Pestanas principais

Ames encherase de cor polo Día do Orgullo LGTBIQ+

Venres, 25 de xuño de 2021

O luns 28 de xuño o Concello de Ames celebrará o Día do Orgullo LGTBIQ+. A Concellaría de Igualdade vaise sumar á conmemoración desta data a través da campaña “Ames en Igualdade”. Ao longo da mañá repartiranse 600 plantas con flores das cores da bandeira tanto nos locais sociais do concello como en Milladoiro e Bertamiráns.

A celebración seguirá pola tarde co acto institucional, será ás 18:00 horas na Praza do Concello coa lectura do Manifesto.

A Concellaría de Mocidade pechará a conmemoración do Día do Orgullo LGTBIQ+ coa actuación de A Rabela. A rapeira e regueifeira pontevedresa será a encargada de poñerlle música e improvisación á xornada.

A Concellaría de Igualdade, en colaboración coa concellería de Mocidade, reivindican con estes actos a plena igualdade no concello e poñen de manifesto, unha vez máis, que Ames é un concello que loita contra calquera tipo de discriminación.

Ames en Igualdade