- Tipo
- Tematica
O ciclo "Cine con nome de muller" é unha iniciativa organizada polo Concello de Ames que conta coa colaboración de Zenit TV e Minervas Voice, e que pretende poñer en valor a vida dalgunhas mulleres galegas que foron pioneiras en distintos ámbitos nos dous últimos séculos a través do cine. O día 9 de maio proxectarase "Sofía Casaova, a obreira do pensamento" no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:30 horas. O filme conta a historia entre Sofía e Pepa (a súa gran amiga e compañeira), unha historia dunha amizade diferente, única e marabillosa: a fascinación mutua que supera as barreiras de clase, educación e diferenzas entre os dous personaxes. Os restos de ambas repousan xuntos en Polonia, no cemiterio da vila de Poznan. Os convites xa se poden descargar, de balde, a través da Billeitera electrónica do Concello de Ames.