Áreas de Goberno

As eleccións municipais celebradas o 26 de maio de 2019 deron como resultado un goberno formado polos grupos municipais do Partido dos Socialistas de Galicia, Bloque Nacionalista Galego e Contigo Podemos, con 13 concelleiros/as.

A composición actual do Goberno municipal é a seguinte:

Decreto de nomeamento de concelleiros/as delegados/as (descargar PDF).

O alcalde, José M. Miñones Conde, dispón das competencias relacionadas coa Alcaldía e coa área de urbanismo.

José Miñones xestiona as áreas relacionadas coa Alcaldía e coa área de urbanismo (planificación do territorio, planeamento e xestión urbanística, vivenda e rehabilitación).

  • Áreas: educación, servizos educativos complementarios, escolas infantís municipais e patrimonio histórico.
  • Áreas: planificación e programación de obras, brigada municipal de obras, servizos básicos (ciclo da auga, xestión do lixo, cemiterio, iluminación) e protección civil.
  • Áreas: Elaboración e xestión orzamentaria, tributos, tesourería e contratación.
  • Áreas: servizos sociais, igualdade, migración, voluntariado e sanidade.
  • Áreas: deportes e atención veciñal.
  • Áreas: medio ambiente, medio rural e turismo.
  • Áreas: tráfico, mobilidade e transporte.

Páginas