Pestanas principais

A Oficina de Voluntariado de Ames volve lanzar unha campaña de recollida de enseres para bebés

Sábado, 25 de abril de 2026

A Concellaría de Benestar Social, a través da Oficina de Voluntariado de Ames, vén de lanzar unha nova campaña, neste caso para recoller enseres para bebés. O obxectivo principal é tratar de recoller produtos infantís como berces, carriños de paseo, tronas, cueiros e cadeiras infantís. As persoas que desexen participar poden facer as súas doazóns nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 10.00 a 13.00 horas.

A Oficina de Voluntariado pon en marcha unha nova campaña de recollida de enseres para bebés. Ao longo do ano soe organizar varias campañas solidarias e neste caso céntrase nos máis cativos/as. 

A concelleira de Benestar Social, Uxía García, explica que “esta campaña é moi necesaria neste momento porque detectamos que as familias vulnerables veñen solicitando material e enseres para bebés. O obxectivo é poder crear un banco de préstamo e alongando a vida útil destes enseres, que en moitas ocasións están en bo estado e poden ser usados por outras persoas”. 

Reutilización dos enseres infantís
O obxectivo principal é tratar de recoller produtos infantís como berces, carriños de paseo, tronas, cueiros e cadeiras infantís. Deste xeito, tratarase de que as familias máis vulnerables dispoñen de material de bebés, creando un banco de préstamo e alongando a vida útil destes enseres. A idea é por un lado darlle unha segunda e terceira vida a estes enseres, e por outra tomar conciencia do valor que teñen.

Cada usuario/a comprometerase ao seu coidado e a súa devolución, unha vez deixe de usar ditos enseres, para poder entregarllos a outras persoas que o precisen. As persoas que desexen participar poden facer as súas doazóns nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 10.00 a 13.00 horas. 

Para dispor de máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 662 377 044.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Ames impulsa unha campaña de recollida de enseres de bebés para familias vulnerables"

A Oficina de Voluntariado de Ames volve lanzar unha campaña de recollida de enseres para bebés

Multimedia

  • A Oficina de Voluntariado de Ames volve lanzar unha campaña de recollida de enseres para bebés