Pestanas principais

Departamento de Benestar Social

    • Unidade Municipal de Servizos Sociais de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidade Municipal de Servizos Sociais do Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concellaría de Benestar Social
Outros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estrutura do servizo:
    UTS : Milladoiro e Bertamiráns
    As UTS ou Unidades de Traballo Social son a "porta de entrada" ao Sistema de Servizos Sociais e ofrecen un Servizo de Información público, para toda a poboación, desde onde se facilita de forma profesional e confidencial, información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición das cidadás e cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funcións
    Nelas valóranse as necesidades, oriéntase aos recursos máis axeitados, e intervense cando as persoas así o demandan, cara a garantir unha atención persoal e social de calidade, ofrecendo:
    • Información , valoración, diagnóstico e orientación  en canto a  dereitos, recursos e intervencións sociais.
    • Xestión do Servizo de Axuda no Fogar, Xantar na Casa, Fogar de tránsito, Programa de alimentos, Renda Básica Municipal, axudas de  emerxencia social.
    • Actuacións preventivas das situacións de risco e necesidade social do conxunto da poboación, intervindo para acadar a integración social.
  • Novas relacionadas
  • Axenda

Novas do departamento

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza este domingo 8 de decembro, ás 17.30 horas no Auditorio de Bertamiráns, a segunda edición da Gala da Diversidade. O evento celébrase con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, que se conmemora cada ano o 3 de decembro, e ten como obxectivo dar visibilidade e potenciar a inclusividade no ámbito das artes escénicas. A gala estará presentada pola xornalista Raquel Pérez e contará coas actuacións das asociacións para persoas con diversidade funcional DiversidArte, Aspamite, os membros dos diferentes colectivos que participan no obradoiro de Artes Vivas do Concello de Ames e tamén coa actuación musical de Silvia Penide. Ao rematar a gala haberá unha festa posterior no hall da Casa da Cultura con música, aperitivos e fotocol.

A Concellería de Benestar Social organiza para o próximo xoves, 21 de novembro, a novena edición das Xornadas Acércate de Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero. A iniciativa, que terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro, desenvolverase en dúas xornadas centradas na coeducación e no feminismo como movemento para abordar os desequilibrios de poder. Para participar nestas actividades, é necesario inscribirse a través desta páxina web . Ademais, vaise a realizar un obradoiro de bo trato dirixido ao alumnado de 1º da ESO dos IES de Milladoiro e Bertamiráns e vaise a desenvolver a campaña “Súmate á Igualdade, súmate á solución”, que estará vixente durante todo o ano.

A Concellería de Benestar Social organiza para os días 17, 18 e 19 de novembro, a décima edición das Xornadas Acércate de igualdade e prevención da violencia de xénero. A iniciativa desenvolverase vía online en tres xornadas centradas na coeducación e no feminismo como movemento para abordar os desequilibrios de poder. Para participar nestas actividades é necesario inscribirse a través desta páxina web.

O vindeiro sábado, 17 de xuño, a partir das 12.00 horas, celebrase en Ames un novo Encontro Intercultural no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Ademais da degustación de pratos típicos de diferentes nacionalidades, os asistentes poderán desfrutar dun obradoiro de cociña denominado “Cambio climático no prato”, da peza teatral “Vaia Tea!” de Xucrut Teatre, dunha actuación musical a cargo do músico venezolano Misael Sánchez e dun posto informativo e de venda de comercio xusto. Para participar no obradoiro de cociña hai que inscribirse previamente a través deste formulario web. Trátase dun obradoiro de cociña sostible para concienciar á poboación sobre a cociña de aproveitamento.

Esta mañá presentouse a “Ruta urbana 8M”, un roteiro circular polas zonas verdes de Bertamiráns no que se instalaron monólitos dedicados a mulleres relevantes, entre elas a escritora e veciña de Ames, Filomena Fraga. A ruta constitúe a acción principal de “Ames en igualdade”, a campaña coa que o Concello de Ames conmemora este ano o 8 de marzo. Ademais, o propio Día  da Muller, ás 18:30 horas, cos espazos marcados e mantendo todas as medidas de seguridade que impón a loita contra a pandemia, celebrarase o acto central do 8M na praza do Concello. Como adoita acontecer todos os anos, lerase o Manifesto Institucional. Após da lectura, a celebración continuará na praza da Maía, onde se descubrirá o monólito que se dedica á escritora e veciña de Ames, Filomena Fraga na ruta M8. Ademais, hoxe, 5 de marzo, proxectase o filme “María Soliña” nunha nova sesión de autocine no Milladoiro. Preme nestas ligazóns para descargar as fichas coa biografía das Mulleres Magníficas e mailas postais de 8M Mulleres Magníficas.

O Concello de Ames conmemorou este martes, 8 de marzo, o Día Internacional da Muller cun acto institucional na praza do Concello, en Bertamiráns. As encargadas de dar lectura ao manifesto institucional foron o alcalde, Blas García; a concelleira de Igualdade, Luísa Feijóo; a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero; a concelleira de Mocidade e Normalización Lingüística, Escarlata Pampín; a voceira do grupo municipal popular, Oliva Agra; e mailo concelleiro de Ames Novo, Quique Costas. Ao rematar, realizouse de forma guiada a ruta urbana 8M partindo dende a praza da Maía, onde o pasado ano se instalara un monólito en honra á escritora amesá Filomena Fraga. Pódense consultar os actos do 8M ao completo premendo nesta ligazón.

