Pestanas principais

Departamento de Benestar Social

    • Unidade Municipal de Servizos Sociais de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidade Municipal de Servizos Sociais do Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concellaría de Benestar Social
Outros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estrutura do servizo:
    UTS : Milladoiro e Bertamiráns
    As UTS ou Unidades de Traballo Social son a "porta de entrada" ao Sistema de Servizos Sociais e ofrecen un Servizo de Información público, para toda a poboación, desde onde se facilita de forma profesional e confidencial, información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición das cidadás e cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funcións
    Nelas valóranse as necesidades, oriéntase aos recursos máis axeitados, e intervense cando as persoas así o demandan, cara a garantir unha atención persoal e social de calidade, ofrecendo:
    • Información , valoración, diagnóstico e orientación  en canto a  dereitos, recursos e intervencións sociais.
    • Xestión do Servizo de Axuda no Fogar, Xantar na Casa, Fogar de tránsito, Programa de alimentos, Renda Básica Municipal, axudas de  emerxencia social.
    • Actuacións preventivas das situacións de risco e necesidade social do conxunto da poboación, intervindo para acadar a integración social.
  • Novas relacionadas
  • Axenda

Novas do departamento

O Concello de Ames conmemorou este venres, 8 de marzo, o Día Internacional da Muller cun acto institucional na Casa do Concello, en Bertamiráns. O acto comezou coa lectura do manifesto institucional do Concello de Ames que abordou a fenda salarial entre homes e mulleres ou o desemprego que segue sendo unha cuestión de xénero. Dende a Corporación municipal, unha Corporación feminista composta de 12 mulleres e 9 homes, comprométense a unir forzas e loitar contra a todo aquel que pretenda unha regresión nos dereitos conquistados. De seguido, repartiuse entre as persoas que asistiron a dito acto diverso material promocional do 8M. A programación completa pode consultarse premendo nesta ligazón.

O Concello de Ames conmemorou na mañá deste luns, 10 de marzo, o Día Internacional da Muller, que ten lugar cada 8 de marzo, cun acto institucional na Casa do Concello en Bertamiráns. No acto procedeuse á lectura do manifesto institucional do Concello de Ames por parte dos membros da Corporación municipal e que, este ano, puxo o foco no avance das mensaxes negacionistas e contra as políticas de igualdade acadadas ata o momento.

O Concello de Ames conmemorou este mércores, 8 de marzo, o Día Internacional da Muller cun acto institucional na praza do Concello, en Bertamiráns. O acto comezou co reparto do material promocional do 8M e coa lectura do manifesto institucional. Ao rematar, o alumnado da Escola de Música de Ames interpretou o tema Ay Mamá de Rigoberta Bandini e as integrante da Plataforma feminista de Ames interpretaron un tema propio creado por elas mesmas chamado Mulleres. Tamén se instalou un photocall para todas e todos puideran facer unha foto con motivo do 8M. Pódense consultar os actos do 8M ao completo premendo nesta ligazón.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde porá en marcha este outono o servizo de atención temperá. Consiste nun conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno , e que ten por obxecto dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

O Concello de Ames, no marco do convenio asinado por FEGAMP e IGVS para o desenvolvemento de vivendas baleiras no ámbito do Plan Galego de rehabilitación, alugueiro  e mellora do acceso á vivenda 2015-2020, agora Pacto de vivenda de Galicia 2021-2025, vén de convén a cesión de 68 vivendas baleiras pertencentes a unha entidade bancaria para a posta a disposición das familias de Ames que o necesiten.

10 faladoiros, unha exposición e proxeccións permanentes, cursos, obradoiros e xogos. A I Feira da Saúde e o Ben-Estar que se celebra esta fin de semana no Pazo da Peregrina de Bertamiráns supón un recoñecemento para as asociacións vinculadas a temas médicos e de saúde que decotío traballan coa concellaría de Sanidade e Benestar do concello de Ames. Será ademais un escaparate que recolla o espírito e moitas das actividades de promoción da saúde que durante todo ano mantén activas o departamento a través do programa Ames Saudable. A Feira desenvolverase ao longo da mañá e da tarde do sábado, 10, e na mañá do domingo 11 de abril. Podes consultar aquí os horarios e o programa de actividades e faladoiros.

