Pestanas principais

A Oficina de Voluntariado organiza uha excursión á cidade de Vigo

Martes, 21 de novembro de 2023

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), dependente da Concellaría de Benestar Social, está a organizar unha excursión á cidade de Vigo, que terá lugar o vindeiro sábado, 2 de decembro, para pasar un día na cidade olívica e gozar co alumeado instalado con motivo da celebración do Nadal. A actividade está dirixida a toda a veciñanza en xeral, pero é necesario estar empadroado/a. Os/as interesados/as en inscribirse xa poden facelo, ata o 28 de novembro, en horario de 10.00 a 13.00 horas, chamando aos números 683 18 63 44 ou 662 37 70 44 ou enviando un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal. O Concello de Ames sufraga a viaxe de ida e volta en autobús ata Vigo.

A Oficina de Voluntariado do Concello de Ames organiza un nova actividade para o mes de decembro. Neste caso trátase dunha excursión á cidade de Vigo para pasar unha xornada en dita cidade e poder desfrutar do xa tradicional alumeado de Nadal instalado en Vigo con motivo da celebración do Nadal.

Nesta excursión poden participar todos os veciños e veciñas de Ames que así o desexen. O único requisito para poder participar é estar empadroado/a. As inscrición poden tramitarse ata o vindeiro martes, 28 de novembro, en horario de 10.00 a 13.00 horas. Para elo hai que chamar aos números 683 18 63 44 ou 662 37 70 44 ou enviar un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal.

A saída farase dende dous puntos: da Casa da Cultura de Bertamiráns ás 11.00h e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 11.15 horas. O regreso será as 21.30 horas aproximadamente. O Concello de Ames sufraga a viaxe de ida e volta en autobús ata Vigo. Para máis información pódese contactar coa Oficina de Voluntariado a través do enderezo de correo electrónico voluntariado@concellodeames.gal.

Cartel da visita a Vigo

Multimedia

  • Cartel da visita a Vigo