Pestanas principais

Departamento de Benestar Social

    • Unidade Municipal de Servizos Sociais de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidade Municipal de Servizos Sociais do Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concellaría de Benestar Social
Outros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estrutura do servizo:
    UTS : Milladoiro e Bertamiráns
    As UTS ou Unidades de Traballo Social son a "porta de entrada" ao Sistema de Servizos Sociais e ofrecen un Servizo de Información público, para toda a poboación, desde onde se facilita de forma profesional e confidencial, información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición das cidadás e cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funcións
    Nelas valóranse as necesidades, oriéntase aos recursos máis axeitados, e intervense cando as persoas así o demandan, cara a garantir unha atención persoal e social de calidade, ofrecendo:
    • Información , valoración, diagnóstico e orientación  en canto a  dereitos, recursos e intervencións sociais.
    • Xestión do Servizo de Axuda no Fogar, Xantar na Casa, Fogar de tránsito, Programa de alimentos, Renda Básica Municipal, axudas de  emerxencia social.
    • Actuacións preventivas das situacións de risco e necesidade social do conxunto da poboación, intervindo para acadar a integración social.
  • Novas relacionadas
  • Axenda

Novas do departamento

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames, organiza un obradoiro avanzado de LibreOffice. Esta actividade impartirase o sábado, 11 de maio, en horario de 11:00 a 13:00 horas. Trátase dunha actividade impartida por persoal da Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón.

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellería de Benestar Social do Concello de Ames, organiza un obradoiro sobre bicicletas eléctricas e mantemento de baterías. Esta actividade impartirase o sábado 22 de xuño, en horario de 11:00 a 14:00 horas. Trátase dunha actividade organizada conxuntamente polo Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames e o Banco de Reciclaxe electrónica de ESF Galicia. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón, ou enviando un correo a osla@agasol.gal.

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellería de Benestar Social do Concello de Ames, organiza un repair cafe de equipos informáticos. Esa actividade impartirase o sábado 8 de xuño, en horario de 11:30 a 13:00 horas. Trátase dunha actividade impartida por persoal da Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón.

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames, organiza un taller de posta a punto, reciclaxe e instalación de computadores. Esta actividade impartirase o sábado, 27 de abril, en horario de 11:30 a 13:00 horas. Trátase dunha actividade impartida por persoal da Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón.

Dende o departamento municipal de Voluntariado acaban de lanzar unha petición á veciñanza amesá para tratar de conseguir equipos informáticos en desuso para os/as nenos/as de familias vulnerables. Deste xeito, as persoas que dispoñan dalgún equipo informático que poidan doar poden poñerse en contacto coa OVA, a través do enderezo web voluntariado@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 662 377 044, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

A Concellaría de Benestar Social, a través da Oficina de Voluntariado de Ames, vén de lanzar unha nova campaña, neste caso para recoller enseres para bebés. O obxectivo principal é tratar de recoller produtos infantís como berces, carriños de paseo, tronas e cadeiras infantís. Esta campaña chega despois da campaña solidaria de recollida de alimentos organizada pola XEA, en colaboración co departamento de Voluntariado do Concello de Ames, a través da cal se recolleron diferentes produtos infantís como cueiros, toalliñas para bebés ou leite de inicio ou continuación.

O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado, organiza unha nova edición do curso de inglés básico para maiores. Trátase dun obradoiro de iniciación que está dirixido a todas aquelas persoas que non teñen ningunha formación na lingua inglesa. As clases, que serán impartidas por unha profesora voluntaria que está licenciada en filoloxía inglesa, realizaranse os venres en horario de tarde, entre as 17:30 h e as 18:30 horas, na Casa dos Maiores de Bertamiráns. Ofértanse un total de 15 prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Para apuntarse hai que chamar ao número de teléfono 662 377 044. Este curso gratuíto dará comezo o día 18 de outubro.

