuarta edición da feira do monte Tanto Monte, Monte Tanto. Para inscribirse nestas actividades hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

A Aula da Natureza vén de presentar a nova programación de actividades para este outono. Ao longo dos meses de setembro, outubro, novembro e decembro, organizarán diferentes actividades relacionadas con produtos e costumes propias desta época do ano. Deste xeito, haberá saídas para recoller cogomelos, unha ruta teatralizada, unha saída e exposición de herbas medicinais, obradoiros de cociña con alimentos propios desta estación e a quinta edición da feira do monte Tanto Monte, Monte Tanto. Para inscribirse nestas actividades hai que enviar o impreso de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para estes meses de primavera, na que se inclúen varios obradoiros e visitas guiadas para gozar da paraxe que nos ofrece a natureza nesta época do ano. A primeira das actividades terá lugar este vindeiro sábado 12 de abril con “O enredo de abelleiro”, unha visita guiada ao Museo Vivente do Mel xunto cunha ruta da Fervenza das Hortas. Esta saída, apta para todos os públicos, conta con 50 prazas e desenvolverase entre as 10.30 e 18.00 horas. Cómpre destacar que se deberán abonar 3 euros pola entrada do museo. Para inscribirse a esta e ao resto de actividades da Aula da Natureza, é preciso enviar a ficha de inscrición, que se pode descargar na seguinte ligazón, ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

“Paseos de Cogomelos” é o título da actividade proposta pola Aula da Natureza á cidadanía de Ames para este outono. Dúas saídas guiadas no mes de outubro e dúas máis no mes de novembro levarán ás/aos participantes a identificar e recoller cogomelos polas fragas, piñeirais, prados e carballeiras de distintas parroquias de Ames. O prazo para inscribirse está aberto até ás 14 horas do xoves anterior a cada unha das saídas que se desenvolverán os sábados 17 e 31 de outubro e 14 e 28 de novembro. Ofértanse 20 prazas e o correo para anotarse é auladanatureza@concellodeames.gal.

Co avance da vacinación e a evolución epidemiolóxica volveron as actividades grupais aos colexios e institutos amesáns, cos que a Aula da Natureza está colaborando nestas últimas semanas. O IES de Ames, o CEIP de Barouta e a Escola Unitaria de Covas son os centros nos que traballou a Aula, respondendo ás solicitudes de colaboración do alumnado e dos equipos docentes e directivos, e realizando diversas accións de intervención medioambiental que tamén crean comunidade. “As saídas son un xeito máis de compartir cos compañeiros e compañeiras, de socializar, de respectar quendas e momentos e de construír algo xuntos en comunidade”, sinalou Silvia Seoane, mestra da EEI de Covas.

Eventos del departamento

A Aula da Natureza está desenvolvendo as diferentes actividades que compoñen a programación de outono. Deste xeito, para os meses de outubro e novembro ten previsto impartir a actividade “Outono de cogomelos”, que consta de tres saídas para recoller cogomelos que se realizarán os días 1 e 15 de outubro e 26 de novembro. Son tres saídas de campo para mellorar o coñecemento sobre estes apreciados fungos. Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos. O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto do 3 ao 13 de outubro. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

A Aula da Natureza está desenvolvendo as diferentes actividades que compoñen a programación de outono. Deste xeito, para os meses de outubro e novembro ten previsto impartir a actividade “Outono de cogomelos”, que consta de tres saídas para recoller cogomelos que se realizarán os días 1 e 15 de outubro e 26 de novembro. Son tres saídas de campo para mellorar o coñecemento sobre estes apreciados fungos. Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos. O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto do 14 ao 24 de novembro. Para inscribirse nesta actividade hai que enviar a ficha de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. A programación ao completo pode consultarse premendo nesta ligazón.

