Pestanas principais

> Ruta de sendeirismo polos Muíños de Riamontes

Sábado, 11 marzo, 2023
A partir das 10:30 horas

A Aula da Natureza organiza unha ruta de sendeirismo o día 11 de marzo que está pensada para a rapazada de entre 6 e 14 anos. Sairase dende as instalacións da Aula da Natureza e recorrerase a zona dos muíños de Riamontes. Haberá servizo de autobús, que sairá ás 10:30 horas da Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10:45 do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. O regreso farase entre as 13:45 e as 14:00 horas. As persoas que queiran anotarse deben enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal.