Axenda

Ex., 08-12-2022
Sábado, 10 de decembro de 2022

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, dentro do seu programa de Andainas Saudables, organiza unha nova actividade pola ruta que conecta Noia e Portosín, que se desenvolverá o sábado 10 de decembro. Haberá dispoñible un servizo de autobús, con saída dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:45 horas e dende a Praza do Concello de Bertamiráns ás 10:00 horas. Para participar cómpre inscribirse premendo na seguinte ligazón ou escaneando o código QR do cartaz anexo ata o xoves 8 de decembro, ás 14:00 horas.

Domingo, 11 de decembro de 2022

O vindeiro domingo, 11 de decembro, ás 17.00 horas, celébrase a terceira festa de Nadal do programa Amessan, na Casa das persoas maiores de Bertamiráns. Haberá música a cargo do grupo de pandereteiras de Amessan e do grupo Elelas, que tamén está xestionado pola Oficina de Voluntariado de Ames. Ademais, farase unha degustación de chocolate con churros. Disporase de servizo de autobuses, baixo demanda, dende O Milladoiro e dende as parroquias. Sairá dende as paradas habituais ás 16.30 horas. Para reservar praza no autobús hai que chamar ao número de teléfono 662 377 044.

Xoves, 15 de decembro de 2022

O programa SaúdeAndo é unha iniciativa da Concellaría de Promoción da Saúde, en colaboración cos centros de saúde do Milladoiro e de Bertamiráns. Como é habitual, será dende estes propios centros de saúde onde comecen as 38 andainas circulares programadas ao longo do ano, que se organizan cada xoves de semanas alternas, ás 17:30 horas, con rutas de dificultade media-baixa e de entre unha hora e hora e media de duración. Estas saídas van sempre acompañadas da presenza dun monitor de marcha nórdica, pensado para as persoas que desexen practicar esta modalidade, sempre de maneira voluntaria.

Xoves, 22 de decembro de 2022