Pestanas principais

Servizo de axuda no fogar (SAF) modalidade de libre concorrencia

Presencial
Online
Sede Electrónica
martes, 1 Xaneiro, 2019 a martes, 31 Decembro, 2019
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE (FINALIDADE):

  • O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal na súa contorna inmediata, así como fogares con menores, en que se observe a necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo.

QUEN PODE FACELO:

  • Todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención.

COMO SE FAI:

  • Presentar o modelo de instancia normalizado para este trámite debidamente cuberto, así como a documentación requirida para a súa valoración.

CANDO:

  • As solicitudes poderán presentarse en calquera momento do ano.

ONDE:

  • No rexistro electrónico do Concello así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2,1 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Nos rexistro Xeral do Concello en Bertamiráns, no rexistro da oficina municipal do Milladoiro ou en calquera dos lugares erexistros establecidos no artigo 16,4 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

DOCUMENTACIÓN:

  • Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmo domicilio, se é o caso.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.
  • Certificado de convivencia.
  • Informe médico ou clínico sobre o seu estado de saúde.
  • Certificado de discapacidade e/ou certificado do grao e nivel de dependencia, se é o caso.
  • Xustificantes de ingresos da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia:
    • Fotocopia da última declaración da renda ou, no seu defecto, certificado de imputacións do IRPF, expedido pola Axencia Tributaria correspondente.
    • Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e outros bens que posúan.
    • Xustificante de alugueiro de vivenda, se é o caso.
    • Calquera outra documentación que sexa requirida polo traballador/a social para a valoración do seu expediente.
  • Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumiraseque esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

    A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copiadixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo aresponsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

PREZO:

  • Establecido na Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar, publicada no BOP número 245 do día 26 de decembro de 2013.

DEPARTAMENTO TÉCNICO RESPONSABLE:

CONCELLARÍA RESPONSABLE:

NORMATIVA APLICABLE: