Pestanas principais

Departamento de Benestar Social

    • Unidade Municipal de Servizos Sociais de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidade Municipal de Servizos Sociais do Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concellaría de Benestar Social
Outros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estrutura do servizo:
    UTS : Milladoiro e Bertamiráns
    As UTS ou Unidades de Traballo Social son a "porta de entrada" ao Sistema de Servizos Sociais e ofrecen un Servizo de Información público, para toda a poboación, desde onde se facilita de forma profesional e confidencial, información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición das cidadás e cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funcións
    Nelas valóranse as necesidades, oriéntase aos recursos máis axeitados, e intervense cando as persoas así o demandan, cara a garantir unha atención persoal e social de calidade, ofrecendo:
    • Información , valoración, diagnóstico e orientación  en canto a  dereitos, recursos e intervencións sociais.
    • Xestión do Servizo de Axuda no Fogar, Xantar na Casa, Fogar de tránsito, Programa de alimentos, Renda Básica Municipal, axudas de  emerxencia social.
    • Actuacións preventivas das situacións de risco e necesidade social do conxunto da poboación, intervindo para acadar a integración social.
  • Novas relacionadas
  • Axenda

Novas do departamento

A campaña “Ames corta co machismo”, artellada desde o propio departamento de Benestar Social a base vinilos, bandeirolas e máscaras que reflicten mensaxes e frases alusivas a comportamentos machistas, ademais da proxección de dúas películas no marco do Autocine “Ames Drive Cinema”, súmanse este ano, como novidades, ás xa tradicionais Xornadas Acércate á Igualdade e Ames en Negro coas que o Concello conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. As actividades rematarán co acto institucional que se desenvolverá o propio día 25 de novembro na praza do Concello, no que se lerá o manifesto institucional, crearase un lazo lila e repartiranse camisetas e máscaras.

Marzo é o mes dedicado a enfermidade da endometriose, unha enfermidade que afecta ao 10% das mulleres en idade fértil. Ames colabora coa asociación “QuerEndo, Mulleres con Endometriose”  na conmemoración do día, polo que o vindeiro sábado, 27 de marzo,  iluminará a Casa do Concello de cor amarela.  Esta iluminación é  un símbolo de solidariedade coas mulleres que padecen a enfermidade e pretende tamén lembrar a necesidade de facer revisións e apoiar a investigación sobre a doenza. A iluminación permanecerá acesa tamén o domingo, 29 de marzo.

A praza do Concello tinxiuse onte de violeta para amosar o rexeitamento da cidadanía contra a violencia de xénero. O alcalde e varios membros da corporación municipal leron un manifesto no que se lembrou o número de vítimas, se falou do aínda vixente “teito de cristal”, se convidou aos homes a loitar pola igualdade e se  puxo o acento no papel das administracións locais na loita contra a violencia machista. Acudiron preto de 150 persoas. Moitas delas luciron as máscaras e as camisetas da campaña “Corta co machismo” que os propios traballadores de Servizos Sociais repartiron antes e despois do acto. Entregáronse ao redor de 500 tapabocas, 300 máscaras, 300 cadernos, pulseiras e bolsas. O acto comezou e rematou cun concerto de batucada a cargo da sección de mulleres de “Trópico de Grelos”. Unhas 20 persoas animáronse despois a participar nun obradoiro deste ritmo brasileiro de influencias africanas. Preme nesta ligazón para acceder á galería de imaxes e ver as fotos do acto do 25N.

Ames conmemora este mércores, 8 de marzo, o Día Internacional da Muller co evento central da súa programación con motivo do 8M, un acto institucional da praza do Concello, en Bertamiráns. A partir das 18:00 dará comezo a lectura do manifesto institucional. Ao rematar, os asistentes poderán gozar dunha actuación musical ofrecida polo alumnado da EMMA. As actividades do 8M ao completo pódense consultar premendo nesta ligazón.

Con motivo da celebración do Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+, o Concello de Ames prepara unha serie de iniciativas para o día 28 de xuño nas dúas vilas principais, Bertamiráns e O Milladoiro. Pola mañá realizarase a lectura do manifesto na Casa do Concello de Bertamiráns. Pola tarde, O Milladoiro acollerá actividades para nenos e nenas e a actuación do DJ WANA. Ademais, os monólitos de acceso ao concello lucirán a bandeira co arco da vella e o lema “Ames a quen Ames, faino con orgullo”. 