Na mañá do sábado 14 de maio a Aula da Natureza organiza unha ruta botánica guiada polos arredores das súas instalacións, situadas na Ameixenda, co fin de atopar e identificar no medio diferentes tipos de plantas cotiás. A actividade contará con servizo de autobús, que realizará saídas dende a Casa da Cultura do Milladoiro, ás 10:30 horas, e dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 10:45 horas. A volta aos dous núcleos urbanos principais do concello realizarase arredor das 14:00 horas. Para participar na actividade, haberá que cubrir e enviar esta ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

A Aula da Natureza organiza unha ruta de sendeirismo o día 25 de marzo que está pensada para a rapazada de entre 6 e 14 anos. Sairase dende as instalacións da Aula da Natureza e recorrerase a zona dos muíños de Riamontes. Haberá servizo de autobús, que sairá ás 10:30 horas da Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10:45 do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. O regreso farase entre as 13:45 e as 14:00 horas. As persoas que queiran anotarse deben enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.

Unha das novidades na programación de outono deste ano da Aula da Natureza é a organización de dúas rutas teatralizada polo rego da Andoriña, que xirarán arredor da natureza, da historia e da saúde. Serán os días 28 de outubro e 12 de novembro. Elaborarase un programa específico para ditas rutas que será presentado proximamente.

En abril, a Aula da Natureza organiza unha excursión aos Ancares, os días 23 e 24. Para a viaxe, as persoas participantes escollerán permanecer unha xornada ou dúas, nas que o aloxamento e a manutención non están incluídas. Deste xeito, as persoas asistentes sairán en autobús o sábado 23 de abril, da praza do Concello de Bertamiráns ás 8:00 horas e da Casa da Cultura do Milladoiro ás 8:15 horas. Logo, poderán optar por volver o mesmo día 23, ás 21:00 horas, ou ao día seguinte, o domingo 24, ás 18:00 horas.

A Aula da Natureza abre a súa oferta de febreiro a xuño para todos os públicos con “Bosque de inverno”, unha ruta ambiental duns quince quilómetros entre Bertamiráns e o Alto do San Marcos programada para o sábado 12 de febreiro, das 9:45 ás 14:00 horas. O punto de encontro para a andaina, clasificada como de dificultade media, será a praza do Concello, en Bertamiráns. Ademais, haberá un autobús dende a Casa da Cultura do Milladoiro, con saída ás 9:30 horas, para que máis persoas se poidan sumar á ruta. Durante a expedición guiada, daranse explicacións sobre os elementos naturais do val dos Pasos.

A Aula da Natureza do Concello de Ames organiza unha saída de campo para a observación, recolleita e identificación de cogomelos, de 10.30 a 18.00 horas. A actividade, pensada para todos os públicos, levarase a cabo no concello e contará con servizo de autobús dende o Milladoiro e Bertamiráns. A inscrición, limitada a 20 prazas, realizarase enviando un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Recoméndase levar unha cesta e un coitelo.

A Aula da Natureza propón para o próximo sábado 28 maio unha excursión ao Parque Natural de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, situado en Ribeira. Alí realizarase unha ruta ornitolóxica, guiada por profesionais da ONG ambiental SEO/BirdLife, nunhas áreas húmidas de importancia internacional polo paso de aves que aniñan no ecosistema. Haberá servizo de autobús en Bertamiráns, dende o Pazo da Peregrina, con saída ás 10:00 e regreso ás 17:45 horas. Pola súa banda, dende a Casa da Cultura do Milladoiro a ida e a volta serán ás 10:15 e ás 17:30 horas. Para inscribirse, cómpre enviar esta ficha de inscrición ao correo auladanatureza@concellodeames.gal.

A Aula da Natureza organiza en marzo un programa de dúas xornadas sobre os rastros dos animais, dirixido á rapazada dos 8 aos 16 anos. O sábado 5 de marzo haberá un obradoiro de pegadas, no que co fin de familiarizarse cos rastros, os rapaces e rapazas participantes realizarán reproducións das pegadas dos mamíferos máis comúns no concello. A proposta desenvolverase de 11:00 a 18:00 horas na Aula da Natureza, e contará con servizo de autobuses. Para inscribirse nas 25 prazas dispoñibles, cómpre enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.