A Concellaría de Benestar Social, a través da Oficina de Voluntariado de Ames, vén de lanzar unha nova campaña, neste caso para recoller enseres para bebés. O obxectivo principal é tratar de recoller produtos infantís como berces, carriños de paseo, tronas, cueiros e cadeiras infantís. As persoas que desexen participar poden facer as súas doazóns nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 10.00 a 13.00 horas.

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), dependente da Concellaría de Benestar Social, está a organizar unha excursión á cidade de Vigo, que terá lugar o vindeiro sábado, 2 de decembro, para pasar un día na cidade olívica e gozar co alumeado instalado con motivo da celebración do Nadal. A actividade está dirixida a toda a veciñanza en xeral, pero é necesario estar empadroado/a. Os/as interesados/as en inscribirse xa poden facelo, ata o 28 de novembro, en horario de 10.00 a 13.00 horas, chamando aos números 683 18 63 44 ou 662 37 70 44 ou enviando un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal. O Concello de Ames sufraga a viaxe de ida e volta en autobús ata Vigo.

A Oficina de Voluntariado de Ames, dependente da Concellaría de Benestar Social, organiza unha nova excursión a Portugal os días 18 e 19 de abril. A actividade está dirixida ás persoas que participan no programa Amessán. Durante dúas xornadas visitarase a cidade de Braga, Bom Xesús, Vilanova de Cerveira e A Fortaleza. A inscrición poderase tramitar de forma presencial este venres, 20 de marzo, de 12.00 a 14.00 horas, nas Casa da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Para máis información pódese chamar aos números de teléfono 662 377 044  ou 630 693 404. O custo da actividade é de 140 euros e inclúe desprazamento, seguro de viaxe, guías turísticos, hotel, almorzos, xantares e cea.

Eventos del departamento

Inicialmente prevista para o pasado sábado 11, a carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta”, organizada pola Concellaría de Igualdade, celebrarase finalmente este venres 17 de marzo, ás 17:30 horas, no parque verde central do Milladoiro (parque das piscinas). Trátase dunha das actividades propostas dentro da programación do 8M. O obxectivo é reivindicar, a través das diferentes trabas que se poñen na proba, todos os atrancos aos que as mulleres se ven sometidas no día a día. Ditos obstáculos pódense completar de maneira individual ou con axuda de calquera persoa. As inscricións pódense facer de balde premendo nesta ligazón ou de maneira presencial (nas oficinas dos Servizos Sociais do Concello no Milladoiro ou en Bertamiráns).

A Sala de usos múltiples da Casa de Cultura do Milladoiro acolle hoxe, ás 19:00 horas, unha reunión informativa sobre o programa “Vacacións en paz”. Todas aquelas familias que o desexen poden acudir a esta charla na que se ofrecerá información sobre o xeito de acollerse a este programa solidario e as cuestións que rexen o seu desenvolvemento.

O ingreso mínimo vital é o tema da charla que o Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza hoxe mércores, 29 de xullo, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro.

Por mor das normas de seguridade e prevención da COVID19, o aforo é limitado e irá cubríndose a medida que vaia chegando a veciñanza.

Prégase estar un pouco antes do comezo da charla.

Como parte da programación do Mes da Saúde, do 19 ao 22 de abril impartiranse 10 charlas a cargo das asociacións AGADEA, AEPNAA, ACEGA, Asociación Española Contra o Cancro en Ames, Alcohólicos Anónimos, ALCER Coruña, Fonte da Virxe, AGAPA, ASANOG e QuerENDO. Todas as charlas serán no interior do Pazo da Peregrina. Non é preciso inscribirse previamente para asistir a estas actividades. Preme aquí para consultar o itinerario do Mes da Saúde ao completo.

