Presencial
Online
Sede Electrónica
venres, 4 Xullo, 2025 a luns, 4 Agosto, 2025
- Temas
Tramite activo:
Pechado
PARA QUE (FINALIDADE):
- Apoiar ás familias numerosas de Ames, fixando ao mesmo tempo poboación no concello e potenciando un crecemento demográfico sostido no tempo. A contía total destinada a esta convocatoria é de 100.000 euros, sendo o importe individual das achegas concedidas ás familias dun máximo de 1.200 euros.
QUEN PODE FACELO:
- Poden optar a estas subvencións as unidades de convivencia que teñan fixada a súa residencia habitual no Concello de Ames, cun mínimo dun ano de antigüedade ininterrompido á data de formulación da solicitude, sempre que acriditen o cumprimento dos requisitos indicados nas bases.
- Entenderase por unidade de convivencia o conxunto de persoas que convivan no mesmo marco físico e se atopen vinculadas coa persoa solicitante por matrimonio ou calquera outra forma de relación estable análoga á conxugal, por nacemento, adopción ou acollemento.
- Serán requisitos necesarios para a concesión da axuda regulada nestas bases:
- Estar en posesión do título de familia numerosa en vigor no momento da solicitude. Os/as fillos/as que dean lugar a expedición do título de familia numerosa deberán ter nacido con anterioridade ou dentro do ano 2023.
- Todos os fillos/fillas incluídos no título de familia numerosa deberán formar parte da unidade de convivencia.
- Nos supostos de nulidade, separación ou divorcio dos proxenitores, a persoa beneficiaria da prestación será o pai/nai que teña a custodia dos fillos/as, de acordo co establecido no convenio regulador ou sentenza de separación, divorcio ou modificación de medidas. Os fillos/s deben formar parte da mesma unidade de conviencia que o proxenitor que teña a custodia, xustificándoo mediante o certificado de convivencia. En caso de custodia compartida recibirase unha única achega ao proxenitor que a solicitase. No suposto de que ambos proxenitores tramitaran a solicitide por separado resolverase por orde de entrada da solicitude no Rexistro, inadmintíndose a trámite por este motivo a última solicitude.
- No caso de que un dos proxenitores se atope traballando fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, e non figure empadroado neste municipio, deberá acreditalo con copia do correspondente contrato de traballo e calquera outro documento que acredite a residencia efectiva (contrato de aluguer, etc).
- No caso de que un mesmo menor dea lugar á expedición de dous títulos de familia numerosa, só se concederá esta axuda ao proxenitor que ostente a custodia deste menor ou menores.
- No caso de familias monoparentais só se requirirá que figure empadroado cun ano de antigüedade pai ou nai que teña a custodia dos fillos/as. Entenderase a estes efectos por familia monoporantal aquela na que un dos proxenitores convive cos seus fillos/as menores ou dependentes sendo ademais o responsable único dos mesmos.
- No caso dos menores que teñan titor, requirese que figure empadroado no padrón municipal o titor/es do menor.
- En ningún caso poderán ser beneficiarios/as os proxenitores privados de patria potestade dos seus fillos/as, ou se a tutela fora asumida por unha institución pública.
- Requisitos requeridos á renda:
- As unidades de convivencia deberán ter unha renda inferior aos límites máximos de renda que se recollen nas bases desta convocatoria.
- O importe abonado en concepto de alugueiro ou hipoteca pola residencia habitual deducirase dos ingresos netos da unidade familiar, cando esta sexa a única vivenda titularidade dos membros da unidade de convivencia. O límite máximo de dudución por este concepto ascende a 6.000 euros anuais.
- A concesión destas axudas será como límite global o crédito da convocatoria indicado na base 3, priorizando a situación económica da unidade familiar no caso de que este límite non alcanzase a cubrir todas as solicitudes presentadas.
- Requisitos requeridos ao patrimonio:
- As unidade de convivencia deberán contar cun patrimonio, excluída a vivenda habitual, valorado nun importe inferior aos límites que se recollen nas bases desta convocatoria.
- Outros requisitos:
- A totalidade dos integrantes da unidade de convivencia deberán estar ao corrente na data de solicitude e do pagamento no cumprimento das súas obrigas tributarias (AEAT, Deputación e Concello de Ames) así como coa Serguridade Social. Ningún deles poderá incorrer non supostos aos que se refire o artigo 13.2 da LXS. Ningún dos integrantes da unidade de convivencia poderá ter pendente de xustificación nigunha achega concedida polo Concello, a non ser que lles fora concedida unha prórroga.
CANDO:
- Convocatoria anual.
ONDE:
- De xeito presencial, nas oficinas de asistencia en materia de rexistro, situadas na Casa do Concello e na oficina municipal do Milladoiro.
- Sede electrónica do Concello de Ames
DOCUMENTACIÓN:
- As persoas solicitantes deberán entregar xunto coa solicitude de subvención, a autorización tributaria para a cuantificación da capacidade económica da unidade familiar e a declaración responsable. Do mesmo xeito, haberá que entregar DNI/NIF ou calquera outro documento acreditativo da identidade da persoa solicitante, título de familia numerosa en vigor e un documento bancario onde se indique o número de código IBAN da conta onde haxa que efectuar o ingreso da subvención (indicando o titular da conta, que deberá coincidir coa persoa solicitante da axuda).
- De ser o caso, tamén se deberá entregar o documento orixinal do auto de medidas provisionais, da sentenza de nulidade, separación ou divorcio, así como do convenio regulador ou da sentenza de modificación de medidas; o documento orixinal acreditativo da condición de titora ou titor da ou do menor; ou dos xustificantes de pagamento do alugueiro ou da hipoteca dunha vivenda do ano obxecto da convocatoria.
RESPONSABLE:
NORMATIVA APLICABLE:




