Pestanas principais

Convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades complementarias aos servizos sociais comunitarios e inclusión social do Concello de Ames

Online
Sede Electrónica
mércores, 26 Abril, 2023 a xoves, 25 Maio, 2023
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE (FINALIDADE): 

O Concello de Ames busca favorecer a posta en marcha de actividades de carácter básico e social complementarias ao labor xa realizado a través dos servizos sociais do Concello, ademais de continuar a súa colaboración coas entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, nun período marcado pola situación económica e social derivada do conflito bélico en Ucraína e o incremento de prezos da enerxía e doutros bens de primeira necesidade.

Os obxectivos desta liña de axudas son a promoción da inclusión social de colectivos con dificultades de inserción; a instauración de programas de base comunitaria que desenvolvan accións preventivas; a intervención e o seguimento de persoas en risco de exclusión social; a potenciación da saúde pública, ou a formación básica e laboral adaptada ás necesidades de persoas con diversidade funcional.

CONTÍA DA LIÑA DE AXUDAS:

A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 60.000 euros.

QUEN PODE FACELO:
Poderán optar a estas subvencións as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro legalmente constituídas, que realicen actividades complementarias aos Servizos Sociais comunitarios, e que desenvolvan a súa actuación, entre outros ámbitos, no Concello de Ames.

As entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro deben estar inscritas no Rexistro de asociacións da Xunta de Galicia e atoparse ao corrente no momento da solicitude e do pagamento no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT, e Concello de Ames, así como coa Seguridade Social. As entidades solicitantes non poderán ter pendente de xustificación ningunha axuda anterior do Concello, a non ser que lle fora concedida unha prórroga.

COMO SE FAI:
As solicitudes deberán presentarse a través do rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR), en cumprimento do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. En caso de que unha entidade solicite a subvención para varios proxectos deberá presentar unha solicitude por cada proxecto de actuación.

CANDO:
O prazo para presentar as solicitudes é dun mes a contar desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP.

ONDE:

DOCUMENTACIÓN:

Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

- Descrición detallada do proxecto, programa ou actuacións para as que se solicita a subvención.

- Certificación bancaria da conta na que teña que efectuarse o ingreso da achega.

- En caso de solicitar subvención por importe superior a 3.000 euros, a entidade deberá aportar certificación acreditativa de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT, Concello de Ames, así como coa Seguridade Social, de conformidade co previsto no artigo 22 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións.

- Escritura pública ou certificación do Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia acreditativa da representación da entidade.

Deberá presentarse unha solicitude para cada exercicio no que se pretenda obter unha axuda. O feito de presentar unha solicitude para un exercicio non implicará que se considere presentada para exercicios posteriores.

RESPONSABLE:

Concellaría de Benestar Social

NORMATIVA APLICABLE: