Pestanas principais

Servizos de información e primeira atención

Dan resposta aos veciños e veciñas de  Ames á solicitude de información e orientación para o acceso aos recursos sociais e de apoio económico aos que se poida ter dereito a fin de atopar solucións ás distintas problemáticas persoais ou familiares.

Servizos de información e primeira atención

  • Axudas económicas  para necesidades básicas, para mulleres vítimas de maltrato, emerxencias familiares ou persoais.
  • Xestión de ingresos mínimos para persoas sen recursos ou que non poden traballar.
  • Servizos para a autonomía persoal e atención á dependencia.
  • Servizos específicos para persoas con discapacidade.
  • Primeira acollida a persoas migrantres.
  • Recursos de saúde e de apoio psicolóxico...
  • Servizos de apoio no fogar en situacións de falla de autonomía persoal: axuda a domicilio, axudas técnicas, teleasistencia domiciliaria, transporte adaptado, comedor e lavandaría sobre rodas.
  • Servizos para persoas drogodependentes, alcohólicos, ludópatas...
  • Servizos para a integración de menores e adolescentes.
  • Servizos para a conciliación da vida familiar e laboral.
  • Servizos para a formación básica de persoas adultas.
  • Servizos de asesoramento xurídico: tutela, acollemento ou adopción, herdanzas, desafiuzamentos, divorcios...
  • Servizos de acompañamento ao emprego para persoas con especiais dificultades.
  • Servizos de orientación e mediación para a resolución de conflitos.
  • Programas de dinamización social e de lecer para as persoas maiores
  • Alternativas de aloxamento: vivenda tránsito, Programa vivendas Baleiras, servizo de dereito a vivenda, residencias para persoas maiores e para persoas con discapacidades, casas de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero, acollementos en familias para nenos e nenas, persoas maiores ou con discapacidade.
  • Servizos de voluntariado social.

Servizo de Atención ao Migrante (SAMI)

  • Primeira acollida a persoas migrantres.
  • Proporcionar información, orientación e asesoramento ao migrante.
  • Organización de actividades: cursos de competencias lingüística, reforzo de integración, encontros interculturais...

Servizo de asesoramento xurídico

Ofrécese a posibilidade á persoa usuaria de consulta sobre aspectos xurídicos directamente cun profesional. Exclúese desta atención a defensa xurídica.

  • Dereito de Familia: Menores, incapacitacións e acollementos, separacións, divorcios e modificacións de medidas...
  • Dereito penal: malos tratos, asuntos penitenciarios e informes de cumprimento substitutorio de penas, recursos penais...
  • Dereito laboral: prestacións, despidos e sancións, incentivos e contratación...
  • Dereito administrativo: supervisión convenios de entidades asociativas municipais, infraccións e sancións administrativas, procedemento administrativo xeral...
  • Dereito civil: sucesións e herdanzas, vivenda: arrendamentos, alugueiros e desafiuzamentos...
  • Estranxeiría: permisos de residencia e traballo, reagrupacións familiares e nacionalidade, recursos e denegacións de permisos, convalidación de titulacións.