Pestanas principais

> Charla sobre o ingreso mínimo vital no Milladoiro

Mércores, 29 xullo, 2020

O ingreso mínimo vital é o tema da charla que o Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza hoxe mércores, 29 de xullo, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro.

Por mor das normas de seguridade e prevención da COVID19, o aforo é limitado e irá cubríndose a medida que vaia chegando a veciñanza.

Prégase estar un pouco antes do comezo da charla.

Raquel Dopico, avogada e asesora xurídica dos servizos socio comunitarios básicos do Concello de Ames, será a encargada de explicar en que consiste o o ingreso mínimo vital, as contías que corresponden en cada caso, quen ten dereito a solicitalo e onde e como debe facerse.