Pestanas principais

> Cine con nome de muller: "Contou Rosalía"

Mércores, 19 abril, 2023
Ás 20:30 horas

O ciclo "Cine con nome de muller" é unha iniciativa organizada polo Concello de Ames que conta coa colaboración de Zenit TV e Minervas Voice, e que pretende poñer en valor a vida dalgunhas mulleres galegas que foron pioneiras en distintos ámbitos nos dous últimos séculos a través do cine. O día 19 de abril proxectarase "Contou Rosalía" no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:30 horas. Trátase dunha película de ficción para televisión, que foi gravada integramente en versión galega e que abonda na liña comezada por Zenit TV de adaptar as biografías de mulleres salientables pioneiras na arte, na ciencia ou no pensamento, cunha clara intención cultural e divulgativa. Esta é a primeira ficción sobre a vida de Rosalía e pretende ofrecer ao público unha nova ollada sobre quen segue a ser un mito, o primeiro símbolo de Galicia no mundo da literatura e da cultura. Os convites xa se poden descargar, de balde, na Billeteira electrónica do Concello de Ames.