O ciclo "Cine con nome de muller" é unha iniciativa organizada polo Concello de Ames que conta coa colaboración de Zenit TV e Minervas Voice, e que pretende poñer en valor a vida dalgunhas mulleres galegas que foron pioneiras en distintos ámbitos nos dous últimos séculos a través do cine. O día 3 de maio proxectarase "Concepción Arenal, a visitadora de cárceres" no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:30 horas. A obra social e ensaística desta avogada, activista e precursora do feminismo marcou un antes e un despois no sistema penal español e obtivo un enorme eco na Europa do século XIX. A súa loita en prol dos dereitos humanos logrou cambiar a perspectiva da sociedade sobre os máis desfavorecidos e mellorar as súas duras condicións de vida. Os convites, que son de balde, poden descargarse a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

O ciclo "Cine con nome de muller" é unha iniciativa organizada polo Concello de Ames que conta coa colaboración de Zenit TV e Minervas Voice, e que pretende poñer en valor a vida dalgunhas mulleres galegas que foron pioneiras en distintos ámbitos nos dous últimos séculos a través do cine. O día 19 de abril proxectarase "Contou Rosalía" no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:30 horas. Trátase dunha película de ficción para televisión, que foi gravada integramente en versión galega e que abonda na liña comezada por Zenit TV de adaptar as biografías de mulleres salientables pioneiras na arte, na ciencia ou no pensamento, cunha clara intención cultural e divulgativa. Esta é a primeira ficción sobre a vida de Rosalía e pretende ofrecer ao público unha nova ollada sobre quen segue a ser un mito, o primeiro símbolo de Galicia no mundo da literatura e da cultura. Os convites xa se poden descargar, de balde, na Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

O ciclo "Cine con nome de muller" é unha iniciativa organizada polo Concello de Ames que conta coa colaboración de Zenit TV e Minervas Voice, e que pretende poñer en valor a vida dalgunhas mulleres galegas que foron pioneiras en distintos ámbitos nos dous últimos séculos a través do cine. A programación dá comezo o día 13 de abril coa proxección de "Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde", que relata a vida da escritora, intelectual e xornalista galega, que abandeirou unha vida en igualdade de condicións cos seus coetáneos. Será ás 20:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Os convites, de balde, poden descargarse na Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

O ciclo "Cine con nome de muller" é unha iniciativa organizada polo Concello de Ames que conta coa colaboración de Zenit TV e Minervas Voice, e que pretende poñer en valor a vida dalgunhas mulleres galegas que foron pioneiras en distintos ámbitos nos dous últimos séculos a través do cine. O día 27 de abril proxectarase "Juana de Vega, vizcondesa do arado" no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:30 horas. A través de dito filme preténdese reivindicar a figura da coruñesa, que tivo unha enorme influencia na vida social e política de España, que foi testemuña-participante e memoria viva da revolución liberal; e que educou á raíña Isabel II e á infanta Luisa Fernanda, ás que quixo formar de acordo co que entendía que era a civilización do século, encarnada no progreso e nos principios da monarquía constitucional. Os convites, de balde, xa se poden descargar a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

O ciclo "Cine con nome de muller" é unha iniciativa organizada polo Concello de Ames que conta coa colaboración de Zenit TV e Minervas Voice, e que pretende poñer en valor a vida dalgunhas mulleres galegas que foron pioneiras en distintos ámbitos nos dous últimos séculos a través do cine. O día 9 de maio proxectarase "Sofía Casaova, a obreira do pensamento" no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:30 horas. O filme conta a historia entre Sofía e Pepa (a súa gran amiga e compañeira), unha historia dunha amizade diferente, única e marabillosa: a fascinación mutua que supera as barreiras de clase, educación e diferenzas entre os dous personaxes. Os restos de ambas repousan xuntos en Polonia, no cemiterio da vila de Poznan. Os convites xa se poden descargar, de balde, a través da Billeitera electrónica do Concello de Ames. 

Como parte da programación do Mes da Saúde, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organiza unha mostra conmemorativa do 50 aniversario da súa Fundación Científica na Casa da Cultura do Milladoiro,  que amosa algúns dos avances rexistrados ao longo das últimas décadas fronte a esta enfermidade. A clausura desta exposición será o luns 11 de abril, ás 19.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, cunha charla do doutor, Ángel Carracedo, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago (USC) e investigador financiado pola Asociación Española Contra o Cancro. Preme aquí para consultar o itinerario do Mes da Saúde ao completo.