Pestanas principais

Programa de Vivendas Baleiras para inquilinos/as

Presencial
Xoves, 13 outubro, 2022
Tramite activo: 
Aberto

PARA QUE (FINALIDADE):

  • O Programa de Vivendas Baleiras persegue poñer a disposición as vivendas desocupadas do Concello, para poder destinalas a aquelas unidades familiares ou de convivencia con maior dificultade de acceso á vivenda e, de xeito prioritario, ás afectadas por procedementos de execucións hipotecarias ou por desafiuzamentos por impago da renda de alugueiro da súa vivenda habitual.

QUEN PODE FACELO:

  • As unidades familiares ou de convivencia deberán reunir os seguintes requisitos:
    • Ter uns ingresos entre 1 e 2,5 veces o IPREM, de acordo co prorrateo establecido no artigo 12. Con carácter xeral, a renda que debe aboar a persoa inquilina non debe ser superior ao 30% dos seus ingresos, cuestión que deberá de quedar debidamente acreditada no expediente de adxudicación .
    • Non ter a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia unha vivenda en propiedade, a menos que non dispoña do seu uso e disfrute, nin do usufruto doutra vivenda en todo o territorio nacional, ou se trate dunha vivenda inadecuada ou insuficiente.
    • Atoparse nunha situación persoal ou familiar que supoña unha dificultade para acceder a unha vivenda de alugueiro no mesmo municipio.
    • Non ter parentesco por vínculo de matrimonio ou outra relación estable análoga, por consanguinidade ou adopción, ata segundo grado, coas persoas arrendadoras.
    • Deberá quedar acreditado o grao de integración social. En concreto, non haberá antecedentes de ter incumprido reiteradamente as normas de convivencia. A estes efectos, poderán ser excluídas aquelas persoas que en virtude do informe emitido polos servizos sociais, conste que incumpriron reiteradamente as normas de comunidade.

COMO SE FAI:

  • Presentar a solicitude de inscrición debidamente cuberta, así como a documentación requirida para a súa valoración.

CANDO:

  • As solicitudes poderán presentarse en calquera momento do ano.

ONDE:

  • No rexistro Xeral do Concello en Bertamiráns, no rexistro da oficina municipal do Milladoiro ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16,4 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

DOCUMENTACIÓN:

  • Acreditación dos ingresos netos correspondentes a cada unha das persoas membros da unidade de convivencia, durante os tres meses anteriores ao da presentación da solicitude. Persoas perceptoras de prestacións: certificación ou informe sobre a contía da prestación percibida.
  • Fotocopia do DNI ou NIE de todas as persoas membros da unidade familiar ou de convivencia; no caso de fillos
    menores de idade que non teñan documento de identidade, fotocopia do Libro de Familia; e no caso de estranxeiros NIE.

PREZO:

  • O prezo da renda do aluguer das vivendas incorporadas ao Programa de Vivendas Baleiras non poderá ser superior á 400€. Aos efectos de determinarse o prezo das vivendas de superficie menor a 90 m2 seguiranse os seguintes criterios:
    • Para efectos de determinar dito prezo máximo, establécese unha superficie máxima computable das vivendas de 90 metros cadrados.
    • Entenderase que dito prezo máximo inclúe os anexos, rocho e garaxe, que xunto a vivenda sexan obxecto do contrato de arrendamento.
    • Deste xeito, o prezo máximo por metro cadrado destas vivendas será de 4,44€ sempre que a vivenda dispoña de rocho e garaxe. En caso contrario, poderase minorar este prezo máximo nun 8% cando careza de garaxe e nun 2% cando careza de rocho.
    • Para fixar o importe da renda, tamén se poderá ter en conta os prezos medios de mercado da zona onde este situada a vivenda, se se acredita que estes son inferiores aos obtidos mediante a aplicación do previsto neste artigo.

DEPARTAMENTO TÉCNICO RESPONSABLE:

CONCELLARÍA RESPONSABLE:

NORMATIVA APLICABLE:

Bases reguladoras do Programa Vivendas Baleiras