Pestanas principais

Ames énchese de sinais en contra da violencia de xénero a través da campaña "Non estás soa"

Martes, 03 de novembro de 2020

A Concellería de Benestar Social, dende o departamento de Igualdade, a través da campaña de prevención e sensibilización en contra da violencia de xénero "Non estás soa!" colocou 10 sinais de tráfico, nalgún dos puntos máis transitados do concello, que emiten mensaxes para recordar a situación de vulnerabilidade e crítica que seguen a vivir moitas mulleres, unha problemática agravada por mor da situación sanitaria da Covid-19.

Debido á crise sanitaria actual e á continua loita contra a violencia machista, o Concello de Ames deseñou un compendio informativo sobre os recursos aos que se pode acceder na loita contra esta problemática que sofren moitas mulleres en Ames, en Galicia e en España.

Baixo o lema "Non estas soa", a iniciativa intenta achegarse á veciñanza a través de diferentes vías. Na última acción, a Concellería de Benestar Social instalou 10 sinais de tráfico con distintos lemas. Pódense encontrar nas entradas dos centros educativos do CEP de Ventín, CEIP Barouta, CEIP Agro do Muíño e CEIP da Maía. Ademais, tamén se colocaron nos institutos do Milladoiro e no de Bertamiráns. A praza de Chavián e do Concello, tamén dispoñen de sinais con estas mensaxes, así como a rúa Travesa e o mailo parque Agro da Vella, no Milladoiro.

A través desta campaña de sensibilización en contra da violencia de xénero subvencionado polo Pacto de estado repartíronse 2.000 libretas informativas sobre os recursos dos quen dispón o Concello de Ames nesta materia, dos recursos existentes a nivel autonómico e a nivel nacional para abordar a problemática. O 3 de setembro, realizouse unha xornada dirixida a mulleres vítimas de violencia de xénero de Ames, facendo a difusión dende o CIM do Concello ás usuarias participantes da xornada formativa "Como evitar relacións tóxicas".

Nas próximas semanas sairá a luz a próxima campaña para celebrar o Día Internacional de la Eliminación da Violencia contra a Muller para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

As pequenas accións poden repercutir enormemente á hora de desterrar a cultura da violencia. Co deseño e o material de esta campaña pretendemos sensibilizar, visibilizar e concienciar das necesidades de erradicar esta problemática.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames señaliza los accesos de colegios e institutos contra la violencia machista"

Revista AmesGo: "As rúas de Ames claman contra a violencia de xénero"

Compostela 24 horas: "Ames énchese de sinais en contra da violencia de xénero"

El Correo Gallego: "Ames coloca sinais contra a violencia de xénero" 

El Correo Gallego: "As estradas de Ames énchense de sinais en contra da violencia de xénero"

 

Sinais en contra da violencia de xénero.

Multimedia

  • Sinais en contra da violencia de xénero.
  • Sinais en contra da violencia de xénero.
  • Sinais en contra da violencia de xénero.
  • Sinais en contra da vioelncia de xénero.
  • Sinais en contra da violencia de xénero.
  • Sinais en contra da violencia de xénero.
  • Sinais en contra da violencia de xénero.
  • Sinais en contra da violencia de xénero.
  • Sinais en contra da violencia de xénero.
  • Sinais en contra da violencia de xénero.
  • Sinais en contra da violencia de xénero.