Este mércores, 28 de xuño, celébrase o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+. O Concello de Ames, a través do departamento de Igualdade, sumouse a esta conmemoración coa lectura dun manifesto reivindicativo na praza do Concello, que tivo lugar esta mañá. Ademais entregóuselle o premio ao gañador do concurso fotográfico LGTBIQ+, que se enmarca na campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. A praza do Concello, en Bertamiráns, e maila entrada da Casa da Cultura do Milladoiro permanecerán decoradas ata o luns 1 de xullo con paraugas coas cores da bandeira LGTBIQ+.

Este mércores, 28 de xuño, celébrase o Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+. O Concello de Ames, a través do departamento de Igualdade, sumouse a esta conmemoración coa lectura dun manifesto reivindicativo na praza do Concello, que tivo lugar esta mañá. Ao longo da tarde sucederanse distintas actividades para nenos e nenas no Paseo da Igualdade (no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro), así como a actuación do DJ Wana. 

A Praza do Concello acolleu esta mañá ás 12.00h un acto constitucional para conmemorar e celebrar o Día Internacional do Orgullo LGTBQI, no que se congregaron varios membros da corporación municipal, veciñanza amesá de todas as idades e traballadoras/es municipais. O acto estivo marchado pola música e a lectura dun manifesto por parte de Luísa Feijoo, concelleira de Benestar Social, María Teresa Arufe, directora do CIM de Ames, e Mónica Antelo, psicóloga do mesmo centro. A continuación,   procedeuse a colgar as bandeiras LGTBQI e TRANS do balcón da Casa do Concello e ao reparto de material da campaña ‘Liberdade de ser e sentir!’, impulsada pola Deputación da Coruña.

O Concello de Ames súmase á campaña “Cores para a Esclerose”, organizada pola Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, para conmemorar o Día Mundial da Esclerose Múltiple, que se celebra o 30 de maio de cada. A iniciativa promove a divulgación e visibilización da enfermidade dirixida aos centros de educación primaria de Santiago de Compostela, Ames, Brión, Teo e Oroso.  Ademais, o alumando poderá participar no concurso de debuxo sobre a enfermidade.

Hoxe, 26 de xuño, celebrase o Día do Orgullo LGTBIQ+ no Concello de Ames , e para conmemoralo, o Paseo da Igualdade do Milladoiro acolleu esta mañá un obradoiro de pintado de bandeiras reivindicativas, xunto coa  inauguración do novo Espazo da Diversidade. Con este novo espazo ponse de manifesto unha vez máis que Ames é un concello que loita contra calquera tipo de discriminación. Ademais, no acto de inauguración procedeuse á lectura dun manifesto da man de dous rapaces activistas da loita LGTBIQ+, Eric Gómez e Pablo González.  Podes ver máis fotos da conmemoración do Día do Orgullo LGTBIQ+ en Ames premendo neste enlace.

Eventos del departamento

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, a través do programa SaúdeAndo, organiza unha andaina urbana por Bertamiráns. Deste xeito, o xoves 15 de outubro, a ruta comezará ás 17.30 horas no centro de saúde.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, a través do programa SaúdeAndo, organiza unha andaina urbana por Bertamiráns. Deste xeito, o sábado 17 de outubro, a ruta comezará ás 09:00 horas na praza do Concello. Esta actividade requiere inscripción previa.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, a través do programa SaúdeAndo, organiza unha andaina urbana polo Milladoiro. Deste xeito, o xoves 8 de outubro, a ruta comezará ás 17.30 horas no centro de saúde.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, a través do programa SaúdeAndo, organiza unha andaina urbana polo Milladoiro. Deste xeito, o sábado 17 de outubro, a ruta comezará ás 09:00 horas na Casa da cultura. Esta actividade requiere inscripción previa.

A concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde pon en marcha o Obradoiro Autoexplórate. Co gallo do Día do Cancro de Mama, que se vai celebrar o martes 19 de outubro, a concellaría de Benestar Social quere sensibilizar sobre a importancia da detención precoz con estes dous obradoiros e unha sesión de Saúde nas prazas en que se vai impartir unha sesión de zumba. Será ás 19:30 na praza da Horta de Abaixo.

O aparcamento da Telleira acollerá os días 20, 21 e 22 de novembro o autocine "Ames Drive Cinema". O venres 20 haberá sesións de tarde para público infantil e de noite para público adulto. Ás 18.00 horas proxectarase "O que arde", de Oliver Laxe, e, ás 20.30 horas,  "Bohemian Rapsody", a historia do grupo Queen e do seu cantante Fredery Mercury. O autocine será de balde. Porén, é preciso rexistrarse de antemán na plataforma de EMESPORTS.