Presencial
Xoves, 13 outubro, 2022
Tramite activo:
Aberto
PARA QUE (FINALIDADE):
- O Programa de Vivendas Baleiras persegue poñer a disposición as vivendas desocupadas do Concello, para poder destinalas a aquelas unidades familiares ou de convivencia con maior dificultade de acceso á vivenda e, de xeito prioritario, ás afectadas por procedementos de execucións hipotecarias ou por desafiuzamentos por impago da renda de alugueiro da súa vivenda habitual.
QUEN PODE FACELO:
- Poderán solicitar a incorporación ao Programa de vivendas baleiras as persoas titulares das vivendas que cumpran os requisitos e condicións esixidas no artigo 1 das presentes bases así como as persoas físicas e xurídicas que acrediten a disposición de uso das mesmas e/ou estean habilitados para a formalización de contratos de aluguer das mesmas.
- As vivendas deben estar libres ou que non estean sometidas a limitacións para o seu alugueiro; que carezan de cargas; que estean desocupadas; que reúnan as condicións mínimas de habitabilidade; que dispoñan dos servizos básicos de auga, lixo, gas e/ou electricidade; e que dispoñan dunha cociña con electrodomésticos.
- Con carácter excepcional poderán incorporarse ao Programa vivendas ocupadas, sempre que a propietaria sexa unha persoa xurídica que ceda un mínimo de 20 vivendas, e en todo caso baixo as condicións previstas no marco dun convenio de colaboración entre o Concello de Ames e a persoa xurídica que exima ao IGVS da sinatura das pólizas de seguros de impago e responsabilidade por danos, agás que se asine un novo contrato de alugueiro. Neste suposto tratarase de vivendas ocupadas por persoas físicas que reúnan a condición de arrendatarias da persoa xurídica, podendo atoparse en situacións posesorias irregulares derivadas dun previo arrendamento como consecuencia do impago de rendas ou outras cantidades debidas polo arrendatario/a, ou expiración do termo contractual, ocupacións en precario, ou outras situacións posesorias asimiladas.
COMO SE FAI:
- Presentar a solicitude de inscrición debidamente cuberta, así como a documentación requirida para a súa valoración.
CANDO:
- As solicitudes poderán presentarse en calquera momento do ano.
ONDE:
- No rexistro Xeral do Concello en Bertamiráns, no rexistro da oficina municipal do Milladoiro ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16,4 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
DOCUMENTACIÓN:
- DNI/NIE da persoa titular da vivenda, ou quen dispoña dun dereito xurídico para efectuar o contrato de arrendamento.
- Relación de titulares da vivenda e declaración responsable (modelo documento 1).
- Nota simple informativa, actualizada, con indicación de cargas, expedida polo Rexistro da Propiedade.
- Último recibo do Imposto de Bens Inmobles (IBI) da vivenda e, no seu caso, do garaxe obxecto de arrendamento, ou certificación da referencia catastral, no seu defecto, referencia catastral do inmoble ao que pertenza a vivenda e a solicitude de
declaración catastral xunto coa documentación que permita a identificación da vivenda. - Descrición das características da vivenda e inventario de electrodomésticos e, no seu caso, mobles de que dispoña a vivenda (modelo documento 2)
- Declaración responsable de estar ao día no pagamento dos recibos de auga, luz e/ou gas.
- Declaración responsable relativa, (documento 3):
- Non existen procedementos administrativos ou xudiciais en curso que afecten á vivenda ou á súa titularidade.
- A vivenda non ten cargas que impidan o seu arrendamento e carece de limitacións por razón de legalidade urbanística.
- A vivenda está desocupada e susceptible de uso.
- Estar ao día no pagamento dos subministros da vivenda: auga, luz, gas...
- Se compromete a poñer a vivenda a disposición do Concello, para ofertala en arrendamento durante un período de tres anos, a contar desde a data de formalización do primeiro contrato de arrendamento, e a aceptar as demais condicións e servizos previstos no Programa de Vivendas Baleiras.
PREZO:
- O prezo da renda do aluguer das vivendas incorporadas ao Programa de Vivendas Baleiras non poderá ser superior á 400€. Aos efectos de determinarse o prezo das vivendas de superficie menor a 90 m2 seguiranse os seguintes criterios:
- Para efectos de determinar dito prezo máximo, establécese unha superficie máxima computable das vivendas de 90 metros cadrados.
- Entenderase que dito prezo máximo inclúe os anexos, rocho e garaxe, que xunto a vivenda sexan obxecto do contrato de arrendamento.
- Deste xeito, o prezo máximo por metro cadrado destas vivendas será de 4,44€ sempre que a vivenda dispoña de rocho e garaxe. En caso contrario, poderase minorar este prezo máximo nun 8% cando careza de garaxe e nun 2% cando careza de rocho.
- Para fixar o importe da renda, tamén se poderá ter en conta os prezos medios de mercado da zona onde este situada a vivenda, se se acredita que estes son inferiores aos obtidos mediante a aplicación do previsto neste artigo.
DEPARTAMENTO TÉCNICO RESPONSABLE:
CONCELLARÍA RESPONSABLE:
NORMATIVA APLICABLE: