Pestanas principais

Solicitude de inclusión no rexistro voluntario de persoas que viven soas do Concello de Ames (Programa Conectad@s)

Presencial
Online
Sede Electrónica
martes, 1 Xaneiro, 2019 a martes, 31 Decembro, 2019
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE FINALIDADE:

  • O obxectivo é paliar o sentimento de soidade nas persoas, contando con elas como axentes principais do seu cambio, recoñecendo as súas necesidades, os seus desexos e a súa capacidade para afrontalo. Trátase de que os Servizos Sociais fagan un seguimento efectivo de todas aquelas persoas maiores e persoas que viven soas nos seus domicilios evitando ou previndo situacións de risco derivadas da vida en soidade como poden ser o illamento, detección rápida de problemas derivados de accidentes domésticos, enfermidades, etc.

QUEN PODE FACELO:

  • Todas as persoas empadroadas no Concello de Ames, que vivan solas.

COMO SE FAI:

  • Presentar o modelo de solicitude para adherirse ao programa Conectad@s coa documentación requirida.

CANDO:

  • As solicitudes poderán presentarse en calquera momento do ano.

ONDE:

  • No rexistro electrónico do Concello así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2,1 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Nos rexistro Xeral do Concello en Bertamiráns, no rexistro da oficina municipal do Milladoiro ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16,4 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común dasAdministracións Públicas.

DOCUMENTACIÓN:

  • Copia DNI.

PREZO:

  • De balde.

DEPARTAMENTO TÉCNICO RESPONSABLE:

CONCELLARÍA RESPONSABLE