Após da sinatura do convenio para a posta en marcha do Servizo de Atención Temperá, SAT, de forma conxunta entre Ames e Teo que se materializou o día 11 de outubro de 2021, constitúese agora a "Comisión mixta de coordinación" que ten como obxectivos regular as condicións de prestación do servizo e as normas internas de xestión. Na primeira xuntanza desta comisión participaron a concelleira Igualdade e Benestar Social de Ames, Luísa Feijóo, o concelleiro de Servizos Sociais de Teo, Ignacio Iglesias, a coordinadora de Servizos Sociais de Teo, Mónica Mella, e Rosana Martínez, técnica de Promoción da Saúde de Ames. O SAT situarase nun Local habilitado na Travesía de Casalonga, 67- 1º, en Teo, e contará con servizo de psicoloxía, logopedia e terapia ocupacional. Está previsto que comece a prestar estes servizos na primeira semana de novembro.

O luns 28 de xuño o Concello de Ames celebrará o Día do Orgullo LGTBIQ+. A Concellaría de Igualdade vaise sumar á conmemoración desta data a través da campaña “Ames en Igualdade”. Ao longo da mañá repartiranse 600 plantas con flores das cores da bandeira tanto nos locais sociais do concello como en Milladoiro e Bertamiráns.

A Concellería de Benestar Social, dende o departamento de Igualdade, a través da campaña de prevención e sensibilización en contra da violencia de xénero "Non estás soa!" colocou 10 sinais de tráfico, nalgún dos puntos máis transitados do concello, que emiten mensaxes para recordar a situación de vulnerabilidade e crítica que seguen a vivir moitas mulleres, unha problemática agravada por mor da situación sanitaria da Covid-19.

Co gallo da conmemoración do Día do Orgullo LGTBIQ+, o Paseo da Igualdade do Milladoiro acollerá este venres, a partir das 11:00h, un obradoiro de pintado, e a inauguración do Espazo da Diversidade que terá lugar ás 12:00 do mediodía. Catro bancos e unha mesa pintados coas cores de distintas bandeiras reivindicativas ficarán como testemuña de que Ames é un concello que traballa a prol da loita contra calquera tipo de discriminación. No acto repartiranse lazos e pulseiras reivindicativas e escoitarase o manifesto que escribiron dous rapaces, Eric Gómez e Pablo González, activistas da loita LGTBIQ+. XEA, a Xuntanza de Empresarios de Ames, colabora na celebración engalanando os seus establecementos e ofrecendo material, tamén a aqueles comercios que non son socios. O Concello convida á veciñanza a participar do acto cumprindo as medidas hixiénicas e de seguridade que impoñen as circunstancias.

Eventos del departamento

O aparcamento da Telleira acollerá os días 20, 21 e 22 de novembro o autocine "Ames Drive Cinema". O venres 20 haberá sesións de tarde para público infantil e de noite para público adulto. Ás 18.00 horas proxectarase "O que arde", de Oliver Laxe, e, ás 20.30 horas,  "Bohemian Rapsody", a historia do grupo Queen e do seu cantante Fredery Mercury. O autocine será de balde. Porén, é preciso rexistrarse de antemán na plataforma de EMESPORTS.

O aparcamento da Telleira acollerá os días 20, 21 e 22 de novembro o autocine "Ames Drive Cinema". Para o sábado, 21, as sesións estarán orientadas a Igualdade e a violencia de xénero; na sesión infantil, ás 18.00 horas proxectarase “Brave"e "Los hombres que no amaban a las mujeres", ás 20.30 horas. O autocine será de balde. Porén, é preciso rexistrarse de antemán na plataforma de EMESPORTS.

O aparcamento da Telleira acollerá os días 20, 21 e 22 de novembro o autocine "Ames Drive Cinema". O domingo 22 haberá sesións de tarde para público infantil e de noite para público adulto. Na sesión infantil, ás 17.30 horas proxectarase "Maléfica" e, ás 20.30 horas,  "Mientras dure la guerra". O autocine será de balde. Porén, é preciso rexistrarse de antemán na plataforma de EMESPORTS.

Co galo das celebracións do Día do LGTBIQ, a obra “En otra piel” , do Teatro Foro Psiare representarase en Ames. O venres 18 de xuño, estará en Bertamiráns e o sábado 19, no Milladoiro. Ambas sesións celebraranse ás 20.00 horas. Xa se poden adquirir de balde os convites na billeteira electrónica do Concello.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o xoves 28 de decembro en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas, e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o xoves, 4 de xaneiro; e o venres, día 5, no Milladoiro, na rúa Cruxa (no cruce con Rosalía de Castro). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas o día 4 de xaneiro, e de 15:30 horas a 21:00 horas o día 5. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o martes 11 de xuño en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o luns,22 de xaneiro, no Milladoiro, na rúa Cruxa (no cruce con Rosalía de Castro). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o martes, 30 de xaneiro, en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 8 de xuño, en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario será de mañá, de 09:30 a 14.30 horas e, de tarde, de 15.30 a 21.00 horas. Por mor da pandemia da Covid-19, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.