Cultivar, nutrir, preservar. XUNT@S é o lema co que se conmemora este ano o Día Mundial da Alimentación. Desde o departamento de Benestar Social, o concello de Ames lembra á cidadanía a necesidade de traballar tanto individualmente como en comunidade para conseguir que a alimentación sostible e saudable chegue a todos e a todas. Programas como "Comparte do teu", "Hortas Urbanas", ou  "Cestas Saudables" ,  comparten esta filosofía que tamén se aplica nos comedores escolares e no Banco Municipal de Alimentos.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, vén de aboar o pagamento dunha axuda de 2.000 euros, que se enmarca no convenio subscrito coa entidade Solidariedade Internacional de Galicia, co obxecto de colaborar co programa galego de acollida temporal a mulleres defensoras de dereitos humanos denominado Galicia Abriga. Trátase dun programa de acollida temporal para mulleres que defenden os dereitos humanos en países con presenza da cooperación galega.

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle o vindeiro martes, 20 de maio, de 10:00 a 13:30 horas, a charla informativa para persoas migrantes sobre o novo regulamento de estranxeiría. O xefe da Oficina de Estranxeiría da Coruña, Julio Simón, impartirá unha charla informativa; ofrecerase asesoramento en trámites e xestións habituais na Administración electrónica; e abordarase a tramitación de certificado dixital ou cl@ve permanente con informáticos da Subdelegación do Goberno. Esta actividade está financiada polo Ministerio de Política Territorial do Goberno de España. Para participar nesta actividade ofértanse 50 prazas (25 para persoal técnico e 25 para público en xeral). Hai que enviar un correo electrónico a servizos_sociaismilla@concellodeames.gal. A data límite para inscribirse é o venres 16 de maio.

Ames conmemora este venres, 8 de marzo, o Día Internacional da Muller co evento central da súa programación con motivo do 8M, un acto institucional da praza do Concello, en Bertamiráns. Arredor das 11:00 lerase o manifesto institucional e repartirase material promocional. Hoxe, 7 de marzo, a Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu a representación de “As Fillas Bravas de Momán”, do Grupo Chévere. Esta representación teatral estivo dirixida ao alumnado dos IES de Bertamiráns e do Milladoiro. A programación completa pode consultarse premendo nesta ligazón.

Eventos del departamento

O xoves 7 de marzo, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a representación de “As Fillas Bravas de Momán”, ás 12:00 horas. Esta representación teatral dirixida ao alumnado dos IES de Bertamiráns e do Milladoiro correrá a cargo do Grupo Chévere.

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames, comeza unha nova tempada na que organizará novas actividades de formación en novas tecnoloxías e outras cuestións de interese. A primeira actividade, un obradoiro avanzado de LibreOffice, está prevista para este sábado, 21 de setembro, de 11:30 a 13:30 horas, no Milladoiro. Trátase dunha actividade impartida por persoal da Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón.

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames, organiza un obradoiro avanzado de LibreOffice. Esta actividade impartirase o sábado, 11 de maio, en horario de 11:00 a 13:00 horas. Trátase dunha actividade impartida por persoal da Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre.

Os participantes deberán levar un equipo propio cunha instalación de LibreOffice. A actividade impartirase na Oficina de Software Libre e Banco de Reciclaxe de Ames, situada no antigo centro de saúde do Milladoiro, na rúa Agro do Medio, número 8.

Obradoiro de iniciación na marcha nórdica no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Terá unha duración de aproximadamente 2 horas con pausas. É unha actividade de balde, destinada a maiores de 12 anos. Requírese inscrición previa enviando un correo a promociondesaude@concellodeames.gal ou pódese chamar ao 649 450 264.

Obradoiro de iniciación na marcha nórdica no Pavillón Polideportivo do Milladoiro. Terá unha duración de aproximadamente 2 horas con pausas. É unha actividade de balde, destinada a maiores de 12 anos. Requírese inscrición previa enviando un correo a promociondesaude@concellodeames.gal ou pódese chamar ao 649 450 264.

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames, organiza un taller de posta a punto, reciclaxe e instalación de computadores. Esta actividade impartirase o sábado, 27 de abril, en horario de 11:30 a 13:00 horas. Trátase dunha actividade impartida por persoal da Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón.

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames, organiza un obradoiro para converter o teu PC nunha máquina recreativa, Esta actividade está prevista para este sábado, 28 de setembro, de 11:30 a 13:30 horas, no Milladoiro.

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellería de Benestar Social do Concello de Ames, organiza un repair cafe de equipos informáticos. Esa actividade impartirase o sábado 8 de xuño, en horario de 11:30 a 13:00 horas. Trátase dunha actividade impartida por persoal da Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre.

A programación de “Activa o teu Outono” inclúe diferentes andainas urbanas do programa SaúdeAndo. Deste xeito, este xoves 17 de setembro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase unha andaina urbana por Bertamiráns. Esta andaina ten saída e chegada no centro de saúde desta localidade.

A programación de “Activa o teu Outono” inclúe diferentes andainas urbanas do programa SaúdeAndo. Deste xeito, este xoves 24 de setembro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase unha andaina urbana polo Milladoiro. Esta andaina ten saída e chegada no centro de saúde desta localidade.