Pestanas principais

Solicitude da tarxeta de estacionamento de vehículos para persoas discapacitadas con mobilidade reducida

Presencial
Online
Sede Electrónica
martes, 1 Xaneiro, 2019 a martes, 31 Decembro, 2019
Tramite activo: 
Aberto

PARA QUE (FINALIDADE):

Favorecer a aquelas persoas con mobilidade reducida, ou que teñan recoñecida unha discapacidade visual que implique un grao de limitacións na actividade igual ou superior ao 75%, o uso de transportes privados de cara a facilitar o seu estacionamento.

QUEN PODE FACELO:

  • Poderán ser beneficiarias da tarxeta de estacionamento de vehículos todas aquelas persoas que, estando empadroadas no Concello de Ames, teñan recoñecida mobilidade reducida polo Equipo de Valoración e Orientación (EVO) dependente da Sección de cualificación e valoración de discapacidade da Xunta de Galicia, ou teñan recoñecida unha discapacidade visual que implique un grao de limitacións na actividade igual ou superior ao 75%.

COMO SE FAI:

  • Presentar o modelo de instancia normalizado para este trámite debidamente cuberto, así como a documentación requirida para a súa valoración.

CANDO:

  • Todo o ano.

ONDE:

  • No rexistro electrónico do Concello así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2,1 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
  • Nos rexistro Xeral do Concello en Bertamiráns, no rexistro da oficina municipal do Milladoiro ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16,4 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

DOCUMENTACIÓN:

  • Modelo de instancia conforme ao anexo I.
  • Fotocopia cotexada do DNI, tarxeta de residencia ou calquera outro documento acreditativo da identidade da persoa solicitante.
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Certificado de empadroamento. O certificado será solicitado á Oficina Xeral do Concello por parte do persoal municipal que tramite a solicitude.
  • Certificado de discapacidade ou informe do Equipo de Valoración e Orientación (EVO).
  • Autorización de cesión de datos segundo modelo anexo.
  • No caso que a persoa interesada sexa maior de idade incapacitada xudicialmente:
    • Copia compulsada da sentenza xudicial acreditativa da incapacidade xudicial e copia compulsada do documento acreditativo da identidade da persoa que ostente a condición de titora.
  • No caso de que a persoa interesada sexa un menor de idade:
    • Copia compulsada lo libro de familia.
    • Copia compulsada de sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, de ser o caso.
    • Copia compulsada da resolución administrativa ou xudicial que acredite a condición de ser o titor/a, acolledor/a do menor, de ser o caso; e copia compulsada do documento acreditativo da identidade da persoa titora ou acolledora.
    • Copia compulsada da sentenza xudicial acreditativa da patria potestade prorrogada ou incapacidade xudicial; e copia compulsada do documento acreditativo da identidade da persoa que ostente a condición de titora.
  • Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

    A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

PREZO:

  • De balde.

DEPARTAMENTO TÉCNICO RESPONSABLE:

CONCELLARÍA RESPONSABLE:

NORMATIVA APLICABLE: